martes, marzo 24, 2009

Corrina, Corrina (Bob Dylan dixit)

“Calquera cargo que poda ter no futuro será (estará) en relación con Vigo”. Núñez Feijóo foi lapidario referíndose hoxe ao futuro político de Corina Porro. A que podía representar máis directamente o espírito de Galicia Bilingüe, no xa moi próximo primeiro goberno do renovador do PP galego, non se sentará en ningunha das cadeiras de deseño de San Cateano, por mor da perentoria necesidade de seguir ocupando praza no Senado.
É máis que probábel que a Feijóo o Senado lle quitou un peso de enriba. Foi el o que colocou a ex alcaldesa de Vigo no segundo posto da lista por Pontevedra e, de non ser polo compromiso senatorial, seguramente agora tería que estar gardándolle algún asento no Consello da Xunta. Mesmo se dá por suposto que a aspirante a volver a gobernar a cidade de Vigo quería ocuparse da carteira de Educación. Imaxina o lector o que podería dar de si unha Corina Porro dirixindo a educación galega? Carlos Callón e todos os que se encargan de defender a galeguización do ensino e da cultura galegos non ían dar abasto cantándolle aquela canción de Bob Dylan que lle prometía amores eternos a unha tal Corrina.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non direi que Corina, unha persoa encantadora e no plano persoal absolutamente xenerosa, é amiga miña, porque non sería verdade, pero téñolle sincero afecto, e creo que ela tamén me apreza a min.

E o certo é que ás veces non entendo algunhas decisións súas.

(Creo que, con frecuencia, tende a funcionar cunha clave excesivamente viguesa.)

Desculpen que non saiba explicarme mellor...

Boas tardes a todos.

Anónimo dijo...

Si, realmente non te explicas ben, neno, pero alíviame saber que Corina é encantadora e xenerosa e hai a quen lle ten afecto, humanízaa por enriba do tinte e a laca. Mágoa que estea en política e teña as ideas que ten. E Vigo, xa se sabe, é outro planeta. Eu o que digo é que Feijó09 debería poñela da Dirección de Política Lingüística, por iso do interese idiomático, vaia.
Churruca

Anónimo dijo...

Corina acabará de conselleira de Educación, precisamente por iso renunciou ao escano de deputado. Feijóo dixo que os cargos de deputados e conselleiros serán incompatíbeis. Agora Corina xa non terá incompatibilidade ningunha e poderá exercer de conselleira. Está todo amanhado. Estes dous enténdense demasiado ben.

Anónimo dijo...

Que Corina é boa xente, tamén traballadora e xenerosa, é moeda comúnmente aceptada. En Vigo, sen dúbida, onde acabará volvendo ser alcaldesa. Distinto que quen amamos o galego estimemos a posición de Corina, compañeira de viaxe desa ponta de lanza do PP que se chama Galicia Bilingüe. Mágoa. Unha Corina galeguista sería bo choio (porque ten o seu aquel de carisma). Por certo "Corrina, Corrina" de Bob Dylan é un laio polo amor que se foi. Sen ela "life don´t mean a thing". Así que soamente compre pedirlle: "Baby, please come home". O que acabará facendo Feijóo. E non para Educación, porque aí Corina non pintaría nadiña cos socios lingúísticos, mala centella os coma,que se ten botado.

Anónimo dijo...

Está buenísima