viernes, septiembre 26, 2008

Ruínas

Teño un amigo que, non sei se por quererme ben o todo o contrario, sempre me está dicindo que teño que escribir máis e sobre máis cousas. Menos mal que non lle fago caso. A ver como me ía ir se escribise todo o que penso sobre que Touriño califique de "ruínas" os tramos de ferrocarril que lle reclama o BNG a Fomento, acerca de como vai indo a Cidade da Cultura (último episodio: a posibilidade que lle custe a Santiago a perda da súa condición de Patrimonio da Humanidade) ou encol da indemnización superior a 200.000 euros que lle dan ao xubliado que fixo de Silleda o outro gran saco roto de Galicia. Confeso que me volven a entrar as ganas de desaparecer.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Tranqui, Perfecto. Isto non remata aquí.
A situación pode poñer-se un chisco pior en semanas, non máis.
Se o Concello de Madrid suspende obras e inversións previstas, pensa no que pode pasar con algún concello galego que non tiña, hai unhas semanas, nen para pagar as nóminas.

Anónimo dijo...

Sr. Conde, que lle podemos pedir á socialdemocracia, non foron sempre uns aliados do gran capital facendo o "paripé" cunha de cal e outra de area.
Non se poña Vd. a escribir sobre a Cidade da Cultura, leve con tranquilidade a súa xubilación, faga outra viaxe de cruceiro polo Mediterráneo, xa que isto non te solución. Coide a súa saúde, xa fixo Vd. moito nesta vida por acadar unha democracia, non esta farsa de "democracia".
O digo por que estou a repasar e lembrar os seus artigos de "Triúnfo" e iso me reconforta. Que lles den............

Anónimo dijo...

Querido Anónimo:
Non sabe canto me reconforta saber que vostede está a repasar os meus modestisimos artigos da revista "Triunfo". Ás veces un tende a pensar que non valeu para nada vivir como vivimos a vida que vivimos.
Ah, e voulle facer caso no de volver ao Mediterráneo. O día 3 de outubro sairei para a illa de Lipari, na que penso pasar parte dos meus mellores días. Demorareime tamén por Cefalú e por Palermo e a ver se, cando volva, xa ten estourado o mundo a cachos.

Anónimo dijo...

Que invidia sana dame Vd. Lipari, Palermo. Quen poidera facer o mesmo xa que polo momento non teño a xubilación.
Coido que sería "cojonudo" o poder ver estourar o mundo ao seu carón tomando uns "chiquitos" de viño nesa cidade tan fermosa como é Palermo.

Anónimo dijo...

Home, eu creo que o mundo non ten solución, e nunca a vai ter, pero deso a retirarse a unha illa... que quere que lle diga.
Neste mundo, despois de ler aos filósofos da antiguidade, parece que só hai unhas cantas cousas que prestan: os amigos, as mulleres, o viño, ... e decir o que a un lle pete.
Efialtes chegará, pero eu non penso marchar.

Anónimo dijo...

Eu xa me conformaba con que, no canto de facer política (pois non saben), administraran ben os nosos cartos.