martes, marzo 03, 2009

O Olimpo de Quintana

Nin dinámica propia nin farrapo de gaitas. Anxo Quintana e a actual dirección do BNG están a equivocarse de punta a punta. A estas horas o candidato fracasado tiña que estar non só recollendo os seus obxectos persoais no despacho da Vicepresidencia da Xunta senón tamén na ”vocería” da organización nacionalista, diga o que diga o oráculo de Antón Losada, que quizais tamén debería ir pensando en dimitir por segunda vez.
A imaxe que están dando de burócratas aferrados aos seus carguiños pode danar irreversíbelmente o futuro dunha organización política que, estando ou non de acordo con todos ou con algúns dos seus postulados, non hai ningunha dúbida de que resulta absolutamente imprescindíbel para un desenvolvemento razoábel do corpo político galego.
Con todos os erros cometidos ultimamente por Touriño, que foron moitos, o candidato socialista tivo a grandeza humana e política de practicar a autocrítica cunha dimisión que honra a súa figura e libera o seu partido. Pola contra, aferrándose Quintana ao que se aferra só pode dar a impresión de que no Bloque non é a realidade o que importa senón a diktak que desa realidade podan dar os popes, sen importarlles moito o que teñan a ben indicar os electores.
Seguirán botándolle a culpa a La Voz de Galicia, publicación á que tanto contribuíron eles a que por fin se convertese nun bo xornal, e, se preciso fose, colgarán dalgún carballo varias ducias de votantes, pero o que parece que non están dispostos a facer, unha vez máis, os dirixentes do BNG é autocrítica. Eles están no Olimpo. Son deuses inalcanzábeis polo desalento. Vaia coña marinera.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa que fala de coñas marineras, debería ver a coña que ten o arranxo de contas que fai José Luis Gómez, director de Xornal de Galicia, con Touriño. Lamentable.

Anónimo dijo...

A Quintana gustoulle tanto o poder, estivo tan cómodo, que lle costa moito moito apartarse. Menudo ego. Ese ego-ismo é fatal para o BNG. Máis que Fraga xa parece Aznar.

Anónimo dijo...

QUE DIMITA QUINTANA POLO BEN DO BNG,DOS MILITANTES QUE ESTABAMOS FARTOS DE VER COMO 30 ANOS DE HONESTIDADE E DE TRABALLO DURO IANSE A MERDA POLASS CHANCHULLADAS DAS "OPOSICIOSN"DO CONSORCIO,COLOCACIÓN A DEDO DE INEPTOS,AS "PRIMAS" OS EX- ALTOS CARGOS,PREPOTENCIA DE MOITOS DOS DIRIXENTES,BAILOTEOS COS VELLOS,ETC,ETC.
SI SE CARGARON A BEIRAS POR PERDER UN ESCANO,DE 18 A 17,E BARRERON AOS PARLAMENTARIOS QUE HABIA ENTÓN (POR SUPOSTO BIEITO SEGUE,MENUDO CHOLLO,SE NON TEN O DO PARLAMENTO TERIA QUE VOLTAR A POÑER COPAS QUE A SUA PROFESUION )AGORA QUE qUINTANA,QUINTANISTAS E OS APOIOS DA UPG,DI9MITAN.bOTARLLE A CULPA A CRISE,O COLMO DA IRREALIDADE.

Anónimo dijo...

E pregunto eu: se non tivo a culpa A Coz de Galiza, quen a tivo?

Anónimo dijo...

A GRANDEZA HUMANA de Touriño sona a coña se temos en conta que Pepiño Blanco lle ordenou que recollera os bártulos (excluindo as cadeiras de diseño, por suposto. Non como Fraga que marchou co coche) que presentara a dimisión e collera porta.
Un exemplo máis do grande peso que ten o PSdeG en
Ferraz.
En canto ao BNG, eu teñoo claro: o futuro está en Táboas.

Anónimo dijo...

Non está mal o conto do que fala de Táboas. Non é unha mala idea.
Dentro do mal do BI, coido que ela é a que se salva da queima. Penso que o fixo un pouco ben, limitándo aos feitos.

Anónimo dijo...

Autocrítica, home, estes do BNG non saben o que significa. Algúns son tan sectarios que cren que iso é unha secta ou relixión. Algúns son de piñón fixo e caquera os baixa da burra, pero nin a paus.
Ha.....Beiras, Beiras onde estás, estes a cagaron de carallo.

Anónimo dijo...

Benintencioado Preguntoiro, inda non entendiches que a culpa a tiveron eles, cultivandoa agarimosamente decote? E eles (por qué tivo que ser xustamente así?), eles descubriron unha nova maneira de mexar por nos...

Choro coa mágoa da nosa xente benzoada: a sarriana Pontón, o vigués Aymerich, a donostiarra Adán, o alaricano Suárez...

E coa ira irreprimibel enxoitanseme as bágoas perante o estupor estulto e sen vergoña do Sumo Controlador....

Fuco de Esteiro

Anónimo dijo...

A ver, dimitir non é ter dignidade. Dignidade é ir a que te boten sabendo que te van botar con razón.
Polo ben de todos é mellor botar a Quintana e o grupo, sobre todo o grupo que o rodea, a que marchen eles.
Dimite quen meteu a pata, quen non ten folgos, quen non está de acordo coa maioría. O grupo que desfixo a esperanza por 12 ou 16 anos non debe dimitir, hai que botalos.

Anónimo dijo...

A min tamén me gusta a Táboas, en todos os sentidos,pero igual fai falla unha imaxe menos socialdemócrata que era a que pretendía Quintana e máis pelotas.E non dubido que a Táboas as teña.Si, o pouco salvable do bng no goberno.De todos xeitos prefiro a Beiras, pero penso que será imposible.
Por certo, tamén nos van quitar o programa Hábitat,na galega?Si cambian a política e deixan de dar axudas pra rehabilitación non poderán emitilo, digo eu....