Miren ben para este narigudo personaxe (Érase un hombre a una nariz pegado, / érase una nariz superlativa, / érase una nariz sayón y escriba…”). É francés, chamase Henri Proglio e é o novo patrón de Electricité de France (EDF), empresa francesa que aínda segue sendo maioritariamente de propiedade pública. Quixo gañar un salario anual de dous millóns de euros e o so seu caso é pedra de escándalo en Francia. Só a intervención de Sarkozy rebaixou esa cantidade ata 1,6 millóns de euros. Aínda así…
EDF foi fundada o 8 de abril de 1946 como resultado da nacionalización das empresas de producción, transporte e distribución de electricidade levada a cabo polo daquela ministro de Producción Industrial, o comunista Marcel Paul, cando formaba parte do goberno provisional da República Francesa. Ata 2004, en que se transformou nunha sociedade anónima, foi unha empresa completamente pública. En 2005, o goberno privatizou o 30 por cento do seu capital e, dous anos despois, outro 2,5 por cento. Aínda sí, o estado francés segue sendo propietario da maioría moi ampla do capital de EDF.
Henri Poglio foi nomeado recentemente presidente-director xeral de EDF. Viña de presidir o importante grupo Veolia Environnement, un tinglado empresarial dedicado os negocios de suministro e tratamento de augas, limpezas, enerxía e transportes, que ten presencia en España a través da empresaria Esther Koplowitz.
Veolia tivo a súa orixe no ano 1853, cando se fundou Compagnie Générale des Eaux e máis tarde a Compagnie Générale Française de Tramways. En 1998 converteuse no grupo Vivendi e, no 2003, pasou a chamarse co actual nome. Está presente en 72 países e ten cifras de negocio altamente millonarias.
Henri Proglio gañaba en Veolia dous millóns de euros e esa foi a cifra que pediu para pasar a ser o patrón de EDF. Logo de varios rifirrafes entre algúns membros do goberno francés, conseguiu que EDF lle asignase 1,6 millóns e Veolia lle abonase outros 460.000 euros por seguir pertenecendo ao seu consello de administración. En total, 2,05 millóns de euros cada ano. Non gañan tanto nin os controladores aéreos españois.
O caso está dando moito que falar en toda Francia e non só entre os traballadores mileuristas. O propio presidente da Confederación Xeral de Pequenas e Medianas Empresas, Jean-François Roubaud, manifestouse dicindo que lle parecía “indecente” e “de outro mundo” a retribución concedida a Proglio. “As dimensións do salario parécenme completamente irrealistas”, dixo. As presións, mesmo chegadas dende o presidente da república, Nicolas Sarkosy, remataron obrigando a Proglio a renunciar aos 450.000 euros que lle ofrecía Eolia. Aínda así, quédanlle 1,6 millóns que lle paga EDF.
E logo dise que o recibo da luz é caro. Como non vai selo con dispendios coma este.
4 comentarios:
Carallo! 5.616,44 euros por día! Case 169 veces máis do que gaña un mileurista! E aquí esgui´zndonos a camisa porque alguén se empeña en queimar unha bandeira. O mundo é dos de sempre.
Cómo dicía a miña avoa: "mala centella o coma" ou "mal raio o parta".
Mágoa que non teñamos que mirar ó lonxe: eiquí poderíamos falar -e moito- do que foi a Empresa Nacional de Electricidad (ENDESA), a Empresa Nacional de Gas (ENAGÁS), a Compañía Arrendataria do Monopolio de Petróleos (CAMPSA), a Compañía Telefónica Nacional de España, a Red Nacional de Ferrocarriles Españoles (RENFE)...e tantas e tantas outras pagadas cos cartos da meirande parte dos españois (sempre houbo algún que zafóu...) e que remataron da maneira e nas mans que remataron. ¿Quen vai ser o destemido que comente estes contos polo miudo? (Ó salario -máis be á gratificación- dos seus dirixentes polo seu cometido tamén é de falar!)
Manuel Lara
Sería bo que alguén analizase o que gañan en Galicia os executivos relacionados coas empresas de xestión de augas, electricidade, limpezas e recollidas de lixo, etc. Hainas que son empresas mixtas, con capital privado e público, pero xestionadas de xeito privado por xerentes e outros directivos que cobran máis cos alcaldes das súas cidades.
Servizos que deberían seren esencialmente públicosestá sendo xestionados por intereses privados que pagan prezos de oruo a algúns dos seus altos directivos e acumulan plusvalías mentres que o contribuínte ten que pagar cada vez un prezo máis alto polo que recibe. Que nos pasa que agora non se fla destas cousas?
Publicar un comentario