miércoles, septiembre 24, 2008

Tingitania

Estes días falouse polo míudo da ignorancia que demostrou George Steiner sobre a literatura de Galicia e a cultura galega en xeral. Lévame a min o caso a pensar no mal fado que acostuman ter as nosas cousas cando caen nas mans de determinadas persoas. Parecería que non remata de extinguirse nunca unha vellísima tradición caracterizada polo deporte intelectual de denigrar ou polo menos deformar a nosa realidade.
Conta Xosé Luís Pensado, en EL gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos, p. 336), o caso do sivillano M. Fernández de Enciso, que publicou en 1519 unha Suma de Gegrafía na que se pode ler o seguinte: "Está Bayona en 42 grados. Aquí entra el Río Marino, que pasa por Puerto Marín, y recoge la mayor parte de las aguas de Galicia. En las riberas de este río está la ciudad de Lugo, a do hay nabos tan grandes que pesa uno cincuenta libras. Desde Bayona entra luego un golfo en do están Padrón y Pontevedra, y tiene este golfo dos isleos delante y luego está Muros”.
Como deixou escrito Pensado, “é dificil condensar tanta ignorancia en tan poucas liñas como fai este cosmógrafo”, que di que Galicia chamábase nos tempos pasados Tingitania e que a “gente della es bien dispuesta, belicosa, inclinada a latrocinios y disensiones; son feroces”.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Como dicía un seu amigo, Don Perfeuto:

-Tales terras, tales nabos.

Anónimo dijo...

Vale que Steiner non andivo moito fino.
Vale que Steiner gabou moito a Catalunya e nada a Galiza porque cobra sobradamente en forma de conferencias e congresos nas terras de Pujol.
Vale que os nosos intermitentemente colonizados escritores galegos protesten e desexen declarar persoa non grata (mira que lle vai importar a Steiner, pero bon) ao elemento.
Vale todo, mais...

Quén realiza cada día os maiores ataques á cultura e ao idioma galego senón o noso Presidente Touriño, persoa que cando fala galego ataca todas as normas e sintaxes habidas e por haber?
Quén senon o seu compañeiro de partido, camarada alcalde de Compostela Sánchez Bugallo, alcumado Nitro, fala un galego despreciable?
Porqué Luís González Tosar, presidente do Pen Clube galego non se auto-declara persoa non grata, porque, oe, aí acertaría de pleno, despois de ter servido en "comisión de servizos xuxos" ás administracións de Fraga comandadas en cultura polo xefe rexional do Movemento, camarada Pérez Varela?
E postos a abrir fendas porqué no declaramos a Suso de Toro persona super-non-grata por aceptar pertecer ao Padroado da Biblioteca Nacional de... España!?
A mesma vara para todos.

Anónimo dijo...

Abondando no de Touriño, aí vai o enlace coa Touripedia, un labor exemplar que debería ser recompensado cunha ou dúas medallas Castelao.

http://touripedia.wikispaces.com/