domingo, enero 24, 2010

Ferrín

Ferrín seguramente non é o San Xurxo que nos vai degolar o dragón dos nosos males, pero canto me alegro de que sexa a el a quen lle toque presidir o destino da Academia Galega durante os próximos catro anos. Entre outras cousas, porque é esencialmente un dos nosos, radicalmente abocado a defender os intereses da terra e das xentes galegas. Pódese estar de acordo ou non políticamente con Xosé Luís, e eu non comulgo con todo o que el sacramenta, pero é evidente que representa o máis intrinsicamente propio da galeguidade.
Salvadas a diferenzas, que son moitas, é como se Jean Paul Sartre, que soubo e quixo renunciar ao premio Nobel, aceptase presidir a Académie Française, por moito que se opuxese á súa candidatura calquera Raymond Aron ou mesmo algún Max Gallo. Alén dos méritos literarios, lingüísticos e académicos que personifica o novo presidente da Galega, conta evidentemente o feito de que chegue a onde chega un auténtico fillo do pobo galego, alguén que non leva nas costas intereses espúreos de ningunha clase senón simplemente a condición de loitador insobornábel polo que é e representa a nosa cultura. Xa sei que algúns lectores non me van entender, pero Ferrín é agora mesmo o noso Castelao, o noso santo fundador que nos pode orientar, dende a institución que lle toca presidir, cara a unha inmediata sacudida das pulgas que nos pican. Ferrín, un simple proletario da cultura galega, elevado ao altar da igrexa de Breogán. Que maravilla! E, para que, me entendan os que me queiran entender, diría o mesmo se, en vez del, o novo presidente fose Alonso Montero, que xa sei que era imposíbel. Os tempos non serán chegados, porque os tempos non chegan nunca, pero acabamos de dar dous pasos adiante, aínda que haxa un atrás, no porvir dunha Galicia inmorrente.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigos galegos; Ferrin sera' o proximo presidente da Real Academia Galega. Que vai nomearme coma o corresponsal(non numerario) da RAG. Takinho

Theo dijo...

Se foi por unanimidade a votación, iso quere dicir que Alonso Montero votou SI. Coido que o Sr. Perfecto sabe polo que o digo. Nonsi, digo eu.

Luisfoz dijo...

Não foi por unanimidade, não. Os meus parabéns.

Anónimo dijo...

Non, Alonso non lle votou, qué raio ía votarlle.
Parabéns para Méndez. Sobre todo porque logrou ser, fóra da FPG e da CUT, un "candidato de consenso"... Ferrín, de consenso...

Luisfoz dijo...

Anónimo: não é "non lle votou" mas "non o votou". Melhoremos o nosso galego

Anónimo dijo...

Mellorarei o meu galego, sí, por iso decimos "nao", con rabeño.
Cánta soberbia servia!!
"Melhoremos o nosso galego"