lunes, marzo 31, 2008
Sogama (o Gabinete de Prensa) dá a cara
Dicíao hai pouco e volvo a corroboralo. Dificilmente se atoparán versións tan contradi-
torias como as que acostuman sustentar dúas ou máis forzas políticas cando se enfrontan por mor dun tema de transcen-
dencia social. Na mañá de hoxe volveu cargar o PP contra a polémica situación que presenta o vertedoiro de lixo que hai no monte da Areosa, en Cerceda. Só horas, despois, reaccionou Sogama cunha nota que sostén que o vertedoiro “non recibe residuos sanitarios nin restos de animais”. Ou sexa, case como cando falaban da guerra de Irak Bush ou Aznar e replicaban Zapatero ou Lamazares.
O curioso do caso é que non é o director xeral de Sogama que, por certo, cobra máis co presidente da Xunta, senón o seu Departamento de Comunicación o que dá a cara dicindo que “Sogama lamenta a pouca responsabilidade do portavoz do PP, Ruíz Rivas, xa non só polo descoñecemento da política e normativa ambiental, senón pola alarma social innecesaria que está a orixinar en torno a unha instalación creada hai 15 anos polo goberno do seu partido”.
O caso é que Sogama di que “o vertedoiro controlado de Areosa cumpre todas as garantías medioambientais e de respecto á saúde pública, limitándose, ante a falta de capacidade da planta de valorización enerxética, a recibir residuos urbanos e asimilables, que son sometidos a unha xestión e tratamento conforme á normativa vixente”.
“En consecuencia –segue dicindo a nota de prensa– a Sociedade Galega do Medio Ambiente rexeita de plano as desafortunadas manifestacións efectuadas polo señor Ruíz Rivas, xa que o depósito que a entidade ten en Areosa non recibe residuos sanitarios nin restos animais, se ben quere clarificar que, durante o goberno do seu partido, asináronse, a partir do ano 1999, contratos con empresas galegas que transportaban os residuos de carácter industrial a este vertedoiro”.
“Ante esta situación –tamén se le na nota– Sogama decidíu non prorrogar as relacións contractuais coas distintas empresas, conseguindo diminuír en 70.000 toneladas anuais as cantidades de residuos transportadas a Areosa (preto do 20 %), tendo en conta, ademais, que a propia Sociedade viña incurrindo en competencia desleal, pois son os xestores autorizados para o tratamento de residuos industriais, moitos deles pertencentes á iniciativa privada, os que deben facerse cargo dos mesmos”.
Máis adiante tamén se indica a nota que “respecto á depuración de lixiviados no vertedoiro controlado de Areosa, estanse a levar a cabo analíticas periódicas, sendo os resultados totalmente normais e xustándose aos parámetros etablecidos pola lexislación. Neste sentido, cabe sinalar que, polas súas características e polos materiais empregados na súa construcción, este depósito foi concebido para evitar calquer tipo de filtración ao terreo e ás augas, tanto superficiais como subterráneas”.
A nota remata lamentando “a pouca responsabilidade dos portavoces do PP, xa non só polo descoñecemento da política e normativa ambiental, senón pola alarma social innecesaria que está a orixinar en torno a unha instalación creada hai 15 anos polo goberno do seu grupo, e na que se levou a cabo unha xestión xa cuestionada e denunciada nos sucesivos informes do Consello de Contas, o último crrespondente ao exercicio do 2004”.
Xa se ve, onde un di arre outro manda so. A min quédame unha dúbida. Inventou as fotos o PP? Tomounas cando aínda gobernaba Fraga e corrían cara a Cerceda esas 70.000 toneladas anuais de residuos que diminuíu a empresa que dirixe Xosé Álvarez, o que cobra máis que Touriño? E, por certo, a onde e como van parar agora eses 70 millóns de quilos de residuos industriais anuais? Porque algo é certo: nas fotos distribuídas polo PP vese claramente que hai residuos sanitarios e restos de animais. A ver se foi Núñez Feijóo quen, en vez de agarrar a mangueira de apagar o lume, colleu unha Polaroid e foise facer fotos entre as borrallas do Juan Canalejo e dunha xamonería.
Coido que o asunto aínda ha dar moito máis que falar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Pois dará a cara para que lla rompan, porque efectivaente nas fotos vese claro que hai restos de animais e lixo de medicamentos e utenilios sanitarios.
Se só é para dicir mentiras o gabinete de prensa, coido co consentimento do seu director que cobra máis que Touriño, eu apúntome a ese cargo xa que para mentiras as digo a montes. Carallo que chollo máis colloudo. Despacho, moqueta, coche de centos de cabalos, quizais "queridas" e bos restaurantes, só por dicir mentiras abondo é o mellor curre do mundo.
Supoño que Sogama denunciará ao PP por publicar unhas fotos falsas das súas instalacións.
Caso contrario, eu penso que son de Sogama e que a nota de prensa minte no esencial do asunto, polo que o PP debería insistir na denuncia.
Non se preocupe, Anónimo, non se preocupe. Nin Sogama denunciará o PP, nin o PP insistirá moito na denuncia. Este país élle así. Todo fica entre nós, coma quen di. Nunca pasa nada. Ata que estoure todo, claro está. E daquela será tarde.
Publicar un comentario