miércoles, febrero 13, 2008

Revisarase o Concordato?


Non pasou desapercibido o artigo que publicou Xosé Luís Franco Grande en La Voz de Galicia criticando o intento de manipulación política posto en marcha pola Conferencia Episcopal respecto ás eleccións do 9 de marzo. A valente e razonada posición que defendeu o escritor vigués foi obxecto de moitos comentarios durante as últimas 24 horas. Non faltou quen se descatase da importancia que tén o feito de que quen argumentou de tal maneira non é precisamente un comecuras nin un enemigo do cristianismo ou un ateo declarado.
Porén, nos medios da curia estabrecida en Galicia, as teses de Franco Grande sentaron como se a algunhas autoridades eclesiásticas lles fixesen respirar unha bafarada procedente do inferno. Houbo bispos que levaron as mans á cabeza e pensaron que habería que tomar medidas se chegase a proliferar este tipo de análises sobre a dirixenza da Igrexa Católica. O efecto que pode xenerar a posición da Conferencia Episcopal sobre o futuro das súas relacións co Estado é algo que está aínda sen valorar, pero xa tén preocupadas a varias autoridades eclesiásticas o ruxe-ruxe que se estendeu pedindo que se revise o Concordato.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Acertadiño o artigo de Xosé Luís Franco.
É increible a cantidade dos dereitos do ser humano no que o Vaticano non asinou. Se iso non fixeron, que podemos agardar dos dereitos que poden ter as mulleres, si , desas mulleres que pertecen á iglesia católica e non poden optar a ser bispos, cadenais ou papa. Cómo di Xosé Luís:que se deixen de dar leccións de "moralina" ao persoal. Qué educación lles poden dar aos nenos, cando eles xamais exerceron de pais, xa que non teñen fillos, bueno, oficialmente.Que remexan todo o que queiran no espiritoal, e que nos deixen dunha vez co terreal que dabondo temos e non damos abasto.