domingo, febrero 17, 2008

Galicia non se vende
















Se cadra, dende hoxe, o bipartito xa tén o seu propio Nunca Máis. Os manifes-
tantes reunidos en Santiago encol da idea de que Galicia non se vende, case encheron a praza da Quintana, rebautizada por eles como praza Bipartita, tanto como a enche o BNG nun bo Día da Patria. A pre-
senza de re-
pre-
sen-
tantes do mundo do teatro e do cine contrastou, eso si, coa total ausencia de intelectuais orgánicos. Algún alcalde nacionalista e a participaciçon de Xosé Manuel Beiras e de Camilo Nogueira deu testemuña de que na organización que agora lidera Anxo Quintana aínda queda xente que sae á rúa a pasearse a corpo limpo.
Gustoume o ambiente de alegría e desenfado no que se desenvolveu a manifestación, que transcorreu sempre inspirada pola defensa da terra e do ambiente galegos. Por primeira vez, unha parte importante dos que no seu deu berraron contra o desastre do Prestige e contra a insolencia dos que daquela gobernaban España e Galicia, non tiveron hoxe legañas nos ollos que lles impedisen cantarlles as corenta os que agora mandan na Xunta. A súa idea constantemente repetida de que, goberne quen goberne, Galicia non ha venderse seguramente significa que está volvendo a espertar a conciencia crítica dunha parte da sociedade galega. Eu, se fose Touriño ou Quintana, procuraría tomar boa nota de que algo está volvendo a empezar a cambiar outra vez.
A presenza de sendibilidades políticas e sociais moi diversas, dende independentistas, anarquistas, nacionalistas, sindicalistas, etc. non implicou en ningún momento desvío algún sobre a idea central da protesta. Nin sequera constituíu un incidente o feito de que un independentista se encarmase na fachada da Casa da Parra e retirase do seu mástro a bandeira de España. Só os que o seguían repararon no que el fixo. O resto ignorárono completa-
mente, que seguramente é a mellor maneira de de tratar estes casos.
Tiveron especial protagonismo os ferrolterráns que volveron a dar batalla contra a instalación de Reganosa dentro da ría de Ferrol. Carmelo Teixeiro, que se foi para o outro mundo a semana pasada, seguramente estivo aplaudín-
dolles dende o ceo.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Onte estuven orfo, politicamente falando, en santiago de Compostela xa que non ví a ningún político, excepto os Sres. Beiras, Nogueira e algún de EU-EU. É a terceira vez que vou a esa querida cidade para manifestar a miña protesta polo desprezo e a irresponsabilidade de quen nos gobernan. Os compoñentes de Adega, Greenpeace e outros colectivos similares eran máis ben poucos, pero polo menos estaban. Con todo, non vin aos de NUNCA MAIS.

Nas próximas eleccións e por primeira vez votarei en BRANCO. ¡Planta de gas fora dá ría!.

Grazas cidadáns. ¡VOLVEREMOS!

Luisfoz dijo...

Também estivo presente algum membro da RAG, podo citar o nome de Eulóxio R. Ruibal com quem tivem o prazer de compartir o recorrido. A pesar de todo vou seguir a votar BNG por muito que me moleste.

Anónimo dijo...

Dios, Luisfoz... pero ti votas Bloco?

Luisfoz dijo...

Pois si, há uns quantos anos que voto BNG. Se calhar com a idade um volta-se reformista. Explico os meus motivos: a) considero que é melhor que o PP perda as eleiçons e nom que as ganhe; b) chegados a isto prefiro dar-lhe o meu voto a um partido galego antes que a um partido espanhol. Simplificando: pode-se dizer que voto Galiza e nom BNG. As últimas candidaturas independentistas que houvo neste país nom me davam convencido. Apenas por exemplificar: lembras a campanha para as europeias de "Nós-UP". Tudo isto independentemente de fazer um voto útil ou nom, hoje o voto bloco é "útil". Aguardo que che esclarecesse a minha posiçom.

Anónimo dijo...

Sinto moito non ter estado nesa manifestación. Foron razoes de força maior. Estou estes días na Habana contribuindo con 250 intelectuais máis ao espallamento da cultura galega no mundo. De balde total, coma Fragha.

Anónimo dijo...

paréceme ben o de votar en branco.
Que teima co voto útil,co menos malo.Deixarei de votar bng por primeira vez en 25 anos.Cada vez mais parecense a ciu

Anónimo dijo...

Nada, nada, Foz. Se queres votar Bloco, pois vota Bloco. Eu paso.
Nada que clarexar sobre a túa postura e poción, cada quen vota a quen lle peta. Só sinto unha cousa: o nacionalismo galego inventouse un País e ese País non resposta aos impulsos nacional populares. Somos un sitio distinto. Sen dúbida. Tanto, que o espectáculo pouco edificante de varios milleiros de persoas amagando con que saben cantar o Hino Galego (qué cousa máis aburrida!) sen coñecer a letra, incita máis ben a organizar pasantías noturnas para maiores nas Galescolas de Kim.

Anónimo dijo...

E, agora que Galicia non se vende, qué fago eu cos meus ferrados, coa casiña e co meu lar?

Anónimo dijo...

aqui no ferrol sabemos ben da destruccion do territorio,ollade iste video

http://es.youtube.com/watch?v=HbcPioahfWE