lunes, enero 11, 2010

O aprendiz de bruxo

Hai na Xunta un político de novo cuño que parece talmente tirado da Der Zauberlehrling de Goethe e de L’Apprenti sorcier de Paul Dukas. Ninguén mostra tanto interese en enfeitizar unha vasoira para que lle axude a levar a auga ao seu muíño. Chámase Anxo Lorenzo, exerce de secretario xeral Política Lingüística e é o noso particularísimo aprendiz de bruxo.
De crítico dos que non promovían o desenvolvemento do idioma galego pasou, nun tristrás, a representar o papel de intelectual orgánico da melopea antigalega que puxo a andar a chegada de Núñez Feijóo ao Goberno. Aprendeu tan rápido e mudou con tanta premura o seu discurso que xa non o supera ninguén manexando o vocabulario e a ideoloxía dominante da Xunta. De manterse calado, case mudo, durante a primeira etapa da súa nova vida política, pasou a despentearse ultimamente como o Sánchez Dragó do liberalismo lingüístico que se quere implantar nas escolas. Fala de “maioría silenciosa”, “extremistas”, “organzacións secotoriais” e “folgas preventivas” case co mesmo desprezo de Fraga cando era ministro de Franco e se manifestaba acerca dos comunistas, en xeral, ou de Tina la Asturiana, o estudiante Ruano ou Julián Grimau, en particular. Lorenzo é dos que non dubidan en separar o trigo da palla, e decatase rapidamente de que os que non están con el están contra el. Case como no franquismo. Anxo Lorezo, l’apprenti sorcier. Con letra de Gloria Goethe Lago e música de Dukas Feijóo.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

O máis triste é que puxese o creto que supostamente tiña como sociolingüista ao servizo dunha tarefa tan miserable como a que lle encomendaron.
Espero que faga unha boa carreira política no PP, porque non creo que lle quede moito que ofrecer no terreo profesional.

Anónimo dijo...

Resumindo todo o artigo, soamente ten unha palabra que o define, é un FASCISTA e punto.

duar dijo...

Que Bon sr.Conde, periodismo literario e agudo, gostei moito. Saudos?

Anónimo dijo...

No meu poboo chamanlle a un tipo asi un cambia chaquetas. Un vendido. Galiza esta chea de estos tipos. O resto do mundo, igual

Luisfoz dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Luisfoz dijo...

O Lobezno é terrível mas leva no cu.

Balonga dijo...

Pois aínda pode ser peor, xa que ten de facer méritos abondos, pra afagar aos seu novos compeñeiros de tribo. Pardeus!

Anónimo dijo...

steph curry shoes
kobe byrant shoes
goyard outlet
supreme new york
bape