Se a Europa Press lle intentan volver a colar unha noticia falsa dicíndolles que
Anxo Quintana marchou de vacacións con
Touriño a Canarias, que non fagan caso. O xornal coruñés
La Opinión localizono o domingo no palco presidencial do estadio de Riazor, a onde foi convidado por
Augusto César Lendoiro a ver o encontro Dépor-Racing de Santander (5-3). Non está mal o titular da noticia: “
Anxo Quintana se pierde el minuto mágico”. O minuto, a hora e os catro anos que veñen.
1 comentario:
Pagaría por saber de que falaron Lendoiro e Quintana. Se cadra Quin deuse conta de que debería ter combinado con el moito antes. Non era, en absoluto, un mal socio ante determinados inimigos mediáticos comúns. UNHA APERTA
Publicar un comentario