Segundo di o futuro presidente da Xunta, “algún membro do goberno en funcións” xa lle pediu a súa opinión sobre asuntos pendientes. Interpreta Núñez Feijóo tal circunstancia como unha proba máis de que deberían ser acelerados os trámites para levar a cabo o traspaso de poderes. O que non di o líder do PP é de quen se trata ese “membro do goberno en funcións” e, como os socialistas xa adiantaron que das súas fileiras non saiu tal petición, cómpre deducir que foi algún naconalista o que se dirixiu a Feijóo, que aparece na foto (Á. Ballesteros, La Voz de Galicia) en aberto sorriso co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.
Este exultante Feijóo é que non para. Nin a perda de un deputado por Ourense, a favor dos socialistas e por mor da emigración, lle pon freo a esa desacougada carreira que emprendeu cara a meta da Xunta. Feijóo pilloulle gusto, como lles pasa a á mairoría dos políticos, a iso de aparecer nos medios de comunicación todos os días aínda que non teñan nada novo que contar. Quizais por iso contou o de que lle pediu consello algún gobernante en funcións. Xa estamos coas insinuacións, coas verdades ou coas mentiras a medias. Polo camiño que vai, Núñez Feijóo está empezando a correr o risco de falar demasiado barato. Querse dicir, ao prezo de errar antes de tempo.
7 comentarios:
Vaia dous!
Perece que están saíndo do "Pasaxe" logo de tomar unhas chiquitas.
Vaia, home! Aínda non enterraron o rei morto e xa están recibindo o rei posto. Estes do Consello, encabezados polo Monchiño, apúntanse a un bombardeo. Son os de sempre. Sempre en Galiza non. Sempre no machito. Había que poñelos a facer estradas.
Nin o presidente do Consello debeu recibir o candidato electo nin ocandidato electo debeu visitar o Consello. O presidente de Xunta aínda segue sendo Touriño, cuxos cargo e persoa mereceían máis repecto.
A ver se vai ser o Villares o próximo coselleiro de Cultura. A cousa debe andar entre el, Vítor Freixanes e Alfredo Conde. Xa veredes.
Polo ben da cultura, que non teñamos mais couzellarías da kultura....
Fuco de Esteiro
Din que Feijóo lle puxo deberes aos do CCG. Xa ía sendo hora. Non hai mal que por ben non veña.
Publicar un comentario