martes, septiembre 30, 2008

Reixa borroso

Só unha ignorancia supina ou algunha mala fe poderían explicar que Antón Reixa nin sequera cite o libro Galicia borrosa, do psiquiatra galego Santiago Lamas, no artigo que publica hoxe en El País sobre La galleguidad borrosa. O poeta, narrador, músico, cantante e cineasta nacionalista confesa que descubríu, “a través dunha magnífica reportaxe de Javier Sampedro publicada en El Pais, que o máis avanzado en computación aplicada á robótica e á intelixencia artificial é o concepto e metodoloxía da ‘lóxica borrosa'”.
Lamas pubicou o seu libro (Edicións do Castro) no 2004. Menos mal que a Reixa lle abríu os ollos, catro anos máis tarde, un xornalista de Madrid. E logo han seguir dicindo que somos os “xacobinos” os que vemos o mundo a través do centralismo.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Acaba de dar no cravo, e non llo van perdoar. O que está a pasar, nesta Galicia de cambio sen cambio, é que ou vas disfrazado de nacionalista ou hanche negar o pan e o sal. O psiquiatra Lamas, que vostede cita, non debe ser da corda dos de Reixa e recibe, polo tanto, o desprezo solemne dos novos ricos da cultura galega oficial. Hanse ver cousas aínda moito piores.

Anónimo dijo...

Ben, aposto pola ignoracia. E confeso que eu tardei en enterarme da existencia dese libro. Quizais por ser editado polo Seminario de Estudos Galegos a través do Castro, e non por Xerais ou Galaxia, que de seguro sería comentado en todos os dominicais do pais, con minuscula.
Non sei se Lamas é nacionalista ou non, para o caso da igual.
Se non fose ignorancia sería para min algo peor que a mala fe.
E como non hai mal que por ben non veña aproveito para recomendar encarecidamente a lectura do libro. É como respirar aire fresco despois de sair dun tugurio.

Anónimo dijo...

Pois para "lóxica borrosa", a participación de Reixa nas comisións amañadas pola Consellería de Cultura de Ánxela Bugallo para re-difinir o complexo do monte Gaiás.
Curioso: o espazo destinado a ser o grande estaribel ou plató para a non nada, mais subvencionada, flamante "industria do audiovisual galega", será privado. Quén participou na comisión? E quén ten empresas no sector? E quén vendeu a súa empresa audiovisual a unha Caixa de Aforros galega?
Se houber prensa, e se houber xornalistas (non vai por vostede, Perfecto) nesta Galiza de subvención e merenda, ía ben tempo que os trapos enmerdados dos próceres galegos estaban postos á vista.
Mais o negociete é de todos, para todos porén só uns cantos elexidos serán os beneficiados.

Anónimo dijo...

Moi atinados tanto don Perfecto Conde coma os comentaristas precedentes. Tamén eu lles recomendo o libro.

Unha pequena observación se por casualidade nos le algún dos que vai chup... perdón, administrar a chamada "Cidade da Cultura": POR FAVOR, póñanlle ao invento outro nome. Ofrézolles algunhas suxestións:

- "Cidade das Marabillas do Bipartito" (moito mellor que "Cidade Manolo Fraga")
- "Cidade do Futuro" (que lles espera aos agraciados)
- "Parque do Teleférico" (a falta de trens, teleféricos)
- Cidade das Comisións (para os que teñen os boletos)
- Cidade dos Expertos (en honra dos paridores do invento)
- "Monte de 'O gozo II" (coma un restaurante "típico")
- Cidade "El Correo Gallego" (que mellor valedor do enxendro)

Anónimo dijo...

Un gran libro, o que vostede cita, Don Perfeuto.

Un gran libro, efectivamente.

Boas tardes a todos.

Anónimo dijo...

Algo hai, sexa o que sexa, vén dicir o autor, que nos fai diferentes ante os demais...!!!

(Desculpen que intervise dúas veces seguidas. Ata mañá)

Anónimo dijo...

Todos sabemos quen é Reixa e que vai ao que vai. Resulta moi gracioso ver como, na entrevista que lle fai a Quintana en Quintv, mete de rondó, e á primeira de cambio, o asunto do audiovisual. Cun par.

Anónimo dijo...

Imos ver: Que os que teñen secuestrada a cultura oficial non deixan pasar ocasión sen trincar, non é ningunha novidade. De todas formas, é o habitual, sexa quen sexa o que goberna. Que esa camarilla vai ter moito coidado en silenciar o verdadeiro talento, é o esperable e o que sucede. Editores que crean pseudoescritores -e pseudopremios- para venderlles os seus libros á Administración (a quen lle importan os verdadeiros lectores?, malchamados empresarios do audiovisual eternamente amamantados con cartos públicos, discurso sempre coincidente co do poder de turno disfrazado de progresía. Un noxo, que ademais lle está a facer moitísimo dano á cultura galega e aínda máis ao idioma, porque a xente da pé, o pobo de Galicia, non quere ter nada que ver con esa tropa e fai o que sexa por diferenciarse dela.

Anónimo dijo...

Ti que coñeciches moi ben a Cunqueiro, a Otero Pedrayo e a tantos oubros, ¿que cres que dirían eles hoxe vendo esta xente?

Anónimo dijo...

A frase "si le digo la verdad, le mentiría" (que Reixa chega a atribuirse a si mesmo!) é dun artigo de molina Foix publicado en EL PAIS no mes de agosto do ano que andamos.

Pero é case mellor que plaxie a que invente. Lembren a bochornosa película (subvencionada) Hotel Tívoli e busquen en EL PAIs a demoledora crítica publicada polos "seus amigos": "Penosamente filmada y aun peor escrita..."

Anónimo dijo...

Non lle hai que prestar excesiva atención ao que non ten importancia. Sir Perfeuto é un home de principios, que como bo xornalista aínda non perdeu a capacidade de sorprenderse e como cidadán de ben se indigna cando ve estas cousas, pero baixo o sol non hai nada novo. Todos temos algo de culpa na confusión entre a cultura galega e os intereses puramente persoais, e non demasiado altruístas, deste tipo de xente. Como sei que este blog o lé todo o mundo, fago desde aquí unha advertencia: Quin, estades levando adiante unha política cultural, por lle chamar algo, que vos fai moito dano. Unha política cultural sectaria, de exclusión dos creadores e promoción dos que vos fan a rosca, que terá consecuencias. Non o dubides. Ben que cho dicheron moitos. Paco entre eles.

Anónimo dijo...

Quen era o famoso escritor galego, tan moderno el, que falaba de facer croquetas coa momia de Castelao?
Non era o mesmo que propoñía cuspir na tumba de Otero Pedrayo?
E a que crítica literaria, profesora da universidade de Santiago, lle parecía iso o non vai máis da modernidade?
E quen era ese cineasta, ímoslle chamar así, por non lle chamar tampouco cantante, que co seu amigo o fotógrafo que xa pasou por todas e que botaron de todos os lados actuaba de mozo de cámara do alcalde de Ortigueira?

Anónimo dijo...

depois de ler os comentarios, li o artigo. Um artigo moi bom, concordo , intersante e que ajuda a autoestima. Os comentarios cativinhos, mais bem "miseraveis". Quedo-me co artigo e o "talante" do escritor.

Anónimo dijo...

O talante do escritor, polo que se ve no seu aurtigo, é o de antes ca min, ninguén, e, despois de min, a barbarie. Se iso consiste en procurarmos a nosa autoestima, eu apéome da viaxe. Comigo que non conten. O libro de Lamas, sabémolo os que o limos, a respecto do artigo de Reixa, é percebe puro. O do articulista de El País, tortilla feita con ovos podres e pataca recocida.

Anónimo dijo...

Hai cousas que non mudan e non mudarán no ser humano, galego ou español: a tendencia a insultar a quen discrepa e a quen opine en contrario.

Así levantamos a Nazón, chamando miserabeis aos que invertimos tempo en seguirlle a pista ás estrelas mediáticas galegas e aos seus negocios.

Quen pode actuar así é porque é máis galego ca min, máis patriota.

Anónimo dijo...

O Rodríguez Reixa, D. Antonio (menos mal que lle atopamos un chollo no Insti), non ten de vagar para ler a D. Santiago Lamas; se cadra, tampouco lle ía aproveitar...
Pouco máis que aquela simpática versión de Sweet Home Alabama (vai un sol de carallo!) ha quedar del; porén el sí está a levar moito máis dos contribuintes...

Santy López dijo...

Que pracer gozar daquel momento contigo, con Marisa e esposo, con Queixo, e Santiago Lamas, e o pouco tempo que parou a saudar aos seus amigos despois de presentar o seu libro e marcharse para Ourense a algo non moi grato, dálle unha aperta cando o vexas, Grazas.

http://santylopez5.blogspot.com/2008/10/santiago-lamas-crego-2004.html