lunes, febrero 04, 2008
Bispos que manchan a casulla
Confeso que son lector diario de Raúl del Pozo. Este “castellano viejo” de Cuenca fíxome probar hai case trinta anos a auga do seu pobo, que daquela aínda non era famosa, mentres que el bebía whisky a esgalla e xogaba ao póker, e, dende entón, a Solán de Cabras tenme refrescado moitas securas. Case todos os seus artigos tamén me refrescan a memoria e axúdanme a que non se me oxide demais a cabeza.
Di hoxe en El Mundo que “ZP echa de menos el estrabismo luminoso de Sartre, que condenó a Flaubert porque hablaba de los ruiseñores cuando ardía la Comuna. Sartre decía: ser espectador es ser traidor. A pesar de su engagement, los estalinistas le llamaron chacal con bolígrafo”. A Raúl algunha vez tamén lle chamaron o mesmo os estalinistas e non precisamente cando traballaba no xornal Pueblo que dirixía Emilio Romero.
Engade Del Pozo que “a ZP no le gusta el síndrome Pilatos, columnistas lavándose las manos mientras obispos toman partido hasta mancharse la casulla. En otras épocas había anticlericales que decían que los curas trabajaban media hora al día y con vino. Baroja saludaba con más respeto a un perro de aguas que a un cura. Hoy, con un 16 por ciento de clientela, han dejado de ser poder fáctico; tal vez por eso ser anticlerical es arcaico. Claro que, si como dijeron los enciclopedistas, esto funciona como un reloj, habrá un relojero; si el universo está escrito en términos geométricos, en algún lado debe estar el cadáver del Gran Geómetra, si es que la ha palmado”.
E, cando andaba nestas reflexións, a Raúl del Pozo chamouno un amigo de México, Domingo Muguira, ludópata coma o autor do artigo e de dereitas (non coma el), para soltarlle esta filípica: “Te llamo consternado por esa derecha espantosa que tenéis allá y por los obispos que se pronuncian contra un partido de izquierdas. Eso afortunadamente no pasa en mi país después de la revolución que tuvimos. Pienso que España puede terminar muy mal. Un abrazo”.
Adiantóuseme Muguira porque eu tamén ía chamar a Raúl para dicirlle algo parecido. Por desgraza, non podía dicirlle iso da “revolución que tuvimos”, pero en todo o demais íamos coincidir plenamente. Aínda que matizaría iso de que o PSOE sexa de esquerdas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Veño de escoitar nunha emisora, (ía no coche non sei cal era) que a federación, confederación ou así) de musulmanes de España pide o voto para os socialistas...supoño que os alporizamentos serán os mesmos que os que provocaron os bispos,,,aínda que creo que non...
Claro, aquí faltounos a revolución francesa, aquí faltounos a revolución burguesa e así nos vai. Non é que sexa unha dereita espantosa é unha dereita das cavernas que aínda non saíu de 1931 e iso é moi grave para España, Non se pode ir por eses medios de comunicación enaltecendo a Franco (non é isto apoloxía do golpismo), que carallo fan os Marlasca e Garzón que están por riba do humano e mailo divino (ler hoxe a Méndez Ferrín no faro de Vigo, di verdades como templos). A propaganda dos Obispos é caralluda para o PSOE, fai facer un efecto boomerang, tempo ao tempo. Son os mellores propagandistas do PSOE, coido que Pepe Blanco debe estar subido e contento.
Aparte dos Obispos que lle fan a propaganda a favor do PSOE, tamén o que cita o anterior comentario, xa que o Marlaska e Garzón pricipalmente este último lles fai unha propaganda que o PSOE ten que pagala, non sei como, pero ren que pagala. Non teñen vergoña. con isto que está a facer o Garzón flaco favor lle está a facer á Xustiza en este páis. Tódolos estamentos do estado están baixo mínimos, todo é unha corruptela de mil estalos. Que lles den......
Publicar un comentario