viernes, marzo 06, 2009

Pepiño Blanco e a caza de bruxas contra Touriño

Hai un político galego, baixiño coma Franco, agudo coma un allo e chosco coma min, que non para de intrigarme. Cando miro para el nas fotos e nos telexornais teño que rascarme tras da orella para percatarme de que non estou en Palermo porque a súa maneira de levar o traxe ou de apoiar as mans no atril corresponderíanse sen dúbida coas do deputado Ignazio Caputo da novela La Rizzagliata de Andrea Camilleri se o escritor siciliano se parase nas minucias de traxear os seus personaxes.
Estou a referirme a José Blanco, Pepiño Blanco, que como non foi quen de ser alcalde do seu pobo, Palas de Rei, non parará ata que sexa ministro primeiro e logo presidente da Xunta de Galicia. Se houbese que retratar a ambición política desbocada e disposta a calquera cousa con tal de saír coa súa, o retratista debería estar fixándose no comportamento deste galego que sempre está subindo pola escaleira a respecto da caída en desgraza de Emilio Pérez Touriño, que seguramente está pensando a estas alturas que con amigos coma Pepiño nin puñetera falta lle fan os inimigos.
Aínda case non se rematara de contar os votos do 1 de marzo cando o vicesecretario xeral do PSOE xa estaba indicándolle a porta traseira ao presidente da Xunta do seu partido, deixando entender que nin acertou negándose a adiantar as eleccións como lle pediu el nin soubo dar pé con bola no difícil matrimonio que mantivo co BNG de Anxo Quintana. Agora resulta que a campaña presidencialista de Touriño foi pésima. Pero non a deseñou precisamente a xente Blanco? Touriño go home, é agora o grito de guerra de Pepiño, e Pachi Vázquez ao poder. No se está esquecendo alguén de que, se Touriño foi dispendioso en coches e despachos, o ex alcalde do Carballiño foi demasiado tacaño en licenzas de obra para reconstruír a súa residencia rural? En plan de chiste xa hai quen di que Vázquez foi tan bo conselleiro de Medio Ambiente que lle inspirou á súa muller a maneira de gasear os cans da canceira da que é respónsábel no Carballiño como gaseaba Hitler os xudeus en Mauthausen (ver video pulsando aquí).
E que dicir de Ricardo Varela, de Méndez Romeu, de Mar Barcón, etc.? Non foron eles tamén responsábeis do mal funcionamento do goberno presidido por Touriño e da campaña que espantou os votos? Touriño dimitiu, nun xesto que o honra como político e como persoa. Os demais aproveitaron a debilidade do anxo caído para empoleirárense no poder partidario. Non é isto o mesmo que están a facer Quintana e a súa troupe no BNG? A única diferencia é que no PSdeG-PSOE aínda non hai un Beiras. Mentres tanto, confórmanse con abrir unha caza de bruxas contra Touriño.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Querido don Perfecto,

la página 3 de la edición del País de hoy, que seguro que usted ya ha leído, contesta bien a algunos de los problemas de funcionamiento del último gobierno de la Xunta.

Quizá se podría abrir un debte en este su docto blog, sobre precisión terminológica: bipartito o tripartito?

Desde el punto de vista del PSdG (aparato)el poder se pierde en verano de 2005, cuando después de ganar las elecciones, Touriño decide prescindir del partido y echarse en manos de asesores/ conselleiros independientes.

La culpa de algunos de los personajes que usted cita es, por ello, desigual:

Ricardo Varela, como secretario de Organización, no pudo o no supo frenar el deterioro de las relaciones de su jefe con su partido. Puesto a dimitir, debería haberlo hecho en 2005 o 2006

Méndez Romeu se vino de Madrid (era secretario de estado) con la promesa/creencia de que iba a ser o vicepresidente o conselleiro de la Cotop. Su Touriñismo era discutible: le interesaba ser touriñista en la medida en que podía jugar a sucesor. Aunque no parece que el partido le aprecie demasiado.

Mar Barcón es el peón de Coruña, puesto para suplir el deterioro de relaciones entre Javier Losada y Méndez. En teoría, en clave de aparato, Coruña tenía dos conselleiros (´Méndez y Rubio) en la práctica no tenía ninguno. La Rubio es una independiente que promocionaba cargos del PP y Méndez hace años que se distanció de sus compañeros coruñeses. Losada quería a alguien de su cuerda, por fín, en Santiago.

Pachi Vázquez es, con todos sus defectos, el único que le echó ciertos pulsos a Touriño. El que le advirtió del error de la Caride y el qu reclamó más peso del partido (al menos en su provincia)

Ahora no hay caza de brujas, hay un cobrar viejas ofensas del 90% del socialismo gallego contra un secretario general que, llegado al gobierno, gobernó desde la Xunta despreciando al partido en su conjunto: a los militantes, a los alcaldes y a los ministros de Madrid. es cierto que debían de ahber actuado antes. es cierto que no se le debían haber consentido a Touriño los excesos.... es cierto que, desde el punto de vista del partido, muchos deberían haber dimitido, pero no esta semana sino en el 2005

Un saludo

Anónimo dijo...

O repetido Anónimo anterior está claro que sabe do que fala. Por poder ata podería ser o propio Xosé Blanco quen firmase unha análise así. Quizais o malo é que leva razón en case todo o que di.

Anónimo dijo...

Arrepiantes as imaxes do asasinio de cans no Carballiño.

Anónimo dijo...

Hostia, e este é o que vai reconducir o PSOE galego?

Anónimo dijo...

Mar Barcón...había anos que non recoñecía nos seus xestos e a súa fala a faciana dun comisario político stalinista...Igual me equivoco e ten algunha capacidade agochada para o humor e a ironía...Pepiño Blanco: sempre me fixo lembrar a un "acusica" de patio de colexio. Non creo que xogase ao futbol de rapaz...Pachi: esquecen que é veciño do Pepiño na Villa Psoe da illa de Arousa?...

Anónimo dijo...

A min paréceme demagóxico e facilón eso de que "como non conseguíu ser alcade do seu pobo"..e o da ambición desmedida.

Teño xa visto ó longo da vida persoas que non trunfan en tareas "domésticas" e sí o fan noutras de gran envergadura.E viceversa, cantos xenios eran incapaces de administrarense ou realizar pequenas tarefas?.
E cantos militantes nunca levantan voo eiquí e serían grandes bazas no país vasco?, ou en suecia, por por de exemplo países con outro poso no facer democrático.

Esa extrapolación do autor é lamentable. Xa a oín dúcias de veces e é cativa, envexosa e falta de imaxinación. Está moi ghastada.

Para mín pepe blanco é, e será sempre, Blanquito, con afecto. Empezou de ben novo e entregouse totalmente á labor. Ademáis parecen vostedes sectários, hoxe estánse a inventariar moitas intelixencias das que naqueles oscuros anos non tíñamos nin idea, e con perdón, José Blanco está dotado de moitas delas, por exemplo a de tipo "social", anque vostedes xornalistas e mor parte dos intervintes poidan estar dotados de intelixencias "escolares" na que non abundou moito Pepe Blanco. E que?. Son vostedes os que dan a medida?. Non hai máis medidas?.

Acaso Blanquito carece de éxito?. Perdoen vostedes, pero non será envexa do éxito alleo?. E cando esto sucede acúdense ós tópicos, rebeixar á persoa "pepiño", meterse cos aspectos máis íntimos da súa vida, etc... Non é esa unha actitude de dereitas?. Ben miserable por certo.

A mín Blanquito sorpréndeme como estratega. Entren vostedes en partidos, dedíquenlle a vida e a ver onde cheghan.

Anónimo dijo...

Teñolle lido cousas a Mar Barcón e non dí absolutamente nada.É dunha vulgaridade aplastante nas súas declaracións. Respétoa como persoa, pero ten algún nivel de abstracción ideolóxico?.

Quen a puxo ehí, e por que.

Anónimo dijo...

Blanquito chamábanlle a Blanco, pois si, os seus colegas do partido de Lugo. Pepiño chámanlle ajora en Madri. Non sei si con intención afectiva como di un dos participantes neste foro. O caso é que sempre o tratan en diminutivo. Parvadas. Se cadra o autor deste blog, afamado xonalista de investigación ao que moitos admiramos, podería averiguar si é certo un ruxeruxe sobre os tempos en que o disminuido polos diminutivos formou parte do Consello da Xuventude de Galicia. Daquela seica houbo un raro asunto de facturas de visóns e cousas polo estilo que tódolos integrantes do mentado consello taparon rápidamente tan pronto algo saíu nos xornais. E falando de asuntos de pesebre, aí vai esta crónica que explica claramente a razón pola que o goberno bicornuto perdeu as eleccións. Con amigos así non fan falla inimigos, ou.
http://www.elpais.com/articulo/ultima/Neo-Galicia/elpepiult/20090307elpepiult_1/Tes