lunes, febrero 04, 2008

O pizarro esgallado do PP


Unha cousa é ser tiburón dos business e outra candidato a deseñar a política económica da dereita. Manuel Pizarro, ex capo de Endesa e representante máximo do quenllismo económico español, depois daquel desaparecido amigo de Aznar que ocupou a presidencia de Telefónica, estrenouse na política dicindo que quería ver como era unha praza de abastos. Debeu ser toda unha emoción para el, que nunca pisara un sitio así pola sencilla razón de que sempre tivo quen lle fose comprar o peixe e os bistés. Dame a mi que este non é coma Fraga que sabía canto custaba o kilo de garavanzos. E de ceonomía seguramente sabe abondo menos ca Pedro Solbes.
O seguinte paso deste mago do efímero capital dos outros foi dicir que el o que lle compraría a Zapatero é “a voz da súa señora, que canta nun coro”. Retratouse o gachupín tal como debe ser, un bo machista retrógrado. Xa llo lembrou o PSOE: “Ao PP cústalle aceptar a igualdade das mulleres, pero o que non sabiamos é que o seu número dous seguise considerando as mulleres obxectos do patrimonio dos homes”. A voz de Sonsoles propiedade de ZP? Amos, anda, Pizarrito!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Que se vaia a cagar no water de lópez ese "neocon" e que lle peche a porta para que non saia xamais. Outro Villalonga dos pelotazos que nos quere foder as pensións e privatizar a sanidade e o ensino. Menudos elementos temos nesta pel de touro, hai que votarlles de comer aparte.

Anónimo dijo...

Isto empeza a asemellarse ao foro de arroutadas...

Anónimo dijo...

E iso é bo, malo ou simplemente dá igual?

non se acaba o mundo dijo...

Amosando a miña supina ignorancia en economía, atrévome a preguntarlle, don Perfeuto, qué é iso de "quenllismo" e "ceonomía".

Como contraprestación direille que non é "sencillo" senón "sinxelo".

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Hai que actualizarse, don Perfecto, que o señor Pizarro xa meteu posteriormente outra pata ao dicir que os andaluces son uns indolentes e tiñan que traballar máis.
Non sei quen fixo a fichaxe, pero eu penso que os pagos debían correr a cargo do PSOE.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,