martes, febrero 26, 2008

O debate


Nin Obama nin Hillary Clinton. O debate Zapatero-Rajoy foi outra cousa. Menos mal que TVE nos ofreceu o marujeo típico dunha retransmisión previa ao que parecía que podía ser un puxilato e se quedou nunha pequena regueifa de escolares de Malpica. E que, despois do verso, nos colocou o Aristóteles da dereita actual, Miguel Ánxel Rodríguez, e outras musas e musos do peloteo político do momento. Coido que non debe ser previsíbel ningún cambio porque a presentadora Ana Pastor non contou con ningún profeta do chaqueteo e todos torearon coa súa capa de sempre.
Cústame admitilo, pero o gañador –se houber tal cousa– foi Mariano Rajoy. Zapatero estivo esmorecido e falto de iniciativa. O do PP levou a auga ao seu muíño e ata tivo algún momento de brillantez dialéctica. Dame a min que Rajoy pescou algunha troita en caneiro alleo e que ZP ficou coa miñoca sen chantar no anzó varias veces. Haberá que ver que pasa na segunda volta destes encontros televisivos. Se se repite o de onte, os socialistas poden pasar un apuro o 9 de marzo. De pouco servíu que Solbes mallara no lombo de Pizarro como se fose un fole de viño.

8 comentarios:

Milio Zola dijo...

Non podo estar en absoluto de acordo con vostede. Rajoy foi, unha vez máis, o representante desa dereita descerebrada, demagóxica e irrespetuosa.

Zapatero foi feble, pero se cadra entra no esquema do que é a "tolerancia".

O importante é parar a unha dereita franquista. É importante tamén para a propia dereita: é a súa última oportunidade de converterse nunha dereita civilizada. E para iso precisa perder.

Anónimo dijo...

Se é por aquelo das enquisas postdebate. Penso que gañou Zapatero por poucos puntos. Eu pensei que ía gañar por máis.

Sen embargo, tamén penso que Rajoy non gañou nada. Repetiu, como repetiu Zapatero.

Resumo: Como se non houbera debate.

Pero ten a súa coña. E non estaría mal que tamén se fixesen cando o presidente é do PP.

Anónimo dijo...

Lin nun blog portugués o seguinte comentario, e deume que pensar:
O debate Zapatero-Rajoy, na parte em que vi, incluindo os dez minutos iniciais de enumeração de todos os órgãos de comunicação que o transmitiam e a descrição detalhada das regras a que obedecia, fez-me lembrar as óperas chinesas em que até os passos de cada um no palco estão contados e a existência e cumprimento dessas regras são um valor em si mesmo. Confesso que além de pouco interessante me parece quase ridículo. Os temas estão preparados, cada um leva decoradas as suas declarações e há pouca discussão verdadeira. O importante é “fazer passar uma mensagem”, mesmo que não seja em diálogo efectivo com o interlocutor. Há que parecer sereno, parecer seguro, parecer confiante, parecer respeitar as regras, parecer sério, parecer agressivo sem ser violento, parecer dominar os assuntos, especialmente números, parecer que já ganhou. De alguma forma, fez-me lembrar a entrevista de Sócrates à SIC. Ou seja, um tédio.

Anónimo dijo...

Eu estou con Hernández e Fernández.

Anónimo dijo...

Non estou dacordo con Vd. Aquí non gañou nadie, que perdeu foi o pobo.Isto xa me está parecendo ás campañas do Imeperio. Demócratas e Republicáns, tanto monta monta tanto.
Debate de ideas, rende ren. Un mintindo como un cosaco e falando dun conto de hadas coa da miniña, que si miniña si que si muniña non. O outro dicindo que fixen máis que ti no positivo, e menos que ti no negativo. Os medios están a fomentar o bipartidismo cun clara consigna dos donos como o Botín e company.
que fixeron cos case 5 millóns de votantes dos demáis partidos. non teñen dereito a estar no debate.
Non o digo por mion xa que eu pertezo ao partido dos "caiuqueros" e non teño representación parlamentario.
Desde o meu punto de vista o "debate" foi patetico.

Hildegard Canido dijo...

Algo de razón leva o último Anónimo. Por moito que dixese Rajoy, os problemas reais da cidadanía non foron tratados específicamente no debate. Ningún dos candidatos quixo mollarse explicando como se van resolver os problemas pendientes e, o que aínda é máis importante, os que están por chegarnos. Foi bla e bla e bla. E nada de responsabilizarse do futuro inmediato. E, no tocante Galicia, xa non digamos. Nin se falou dela. Que non fose na patética declaracón de nacencia por parte de Rajoy.

Anónimo dijo...

Rajoy tamén tiña un avó pero este avó tivo moito que ver con que fose adiante o estatuto do 36. En canto a descerebrados non cómpre procuralos na dereita: inzan na esquerda e no nacionalismo como cogordos.E se se trata de irrespetuosa non sei se Rosa Diéz, San GIl ou outras tantas e tantos,sabían que foron aldraxadas por xentes da dereita. Por min que lles dean... aos de babor e aos de estribor...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,