Un tal Marcelino Fernández Mallo, licenciado en Ciencias Económicas por unha Universidade a distancia, Master in Business Administration (MBA) por unha escola de negocios de Lausana e mesmo autor dun libro de relatos (Cabilia) e dunha novela (A Trenza), publica en Vieiros un sorprendente artículo titulado O Gramma do noroeste peninsular, no que anuncia que “se pasa” a Xornal, importantísimo aviso que eu interpreto que dirixe os seus pasos, mellor dito a súa mirada, ao chamado Xornal de Galicia que puxo a andar hai pouco o empresario que paseou en iate ao agora defenestrado Anxo Quintana.
Non indica dende que sitio dá esta zancada tan particular de cambear de xornal de referencia, pero non hai que ser moi listo para decatarse de que a cabeceira da que deserta é a de La Voz de Galicia, periódico agora máis denostado que nunca polos nacionalistas galegos que se serven del para agochar a súa acumulativa incapacidade de practicar a autocrítica. Fai ben este paisano en cambiar de biblia. Faltaría máis. Tamén para iso está a liberdade.
O que resulta absolutamente aberrante é a explicación que subministra: “Hai en Cuba un periódico que así se coñece por asignarlle algún substantivo do idioma castelán. O Granma, monllo de páxinas pobres, é o principal órgano propagandístico do partido comunista cubano. Tampouco non pretende ser outra cousa. O Granma non informa, adourina. O Granma non analiza a realidade, manipúlaa. O Granma non publica noticias; emite consignas. O Granma non presenta sucesos; xulga e condena. O Granma non reflite ópticas distintas; transmite a única perspectiva verdadeira. O Granma non contrasta a verdade; artella e deturpa ó seu antollo os acontecementos. Para o Granma non hai protagonistas senón heroes e listas negras. O Granma non emprega xornalistas; utiliza gregarios. O Granma non precisa lectores, tan só individuos dispostos a ser leccionados. O Granma non é o xornal dun país; é o periódico dun réxime”.
Coido que este Marcelino pan y vino ata se mostra pouco rigoroso analizando o célebre xornal de Fidel Castro, pero o que é parodiando o periódico de máis difusión de Galicia resulta francamente patético. Se estes son os couces que lle van seguir dando algúns dos nacionalistas fracasados o 1 de marzo á publicación de referencia de Santiago Rey, xa pode ir abrindo o editor de Arteixo todas as botellas de Dom Perignom que lle pete. Ata eu podo rematar brindando con el, pero a min que me abra unha de Chablis Grand Cru “Bougros” 1999 de Louis Latour, s’il vous plaît.
O debate da “debacle” debería darse a máis altura. Noroestizando Granmas, como fai don Marcelino, fágao con pan e viño ou con botelo do Courel, non ha chegar moi lonxe. De momento xa parou no Xornal, precisamente un modelo antigranmático. Polo da gramática se cadra.
43 comentarios:
Don Perfeuto, entendo que as institucions protagonistas teñen os papeis trabucados. Ou acaso non é o Xornal Diario o mais semellante ó Granma que a pareu nai?
Intolerable. Con todos os defectos que poda ter La Voz de Galicia, a consideración que fai dese xornal este cidadán resulta insultante para o xornalismo, a civilidade e o máis mínimo sentimento democrático. Non sei nin como Vieiros lle publicou un panfleto tan ruín. O xornal electrómico debería pedir desculpas. Non val andar dicindo que non todo vale, e logo facer como os que se critica.
Pois, que quere que lle diga, eu tamén me pasei ao Xornal, porque considero que en LVG non quedan periodistas: quedan esclavos e algún que outro oportunista.
Pero se este artigo, que ninguén leu, xa apareceu hai tres días!
Aparecese cando apàrecese, é unha burrada.
Pois a min paréceme moi ben o que di este señor, porque seguramente el quedaría contento e convencido de que fixo algunha valentía. Eu nunca oíra falar. Pero en fin, así lle vai ao nacionalismo, que xa lle demostrou a Galicia o que fai cando toca o poder, cousa que levou a Galicia a demostrarlle o que pode facer ela cando chegan as eleccións. Se o exemplo de prensa libre é o Xornal, dirixido por quen o dirixe -moita graza me fai sentilo falar en galego agora- e editado por quen edita e para o que o edita, apagha o candil, marica chu-chú.
O Gramma edítase precisamente no país ao que viaxaron, por conta de todos os galegos, os ¿intelectuais? dos que fala ese bo camarada, seguramente moi coñecido na súa casa á hora de comer, que sacaba tan boas notas na escola. O país que ten máis periodistas presos do mundo. Un exemplo, home non.
Que intelectuais?
Os que xa se foron tirar aos pés de Núñez Feijoo sen agardar nin a que tome posesión?
Os que un día aplaudían os ocorrencias da cansalleira de cultura, ao segundo facían que non a coñecían porque Quin lle daba de lado, ao terceiro volvían ao rego do touriñismo porque prevían unha baixada do Bloque e agora andan chorando polas esquinas que a lingua non se impón, que o Soe non atou curto aos nacionalistas e que Polo ben do país hai que tender pontes co Pepé?
Atentos aos próximos días. Moitas sorpresas vai haber.
Canto tempo van tardar os do Cluster do Audiovisual(moita risa me dá o nome que lle puxeron)en irlle dicir aos acólitos de Feijoo, coas orelliñas baixas, que a imaxinación ten que seguir a ser Unsetorestratéxiconestepaís?
E os Editorisindepentes?
E os do teatro máis galego de todos os teatros galegos?
E os que viviron da normalización lingüística mentres os índices de uso da lingua caían corenta puntos sen que ninguén fixese a máis mínima autocrítica?
E os que atendían dilixentemente a indicación de que os autores desafectos ao réxeme non fosen nin mencionados na telegaita?
Non seguiremos coa lista, verdade? Está na mente de todos.
Viron que algún deses saise en defensa de Ánxela Bugallo, de Quintana ou do propio Touriño?
Ai, que bo país se non fosemos este carallo de xente.
Empeza a conta atrás: tic,tac,tic, tac,tic,tac,tic... TAC
Da autoría do señor director de Xornal de Galica, publicado (por el mesmo) nese xornal da súa digna dirección:
La dirección del BNG no es bilingüe ni lo será probablemente en mucho tiempo, pero no por ello deja de ser consciente de que la sociedad gallega sí es bilingüe.
(Como ben, está escrito en correctísimo galego, ademais. Igual que sempre).
O teu tampouco é moi bo
Tranquilos, Santiago Rey e a camillera Corina están pensando o futuro deste país.
Se antes o pensaba outro camillero, por que non agora a loira do PP?
A Coz de Galicia señores, A Coz de Galicia a das eolicas.
Cómo xa levo tempo sen lela, non sei se guindaron a X. Alonso Montero polo barraco embaixo.
Un bo fichaxe para A Coz sería César Vidal e aquel ex-grapo que xa non me lembro do seu nome. Daquela teríamos o esperpento completo en Galicia. Qué carallo ou todo ou nada.
Eu lin moitos anos La Voz, e podo dicir que nunca aprendin nada, nin conseguin información realmente interesante, quitando un dato ou dous.
Cando comezei a leer o Xornal a información millorou algo, merecia a pena cambiar a Xornal.
Pero dende que SantiRei publica noticias falsas en Xornada de reflexión, non o volvin mercar nin penso.
Os que len a Voz non son galegos.
E os que non votaron ao bipartito tampouco.
Nom vou falar de Fdez Mallo por nom ter informaçom suficiente. Mas sim quero falar um bocado da "Voz de Galicia" jornal antigaleguista por excelência, quando nasceu a Academia Galega, a Voz serviu de altofalante para todos os inimigos de Murguia. Quando, anos antes em 1885, Martínez Salazar começou a publicar a sua meritíssima Biblioteca Gallega procurou como sócio a Fdez Latorre, proprietário de Lavoz, dous anos depois, em 1887, o patriotismo galego de Fdez Latorreu nom dava para mais, Martínez Salazar tivo que continuar em solitário a sua empresa. Podem-se lembrar as polémicas desse jornal com Lugrís Freire e o trato que recebeu por parte da Voz quando em 1906 pronunciou em Betanços o primeiro discurso político em galego. A atitude negativa da Voz com o galeguismo dá para escrever um livro. Quero excluir a época de Francisco Pillado como director que acabou por perder o seu cargo por exigência dos proprietários do jornal. Por falar de um assunto mais achegado no tempo podemos lembrar o caso do Prestige quando começou dando umha boa informaçom, isto acabou quando a Voz vendeu-se mais umha vez e pujo-se do lado do governo a cámbio de receber o encargo de editar nos seus talheres o DOG. Poderia citar ainda a saída do honrado jornalista Arturo Lezcano e muitíssimas cousas mais. Já há bastantes anos que decidim deixar de comprar a Voz e passara a comprar La Opinión A Coruña. Desde que apareceu O Xornal compro-o, até me fixem subscritor, e sinto-me muito mais satisfeito que com A Voz
Y?
A Voz é un medio privado e pode ter a liña editorial que ven lle veña en gana para oferecer ós lectores? E logo o quiosco decide
E por suposto, o dono dun xornal nomea ou cesa directores coma en calquera empresa privada
E non vexo eu grandes ataques ó antigaleguismo do País, que "obriga" ós noso Suso e Manolo a escribir en castelán. Nen contra eles por ser tan nomeadamente bilingües cando lles conven ó peto ou á sona.
Se non queres mercar a Voz, pois ben. E se un periódico auspiciado dende o poder e pagado con cartos dun constructor con intereses directos a decidir (xa non) polo devandito poder parécehe o paradigma da ética e a liberdade, pois tamén está ben. E se ti es Anxo Quintana ou Pessoa, pois tamén está ben.
Aquí os que tenñen 125 anos de historia son a Voz e o Faro, e o resto, a dar tabaco
1) Cadaquén está no seu dereito de mercar o periódico que lle dea a gana.
2) Candos compradores ten de verdade o Xornal?
3) Son galeguistas o seu de momento editor do Xornal e sobre todo o seu triste director? Que intereses defenden?
4) Se a Voz de Galicia, coa que está caendo, segue por riba dos 100.000 exemplares de venda diaria, hai que entender que os galegos somos parvos?
5) Sa Voz non existise, Quim seguiría no machito?
6) E nese caso, para beneficio de quen?
Que algunha entrada de traballadores de La Voz defendan á súa empresa podo entendelo. Dos demais, desde o anfitrión, fico bocas. A historia da Voz, sen dúbida meritoria pola súa resistencia suíña, é a historia de quen fixo das súas relacións co poder a cerna dos seus intereses empresariais, indepedentemente da súa práctica xornalística. Nos últimos tempos sobran exemplos: Prestige, Cidade da Cultura, Porto Exterior da Coruña, Planta de Gas de Mugardos, Paco, sempre don Paco Vázquez e os seus negocios/residencia do Parrote, ou facer seguidismo das informacións/demagoxia/ignorancia da prensa madrileña e, por suposto, ese tema impresionante que é o das eólicas (onde estaban eles no ano 95 onde os muiniños se repartiron dixitalmente?). Certamente calquera pode mercalo ou non (seica non criticalo) ou recibilo de balde para que pareza que "distribúen" máis de 100.000 exemplares e telo como biblia ou como papel hixiénico, pero a min gustaríame que un xornal fose un xornal e non un gañador de eleccións con 38 deputados. Do tema da lingua e dos seus editorialistas, outro día. A ver se tes sorte, Perfecto, e don Santiago mándache uns manises.
Ou sexa, que o problema é que a Voz gañou as eleccións.
Eu crin que a caída do Bipartito provocaría outro tipo de debates, pero vexo que non. A altura dos que nos gobernaban está clara.
Penúltimo Anónimo:
Tan pronto me cheguen os manises de don Santiago, mandareichos directamente. A min non me gustan e a ti, a xulgar pola túa forma de expresarte, seguro que che acaen que nin diola. Non gosto dos manises nin lles fago caso aos maniseros.
Coñezo algo ao Perfecto e, efectivamente, élle máis dos arandos que dos manises. Ademais, home, como vai beber a botella de Chablis papando manises coma se fose un mono? Os manises coido que lle acaen mellor a certo escribidor.
Moito bla-bla-bla, pero ninguén dixo o que había que dicir: que quen é quen de facer unha análise da Voz comparándoa coa descripción que fai do Granma ou está tolo ou é completamente fato.
Perfecto Conde é unha institución no mellor xornalismo galego e español. Confundador do País e xornalista estrela daquel xornal cando como periódico era o que hai moito deixou de ser.
Por tanto, non precisa de defensores de terceira rexional coma min. Ademais, nada lle custaría ter borrado as burradas dalgún valente anónimo, e non o fai. Cólguese logo outra medalla, o anónimo acubillado en calquera furado informático e vital por aí.
Cada vez me gustan menos os anónimos. Parécenme o peor da rede. Non quero xeralizar, pero se tan convencidos están do que din, ¿por que non o asinan?
Se tanto botan de menos aos que estes días están en desbandanda, cos seus fontaneiros, na Xunta, sen deixaren máis man de obra que a necesaria para que as trituradoras de papel funcionen sen parar, que o digan con nome e apelidos. Que é como debería asinar eu aquí, con todas as letras, e se non o fago non é por medo a nada, senón por vergonza allea, e por non ter que aturar despois insultas dos que se esconden coma o que son.
Asdo: Modesto A. V.
Para Perfecto, incluso desde este Anoninimato que tamén a min me está a gustar cada día menos, a homenaxe dun seu lector.
Dos que estamos aquí, que non só son eu, o teu tocaio, outro tanto, amigo Conde. E grazas polo teu blogue.
Son Croques, hoxe faltaríannos claves para entender o que acontece nesta Galicia nos que tivemos en cargos públicos a algúns que, coma o seu admirado Hugo Chavez, cren que hai que acabar coa prensa porque leva ao pobo a votar mal. Perfeuto: Tes toda a nosa admiración, home non.
O MELLOR BLOGUE DE GALICIA É CROQUES. Á VISTA ESTÁ.
Perfecto Conde nunca lle tivo medo á verdade. Nin a dar a cara.
¿E querías pecha-lo blog, perfecto?
Non se pode comparar la Voz con Xornal, La Voz ten recibido millóns e millóns de todalas administracións, ocultou informacións e fraudes dos gobernos do PP na Xunta cando lle ´conviña, e inventou calumnias acerca da Xunta do BNg cando lle pareceu ben.
O Xornal pola contra, está bastante limpo, e que o seu dono recibise un 2,5% do decreto eolico, non é máis que unha casualidade estadistica.
Boicoteemos a Voz, e teremos unha sociedade máis plural, sen cacicatos xornalisticos.
La revolusiónnnnnnnnnn bolivarianaaaaaaaaaaaaaaaaa
Hai comentarios no blog que non teñen desperdicio.
Atopar, a estas alturas, nun pasado tan lonxano as eivas actuais de La Voz de Galicia, tal e como fai o noso Foz, resulta un exercicio inteletual de valía pero non indica nada sobre as razóns polas que o nacionalismo galego atopa agora en La voz de Galicia o maior inimigo a bater.
Quero dicer, eis, que "a buenas horas, mangas verdes".
Lembro as preocupacións e desvelos de persoeiras do BNG tipo Encarnación Otero (outro apelido deturpado, segundo a a dota opinión do sabio Benito Lobera) cando, hai uns anos, correu-se a voz de que La Voz de Galicia estaba en mala situación económica e Galiza debía salvala para que non caera en mans alleas, ou sexa, españolas.
Que La Voz de Galicia mira polos seus intereses, e quén dubida iso? Faltaría máis. Acaso o semanario patriótico A Nosa Terra non facía o mesmo e non fai o mesmo?
Hai publicacións periódicas galegas que son tan miserábeis coma La Voz de Galicia, e entre elas está, tamén A Nosa Terra que traga e non publica noticias cando lle convén ou lle conviña... ou lembramos o caso dos galegos que compraban en Galiza terras de emigrantes galegos en Cuba..., ou lembramos as festas que o gran xefe dun clube de escritores galegos oferecía en Cuba aos xornalistas?.
De qué país falamos (pronuncien "País" con maiúsculas e cun canapé na boca, e verán que chachi)?
Falamos do Xornal de Galicia, unha operación empresarial, política e económica, que ten como azimut se converter na cabeceira da nova "Prensa del Movimiento Nacional-Popular", bon, quería, pero agora...?
Jordi Pujol, que é listo coma un allo, declarou unha vez, a preguntas dos xornalistas, se o seu governo tiña intención de mercar ou crear unha nova cabeceira tralo fracaso do xornal governamental (penso que Avui), declarou que non, que esas aventuras eran "incertas" e que era moito máis barato comprar xornalistas.
Esa sí que é unha Nazón con Estatuto.
Este último Anónimo ten toda razón. Pero aínda que a min o Xornal me parece unha carallada, que nada ten que ver co xornalismos a pesar do seu nome, creo que é simpático que exista. Nos quioscos non o vexo.
O equipo cubano de béisbol perdeu por cinco a cero fronte ao do Xapón.
Nun longo artigo, Fidel Castro desentraña a razón última da derrota: a incesante conspiración anticastrista americana.
E iso porque en Cuba non se vende La Voz de Galicia.
Quero esclarecer duas cousas:
a) O meu amigo dom Perfeuto Conde é o jornalista galego vivo que mais admiro; menos mal que conservou os "Croques" depois de passar a invejável situação de membro das classes passivas. Não deveria ser necessário dizer isto mas nunca está de mais.
b) Há muitos anos que apenas vejo El País mas que de maneira esporádica. O mais importante: eu nao considero que a Voz deva ser o inimigo principal para os nacionalistas (seria considerá-la muito); o que quero dizer é que na história deste país esse jornal foi o mais feroz inimigo do galeguismo com um entusiasmo a prova de bomba... e, olho! que não estou chamando a pôr bombas em tão ilustre meio de comunicação que há pouco ganhou a inimiga dos quiosques pola quantidade de exemplares regalados (assim qualquer continua no primeiro lugar)
Caralludo, ter un blog para defender a La Voz. Tantos anos -e polo que se ve amigos- de xornalismo de primeiro nivel para isto?
Carlos Toimil (Mugardos)
Excelente artigo do señor Mallo que amosa unha visión curiosa dese xornalismo galego amarillista afeito ao "ordeno y mando", que un día di branco e ao seguinte negro sen que haxa polo medio máis que un mísero cheque. En xusto agradecemento, señor Conde, recoméndolle a visita dos blogs dos señores Arturo Casas (Lándoa), o señor Fermín Bouza (El voto con botas) ou o señor Baamonde (Café na trincheira), que nos seus últimos posts teñen escrito verbo de La Voz de Galicia, con datos e razóns, e sobre os que agardo en breve algún comentario acerca da súa vida profesional ou íntima como aconteceu co señor Mallo. Xa sei que eles non son o señor Ventoso, Casal, Caneiro ou Blanco Valdés, xornalistas-intelectuais libérrimos acotío enfrontados coa visión reaccionaria de don Santiago, pero creo que poden aportar algo de luz. Tampouco Dani Álvarez lle chega a ningún deles ao nocello, pero aquí lle deixo un artigo seu, publicado no mesmo medio que o do señor Mallo, acerca do tratamento do tema da Cidade da Cultura e como a visión de La Voz de Galicia pasou nuns meses de "obra de referencia en Europa" a "agujero faraónico de irregularidades económicas" sen que mediase nada polo medio. Bueno si, só un pequeno troco de Goberno.
http://www.vieiros.com/opinions/opinion/557/o-gaias-e-la-voz
O meu fillo de 11 anos chega todos (absolutamente todos) os mércores á casa cun exemplar de La Voz de Galicia na súa mochila. Como el todos os seus compañeiros de colexio. O mesmo pasará,supoño, no resto do país.
El (meu pobre) pensa que llo regalan. Eu ben sei que o estou pagando por vía das axudas directas do goberno á prensa baseadas no número de exemplares editados.
Impresentable!!!
Por suposto, tamén deixei de mercar a Voz (no quiosque, refírome)
Publicar un comentario