Moi interesante o artigo que publica Juan Carlos Rodríguez Ibarra en El País. Titúlase Fregonas y maletas de ruedas, e pon no seu sitio os interesados “artistiñas” que se empeñan en que a Sociedad General de Autores de España (SGAE) sexa unha segunda Inquisición (neste caso económica).
“Resulta chirriante –escribe o ex presidente da Junta de Extremadura– escoitar a algúns creadores musicais e cinematográficos españois cando falan, ata a náusea, das súas creacións e da súa propiedade intelectual, danada, segundo eles e a SGAE, pola piratería informática”.
Como se ve, tampouco no PSOE pensan todos os políticos igual. Rodrígez Ibarra plantexa, entre outras, esta pregunta: “Acaso cando alguen compón unha balada, pola que reclama a propiedade intelectual, non está creando algo sobre creacións anteriores ou contemporáneas a el?”. Rechamante a reflexión que fai Rodríguez Ibarra sobre a fregona e a maleta de rodas relacionadas co afán recaudador dos chamados creadores españoles.
10 comentarios:
Dos poucos que nese partido entenden ben o novo escenario coas TIC. Software libre, inversión en tecnoloxía na educación, dereitos de autor adaptados á posibilidade infinita de facer copias sen prexuízo de ninguén... Así como noutras cousas é máis de dereitas que Paco Vázquez, nisto atina!
¿copias infinitas sen perxuizo de ninguén?... Non sei, pero supoño que os autores teñen dereito a vivir da súa obra e vexo moi complicado que iso aconteza se hai dereito a facer "infinitas copias" sen pagar por elas
Propoño que, entre todos, pillemos o nome do autor deste blog, o seu blog, a tumba onde fican os restos dos seus animais domésticos, o carro, etc, incluída a pensión de xubilado, e mentres sorrimos, berremos que o facemos "sen prexuízo de ninguén".
Cánta ignorancia, meu Deus.
Un fito para a eternidade. no futuro será difícil comprimir de novo tanta ignorancia e tanta demagoxia nunhas poucas liñas.
E non saberá este animaliño que a produción de fregonas está protexida por patentes e que reproducila sen permiso do propietario pode ser un delito?
http://www.fregona.com/sentencia/sentencia01.html
Certo: "cánta ignorancia" no nachiño ese que confunde o traballo dos criadores co negocio das compañías discográficas. Os cantantes sempre viviron principalmente de cantar, home! e son outros os que descubriron o gran negocio de vender as suas cancións e darlles unhas farangullas os artistas. Déase un bureo e déixese de prexuicios!
Tucho de Canido
Anónimo pillador de tumbas de animais domésticos:
Confésolle que me deixou algo preocupado. Empézase "pillando" tumbas de restos de animais domésticos e quen sabe se non se remata profanando cemiterios (case sempre os que gardan mortos que non pensaban como o profanador).
O meu blog xa o "pillou" vostede amparándose no nonimato, que se cadra ten algo que ver coa covardía no seu caso. O carro, non lle recomendo que mo "pille". Está totalmente podre. E a miña pensión de xubilado tería que facer unha revolución (fascista, dende logo) para poder "pillarma".
O seu fervor "pillista" debe vir de "pillo" seguramente. E non sei se eu non debería "pillar" a súa IP e gardala, por se acaso a súa poposición de comando "pillista" me fai algunha vez obxecto da súa proposta acción directa.
Sr Canido: ¿e logo os cantantes non cobran polos seus discos? ¿E os escritores polos seus libros?. Tamén ganan as editoras e editoriais pero iso é outro asunto e cada artista negociará a súa parte...digo eu
O artigo de Rodríguez Ibarra é obra dun demagogo (e non será cousa de lembrar agora o seu historial salvapatrias). Mais, á parte, renxe moito cando di que nada é orixinal, que detrás de cada balada, por exemplo, hai toda unha chea delas cuspidiñas ata chegar ao primeiro baladista da historia. Nisto recorda a aquela señora, Doña Julia Maura, plaxiaria na "Terceira" do ABC dun artigo de Oscar Wilde, da cruz á data. Pillada "in fraganti" deu en dicir que todo, todiño é plaxio. Homero, Dante, Shakespeare, eran segundo ela plaxiarios, o que anularía os seus dereitos de autor (isto ven exposto nun libro seu, téñoo, con sección titulada "Lógica y necesidad del plagio").Por aí os tiros de Rodríguez Ibarra,outra vaca no millo.
Non sei quen é máis cretino, se Rodríguez Ibarra por escribir un artigo cretino ou se El País por publicalo. Aos cretinos de Prisa todo lles vale con tal de arrearlle estopa a ZP. Por min que lle arreen canta queiran, pero que no sexa no ceo do paladar do pouco sentido común que ainda me queda. Nin un minuto, pois, para desmontar a peregrina e infantil tese do profesor universitario que se firma Rodríguez Ibarra, ¡pobres alumnos!
Non entendo por que se poñen vostedes así. Hai bastantes cousas razonables, cando menos discutibles, no artigo de Rodríguez Ibarra. Tampouco entendo que se enfade tanto Vicente Araguas: supoño que aquilo do Camaleón non está entre os produtos líderes do top manta nin das descargas en internet. En canto ao do plaxio, lémbresedaquilo que dicía Eugeni D´Ors: "todo o que non é tradición é plaxio".
Publicar un comentario