viernes, marzo 13, 2009

Dialéctica de alcalde de barrio

Non é un espectáculo moi edificante o que están dando o presidente en funcións da Xunta e os que mostran demasiadas presas por desaloxalo de San Cateano e de Monte Pío. O primeiro por ofrecer agora datos que, se os tivese aportado antes do 1 de marzo, ata se pode pensar que poedrían influir algo no resultado que finalmente serviu para botar do poder o bipartito socialista-nacionalista. E os segundos porque se están comportando realmente como seareiros empeñados en ocupar as bancadas canto antes e por riba do que sexa.
Tanta presa se cadra é por subirse a cada un dos 32 coches de luxo da marca Audi que, segundo acaba de informar Touriño, forman parte do parque móvil da Xunta. Entre eles tres A8 blindados, dous que deixou Fraga e un que comprou Touriño. E un Wolkswagen Touareg. Para que querería a Xunta un Touareg, que é un todo terreo de superluxo? Non sería aquel Toureg negro no que circulaba Fraga cando deixou de ser presidente?
O dos coches dos políticos e gobernantes galegos vai camiño de converterse nun clásico. Por un lado, os do parque móvil da Xunta, que pagamos todos os contribuíntes, e, por outro, os que lles regala ou presta Citröen a Núñez Feijóo e ao Partido Popular. Realmente resulta chocante que o político que baseou parte da súa campaña en denunciar o suposto despilfarro de Touriño, non teña a ben explicar como debemos entender os de a pé as súas componendas coa marca francesa afincada en Vigo.
Núñez Feijóo debeulle coller gusto aos bifes de Buenos Aires, regados con viño de Mendoza, porque xa volve a estar na capital arxentina a pesar de que prometera non regresar alí antes de lograr para os emigrantes a tarxeta de asistencia sanitaria galega. Na foto aparece con dúas galego-porteñas. Mañá estará en Buenos Aires e pasado en Montevideo celebrando “la Victoria” ("cautivo y desarmado el Ejército rojo...).
Mentres tanto, aquí, o seu segundo, Alfonso Rueda, que xa parece ter asumido o papel do Alfonso Guerra do PP –salvando as distancias–, volve a arremeter contra Touriño calificando de “pataleta de niño pequeño” a actitude do presidente en funcións. Este Rueda, dende logo, non parece que vaia a destaparse como o gran dialéctico dos próximos catro anos. De momento o seu nivel é de alcalde de barrio.

4 comentarios:

O Xastre dijo...

si lle queren facer un traxe a alguén, visiten a miña web. Non é propaganda, ho.

Almiral Mouchez dijo...

Meu Don Perfeuto: Un noso amigo común publica hoxe un fermoso artigo no que destaca as virtudes -emtre outros- do seu blog...

Non sei se o leu.

(Supoño que si.)

Apertas moi afectuosas a todos.

Boas tardes.

Anónimo dijo...

Don Perfecto: ¿qué hai desas apostas polos concelleirables? ¿Non ten información privilexiada vostede que está nos altares políticos e xornalísticos?

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,