sábado, julio 14, 2012

Estarán volvendo os "grises" de Franco?


Un video bastante detallado, que se pode ver á dereita, recolle a carga que efectuou a policía de Rajoy, probabelmente cometendo un erro, contra varias centos de mozos que agardaban na porta dos Cines Callao de Madrid para entrar a ver a película Welcome, despois da inauguración do Festival Mulafest, que reuniu a varios centos de patinadores da capital de España.
Ocorriu todo sobre as dez da noite do mércores 11 de xullo. Parece ser que os policías andaban perseguindo a un grupo de xoves que portestou na praza do Sol e, de súpeto, atoparon na praza do Callao un grupo de mozos ataviados con camisetas, gorros e patins. Nin curtos nin perezosos, os polícias de Rajoy arremeteron a porrazo limpio e pelotazos de goma contra os inocentes skates, que non acertaban a comprender o que lles estaba pasando.
Por toda explicación, portavoces da Policía dixeron que “había un grupo incontrolado de persoas na praza que lanzaba artefactos incendiarios aos axentes e habían colocado barricadas de lume”, segundo publica El Mundo. Nun video que recolle a sorprendente actuación policial e no que se ve case toda a praza, non aparecen para nada sinais de que existisen tales barreiras de lume. Será que están volvendo os “grises” de Franco?

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa fai tempo que volveron. Como di o comunicado do SUP, son secueces metidos na casa policial ao servicio do Goberno.
Eu digo máis: son sicópatas e delincuentes metidos a presión na policía.

Anónimo dijo...

http://www.sup.es/01/590.pdf

Anónimo dijo...

¿grises de fraga iribarne?

Anónimo dijo...

¿el clouseau de rubalcaba?

Anónimo dijo...

fraga iribarne ganó aquella batalla del martes negro de vitoria (palabras de josé manuel otero novas, director general de política interior el 3 de marzo de 1976)

Anónimo dijo...

los grises de fraga (expresión de josé bono martínez en cuatro)