martes, enero 12, 2010

Franco aínda galopa en Ferrol


Franco sempre foi de ida e volta, como se está a ver en Ferrol. Unha calurosa noite do 4 de xullo de 2002, a estatua ecuestre que tiña na praza de España foi trasladada polo Concello, daquela presidido polo nacionalista Xaime Bello, a unha zona museística da base militar naval do Arsenal. Os nacionalistas e os socialistas que daquela gobernaban a cidade non se atreveron a retirar definitivamente unha estatua que agora volve a incordiar por mor de que o Ministerio de Defensa mandou devolverlla ao Concello para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica.
No ano 2002, o caso orixinou unha sonada polémica, especialmente alimentada por un comentarista de televisión local, ben coñecido polas súas ideas ultraconservadoras, que aproveitou o tema para montar unha furibunda campaña contra o nacionalismo moderado que representaba Xaime Bello. O goberno municipal que presidía cometeu o erro de non enfrontar a eliminación da estatua de Franco con carácter definitivo, e ata recorreu a trasladala ao Arsenal a altas horas da noite e a xustifcar o seu desprazamento como consecuencia das obras de remodelación que se levaron a cabo na praza onde estaba ubicada.
Agora, coa decisión do Ministerio de Defensa, o Concello de Ferrol volve ter a pataca quente enriba da mesa. Como propietario que aínda é da estatua, debe facerse cargo dela e decidir sobre o seu futuro. Por moito que disimule o actual alcalde de Ferrol, o socialista Vicente Irisarri, dicindo que aínda non lle consta a notificación do novo estado do problema, o dictador volve estar entre as preocupacións do goberno municipal da súa cidade natal. E agora que? Refundirana dunha vez para crear outra que lembre as vítimas da ditadura, como piden dende Esquerda Unida?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Que a fundan se queren pero como dicía Manolo Forum, un insólito e eterno candidato político de Ourense....!que culpa ten o cabalo!...

Anónimo dijo...

"Quien siembra vientes recoje tempestades", mire Don Perfecto en que remataron os seus posts sobre Pérez Varela e Agasar/Plexus
http://www.anosaterra.org/nova/xacobeoes-provisional-malia-estar-fora-de-prazo-.html

Anónimo dijo...

Viñeta do Carrabouxo sobre o baltarinato hereditario censurada en "La Región": aquí

Anónimo dijo...

Vostede era xefe de imprensa do Concello de Ferrol daquela, e seguro que ben puido facer algo máis para que a estatua non se trasladara "a altas horas da madrugada" e de que non se fundise, como era menester. Apertas

Anónimo dijo...

Se o cabalo se retirou da Praza de España foi grazas ó teu curmán Pepe Lastra. Se por Xaime Bello fose aínda estaba no mesmo sitio.

Luisfoz dijo...

E quando nos livraremos dele?