jueves, septiembre 11, 2008

Toñi Vicente e os intelectuais galegos*


Acaba de despachar Efe a noticia de que “un grupo de intelectu-
ais prepara un manifesto de apoio a Toñi Vicente”
. Engade que está composto tamén por profesionais da restauración e por un gaiteiro. Di a axencia informativa estatal que “entre os que promoven o acto, no que se lerá un manifesto de apoio a esta recoñecida cociñeira, figuran o dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, o escritor Miguel Anxo Fernán Bello, o adegueiro Emilio (Efe chámalle Alfonso) Rojo, outras persoas vencelladas á gastronomía galega e o gaiteiro Xosé Manuel Budiño.
Tamén se indica na noticia que esta xuntanza de intelectuais vai ter lugar mañá no propio restaurante de Toñi Vicente, en Santiago, para expresarlle unha mostra de “cariño” á persoa que eles consideran que foi maltratada durante o proceso das vieiras clandestinas. É de supoñer que tal reunión manifestaria estará alimentada por boas viandas (vieiras hepatopancreáticas quizais?) e por bos viños do país. Se é así, a min gustariame saber se os comensais van pagar o que coman e o que beban do seu peto ou convidados pola homenaxeada.
Digo parte disto porque me empeza a soar a coña mariñeira o algareo que están erguendo os que defenden a Toñi Vicente como se fose a María Pita de non se sabe que clase de invasión inxustísima. Como acaba de dicir o biólogo Victoriano Urgorri, director da Estación de Bioloxía Mariña de A Graña (Ferrol), “se os furtivos collen a vieira é porque alguén a compra”, e Toñi Vicente aínda non desmostrou que non sexa ela unha dos que efectúan esas compras, segundo sospeita e denuncia a Garda Civil e investiga un xulgado de Ferrol. Pasados varias días da súa detención, a famosa cociñeira non se dignou comparecer mediante entrevista, roda de prensa ou comunicado negando as imputacións ou, de non poder facelo, tratando de explicalas e, se preciso for, pedindo desculpas aos seus clientes, entre os que debe andar moito máis da metade da clase política e unha boa parte de todo o Who’s Who de Galicia.
Agora vai resultar que comprar vieiras incontroladas e perigosas para a saúde a sesenta céntimos, para cobrárllelas aos clientes do restaurate a 24 euros, pode merecer o apoio dun feixe de intelectuais galegos. Pois se isto hai que pagalo con “cariño”, que haberá que darlles aos mariscadores furtivos que xa foron parar ao cárcere de Teixeiro? A fin de contas, eles lucrábanse moito menos e eran os que que tiñan que mollar o cú.
E logo que, por riba destas e outras consideracións que se poden facer arredor deste caso, que non fixo máis que empezar a esbarar nunha lameira, se cadra cumpriría pedirlles aos intelectuais galegos un chisquiño máis de prudencia. O caso acaba de abrirse diante dun xulgado de Ferrol e están aínda por facer moitas pesquisas policiais e xudiciais que deben conducir a un definitivo e legal escrarecemento das responsabilidades presumidas. Queren Beiras e o resto dos intelectuais que se apuntaron a comer con Toñi Vicente adiantar sentencias e suplantar tribunais de xustiza? Non parece isto demasiado propio de quen aspirou a ser a máxima autoridade gobernativa de Galicia.
Polo despacho de Efe, sábese que van presentar un manifesto defendendo a cociñeira porque coidan que foi “maltratada durante o proceso”. Maltratada por quen? Pola Garda Civil? Polo xulgado? Polos medios de comunicación por publicaren o seu nome? Joder, Beiras, un intelectual formado no materialismo dialéctico coma ti, explícase mellor. Está ben que anden nos xogos florais cociñeiros, adegueiros, os eternos convidados pola cara nos restaurantes de postín, e mesmo algunhas irmandades e sociedades ás que ata pertenezo eu e que non me preguntaron que me parecía o verso, pero a que parecía a cabeza máis lúcida do nacionalismo galego, despois de Castelao, que coño fai compartindo merendiñas?

* E que non sirva de precedente esta debilidade miña de romper o silencio que me impuxen en Croques. Esta vez non me podía calar.

17 comentarios:

sam rock dijo...

No caso da mediática cociñeira, que cada pau aguante a súa vela. De seguro que vai a ser o seu avogado quen lle solucione a papeleta.
Un saúdo

lottery numbers dijo...

Thanks to the owner of this blog. Ive enjoyed reading this topic.

lotto 649 results dijo...

And also we ensure that when we enter in this specific blog site we see to it that the topic was cool to discuss and not a boring one.

lottery dijo...

Thanks to the blog owner. What a blog! nice idea.

Anónimo dijo...

Moi ben, señor Conde, moi ben. Fixo o que debía volvendo a darlle vida a Croques. E fíxoo como esperamos de vostede os seus lectores: dándolle candela ao que hai que darlle candela. E que cada pau aguante a súa vela.
Por certo, que agonía o artigo que lle dedica ó tema Fernán Vello en Galicia Hoxe.

Almiral Mouchez dijo...

Ola, Don Perfeuto...!!!!

Perfecto Conde dijo...

Ola, mon Almiral:
Xa ve vostede, un é debil e remata caíndo ns tentancións. Pero non o celebre aínda moito. Sigo tendo as miñas dúbidas acerca de se debo ou non regresar á area do circo romano. Dentro de poucos días volvo de novo ás illas de Lípari, Vulcano e Stromboli, e alí terei tempo para meditalo mellor ao pé dos volcáns.
De calquera xeito, saiba que me alegro moito de recibir o seu saúdo. Alén do enorme aprezo persoal que lle teño, figura vostede entre os intelectuais –no seu caso de verdade– que máis aprezo de Galicia.
Xa o sabe.

Kalikatres dijo...

O López debeu facer o debuxo pensando no artigo de Fernán Vello, que vaia cagada que é, por certo. Iso si que é de estómago agradecido (o de Vello, non o de López).

Anónimo dijo...

Sr Perfecto Conde: ten vostede que seguir dando leña a tuti cuanti desde este espazo. Estará comigo en que o seu blog é máis lido que comentado, aínda que algúns aproveiten a ocasión para disparar ao mensaxeiro. Que lles dean bertorella, como din na miña aldea.

Mentres falemos de Toñi Vicente, non falaremos da contaminación das rías, da multiplicación dos panes e dos paces en forma de postos xunteiros (que son os que alimentan as Toñis), da hecatombe demográfica no rural galego, da desfeita urbanística na costa (e dos alcaldes que a propiciaron), da emigración (si, si, emigración) galega na España rica, da crise económica que moitos estamos vivindo xa na nosas carnes en forma de redución de contratos e despidos, etc.

A mágoa é que as Olimpiadas non durasen un chisco máis para salvarlle o cu a Zapatero. Esas eran historias de éxitos, pagadas cos nosos impostos, para logo poder presumir dicindo aquilo de "A por ellos, oé"

Almiral Mouchez dijo...

Querido Don Perfeuto:

A) Botábamolo moito de menos. Xa sabe -supoño- que os seus amigos, os que tanto o queremos, somos moitos. Quizais incluso máis dos que pensaba.

B) Se eu son intelectual, vai de c... a intelectualidade.

C) Creo que en toda esta polémica -afortunadísima polémica, desculpen a liberdade, posto que o trae de novo onde nós- hai aspectos que non estamos a ter en conta. Digo creo porque non o sei, só é unha intuición. Se cadra, para moitas persoas esa cociñeira, e o seu restaurante, simbolizan outro tempo non tan lonxano....

Outra visión de Galicia. Mon amour, ma jeuneusse, que diría Louis Aragon...

(Con independencia de que, no fondo, eu penso o mesmo que vostedes sobre todo este asunto, cómo non o vou pensar...)

Hildegard Canido dijo...

Pois, xa ve, don Perfecto: a Beiras rematou afectándolle a vieira. Se cadra debería cambiar de apelidos e, no canto de Beiras Torrado, debería chamarse Vieira Torrada, por aquilo de eliminar as toxinas.
Acabo de ler en Vieiros que o do Atraso Económico citou a Galeano –unha volta máis– para dicir que o mundo anda ao rovés. O que empeza a andar ao rovés e el, que se presta a encabezar a operación de lobby que está montando Toñi Vicente para defenderse do que lle caeu enriba.

Anónimo dijo...

Seica próxima homenaxe á Toñi vai presidila don Fraga Iribarne. A fin de contas foron el e os seus conselleiros os que máis cartos públicos meteron na caixa do restaurante. E tamén me contaron que chamou desde Lisboa un amigo de Mario Soares para preguntar se non podían ser as vieiras a causa da mala memoria que tivo nos últimos tempos o ex presidente portugués.
E, por certo, o Fernán Vello ese intelectual que hoxe nos chamou desalmados aos que non comulgamos con rodas de muíño ¿non será dos que decote comen barato no restaurante da tan cacarexada estrela Michelin? Hai que ter cara pra dicir tantas mamonadas en tan pouco espazo do Galicia Hoxe.

Anónimo dijo...

Xa se sabe que son intelectuais que apoian a Toñi Vicente e as súas vieiras clandestinas: Beiras, Miguel Anxo Fernán-Vello, Quintana Martelo, Xosé Antonio Perozo, Aurichu Pereira –muller de Beiras– e algún imnominado membro dun denominado Club das Cabezas. ¿A que parece de coña? O das cabezas non, o dos intelectuais.
Curiosa tamén a explicación de Beiras. O paro e a reconversión industrial están entre as causas do furtivismo. Que haxa empresarios oportunistas que pasen a lexislación vixente e o control sanitario polo forro das súas pernas, coma restauradora homenaxeada, non ten nada que ver, segundo o leonado ex profesor e ex lider do BNG.

Anónimo dijo...

Bo, cousas do Señorito da Reboraina.

non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Benvido por vir de novo, don Perfeuto. Concordo totalmente con vostede.
O de Beiras é xa a enésima burrada que di. Lamentable e penoso.

Anónimo dijo...

Se fose un cociñeiriño sen estrelas ningunha habíanlle chover por todas partes. O máis sinxelo é botarlle a culpa ós medios. Somos nós os culpables da crise económica e doutros tantos males coma o da vieira da Toñi (perdón pola obscenidade).
Vai ser que ela é só a vítima dun sistema de distribución corrupto e dunha campaña para desprestixiar ás mulleres cociñeiras (e que xa estou vendo algún titular...). Certo é que os primeiros culpables son os furtivos. Pero de igual maneira a jet set da 'cusiña galega' e os seus pratos de 30 euros coma o da deconstrución da vieira e calqueira outro que se vos ocorra.

Non sei, pero a min entroume a fame.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,