jueves, marzo 12, 2009

Pedro Arias pode ser o gran na íngua de Feijóo

Xa se decatarían os emigrantes de que facéndolle perder un deputado por Ourense ao PP revalori-
zaron enorme-
mente o voto do desnudista Pedro Arias, que a quen pode deixar agora en pelota picada é a Alberto Núñez Feijóo cando lle pete? Con 38 deputados no PP, o ex comunista que agora defende o despido libre ten a chave na man. Fáltanos saber que portas ha querer abrir. Ou pechar.
Retirado practicamente da campaña electoral dende que pronunciou aquelas desafortunadas palabras que lle atribuían “subnormalidade” a un ministro de Zapatero, se cadra non pasa moito tempo antes de que Arias volva a ocupar espazos na comunicación galega. De momento recibirá a investidura de deputado no Parlamento Galego e, a partir de aí, haberá que osbervar os seus movementos. Un político que está moito máis preto de Rosa Díez que de Baltar, por poñer un exemplo, pode rematar sendo como un gran na íngua de Feijóo. E, senón, o tempo. A non ser que a reducción do número de consellerías non conte para Pedro Arias.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

E logo que vai facer Arias? Desacatar a decisión de voto do PP? Sería moito.

Outro dijo...

Sería moito... ben celebrado.

Anónimo dijo...

Se e certo que os parlamentarios non serán conselleiros, a P.A. póde que lle interese máis manterse no grupo parlamentar e así condicionar toda a política do PP nos próximos anos.

Anónimo dijo...

Dun converso pouco ou nada pódese agardar, o máis que pode facer será unha parida política e oportunista. Non hai peor cousa neste mundo que un ser humano sexa converso, tránsfuga ou oportunista. ¿Que se pode fiar del?. Nin os gatos.

Anónimo dijo...

Conversos? Ou sexa: que todos os que abandonaron a practica da relixión cristiana e fixeronse ateos non merecen confianza? E os que denunciaron os crimes estalinistas e deixaron de militar tampouco merecen confianza? Moitas veces é xustamente o contrario. Hai que desconfiar dos que seguen militando en ideoloxías que demostraron o que son...

Almiral Mouchez dijo...

Home, Don Último Anónimo, algúns dos que non abandonamos o cristianimos tamén procuramos, e ás veces non vai pensar vostede que de boa gana, non lle facer mal a ninguén.

Nin sequera aos que o merecen...

El sastrecillo valiente dijo...

Home, o que precisa un deputado nudista é un bo xastre, coma este colombiano que viste a Baltasar Garzón, Felipe de Bourbon e Steven Seagal con traxes ¡blindados!.
Vaian aquí: www.miguelcaballero.com e a continuación piquen no apartado de "personalidades". Verán que este asunto dos xuices, dos traxes, dos nudistas e demais ténlles moito aquel.

Luisfoz dijo...

A sujeito da discussão sobre os "conversos", quero dizer que não vou utilizar essa palavra (que porém, Risco reivindicava para si). Mas a minha já longa experiência pessoal e também a adquirida por leituras faz-me desconfiar mui muito (perdão polo populismo) dos que prefiro chamar "renegados". Há uma diferença de matiz entre ambas as palavras, uma é mais positiva e outra mais negativa. Particularizando, é evidente que dom Pedro Arias pertence à espécie dos renegados.

Anónimo dijo...

Con todas as eivas que se lle queiran apoñer, pode que as cousas socialistas terían ido mellor se fosen as ideas, as derradeiras ideas do "renegado Kaustky" as que trinfaran e non as de Lenin

Anónimo dijo...

Unha relfexión moi ben traída.
A proximidade de Aria ó partido de Rosa Conde daríalle lexitimidade ó cambio ( sería por ideas non por cartos) e, moi probablemente contaría cos apoios de Jimenez Losantos, Intereconomía, etc..
Dito isto, non esqueza o poderoso atractivo económico do rupo mixto. O nivel de ingresos dun deputado no grupo mixto é moi superior ós dun deputado dun grupo parlamentario regular.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,