Leo hoxe no Progreso que “altos cargos da Xunta, clero e concellos figuran con multas sobreseídas” no proceso xudicial que está aberto en Lugo por anulación ilegal de multas supostamente cometida na Xefatura Provincial de Tráfico da que é a miña provincia. Como se sabe, o caso xa lle custou o cesamento ao responsábel dese organismo provincial e a dimisión ao subdelegado do Goberno, Xulio González e Xesús Otero, respectivamente.
Este caso quizais pasou demasiado desparecibido por unha opinión pública que que tivo que enfocar a súa atención cara a un proceso electoral altamente polémico e conflitivo que rematou dando o resultado que deu. Quizais compriría, porén, retomar a súa atención. É abondo chocante que tan altos cargos provinciais andivesen metidos nas trécolas que lles presume a xuíza Elena San José, e igual de chocante polo menos que esta vez non sexa a troupe de Cacharro a que forma parte da trama senón xente do PSOE e mesmo do BNG. E todo iso: curas, alcaldes, gardas civís… Lugo xa parece Tijuana. Pasarianse ao PRI algúns cargos socialistas?
1 comentario:
O que pasaba en Lugo é o mesmo que pasa en moitos concellos ca policia municipal. Se es amigo quitanche a multa, e se non pagas e calas...
Publicar un comentario