martes, enero 19, 2010

Bases ilegais

Pode dicilo máis alto, pero non máis claro. A Real Academia Galega (RAG) nunca se pronunciara, ata agora, sobre un asunto de interese xeral, coa contundencia e e o compromiso social cos que acaba de facer pública a súa análise das bases para o decreto do plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia (consultar versión completa aquí).
Segundo o dictame académico, “as Bases que se analizan poderían producir un retroceso no proceso de normalización da lingua galega, que infrinxe a lexislación vixente e maila xurisprudencia emitida polos altos Tribunais e que tampouco se sustenta na mellor organzación do proceso pedagóxico senón, unicamente, en promesas electorais que son de dubidosa legalidade e que, por esta razón, non parecen validables polas urnas”.
Que a RAG decidise dar no seu informe prioridade a criterios xurídicos e non tanto a argumentos sociolingüísticos ou meramente culturais, tendo en conta que no seu colo abondan máis os sociolingüistas e os protagonistas da cultura en xeral que os expertos xurídicos, poderá chocarlles a algúns observadores, pero é evidente que alguén tiña que empezar a dicir o que está dicir agora a institución máis senlleira do idioma galego, precisamente no momento en que todo parece indicar que a RAG vai colocar na súa cabeza a un representante máximo do progresismo cultural galego como é o escritor e político Xosé Luís Méndez Ferrín.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Estes debéronse confundir. Pensaron que eran da Academia Galega de Xurisprudencia.

Anónimo dijo...

Pois desde o punto de visto legal, D, Perfecto, os señores académicos din bastantes parvadas (iso si, alto e claro). Non é a menor iso de "infrinxir a xurisprudencia", que xa me dirá vostede como pode ser.
Mellor sería que os nosos inmortais se dedicaran a opinar do que saben.

Anónimo dijo...

Vaia lío que temos montado.
Algún día, algún, virá un galegusita de fóra (alemán, francés, británico...) e botará conta dos miles de millóns de pesetas que leva gastados a Administración Autonómica en campañas, congresos, promocións 2x1, animacións, viaxes, conferencias... durante os anos do fraguismo, bipartidismo e freijolismo.
E, total, para chegar a esta situación de abandono da fala por parte de amplas sectores da cidadanía galega.
Non haberá responsábeis, non, de todo iso: nen os normalizadores, nen os lusistas, nen os da normativa de concordia, nen a RAG.
Como antes e como sempre, aquí non dimite ninguén, todo o contrario, aí están á cabeza da manifestación.

Luisfoz dijo...

Muito gostei do documento académico que, segundo informações de Ferrín, foi assessorado por jurista. O 19 à rua!

Luisfoz dijo...

Queria dizer o 21, claro; que burro sou.

Ramiro Cartelle dijo...

O Cantar dos Cantares tamén é anónimo, pero resulta máis xeitoso que algúns outros anónimos que seica cantan desafinados. Pola miña banda teño criticado á RAG, agora é o momento de estares orgulloso dela, ben orgulloso.

SALOMON dijo...

4:10 ¡Cuán hermosos son tus amores, hermana, esposa mía! ¡Cuánto mejores que el vino tus amores, Y el olor de tus ungüentos que todas las especias aromáticas!
4:11 Como panal de miel destilan tus labios, oh esposa; Miel y leche hay debajo de tu lengua;
Y el olor de tus vestidos como el olor del Líbano.
4:12 Huerto cerrado eres, hermana mía, esposa mía; Fuente cerrada, fuente sellada.
4:13 Tus renuevos son paraíso de granados, con frutos suaves, De flores de alheña y nardos;
4:14 Nardo y azafrán, caña aromática y canela,
Con todos los árboles de incienso;
Mirra y áloes, con todas las principales especias aromáticas.
4:15 Fuente de huertos, Pozo de aguas vivas,
Que corren del Líbano.
4:16 Levántate, Aquilón, y ven, Austro;
Soplad en mi huerto, despréndanse sus aromas.
Venga mi amado a su huerto, Y coma de su dulce fruta.

Anónimo dijo...

Ou en versión máis moderna, dunha reencarnación do anónimo e sabio Salomón:

"!Son tus perjúmenes, mujer,
los que me suliveyan!
[...]
Tus pechos cántaros de miel,
cómo reverbereyan!"

Os Académica da RAG fixeron un papelón, por moito asesoramento xurídico que tivesen. ¿Ignoran que a Xunta ten un nutrido/a equipo/a (a variante non é de xénero, senón de gilipollez normativa) de letrados/as (agora si é de xénero) que examinan todos os intesticios do proxectos normativos?

Anónimo dijo...

Ag, mellor é don Ramón, que non convoca Plenario no Consello da Cultura Galega nen escoltado pola Garda Cerril...