Impresionante a noticia que publica hoxe La Voz de Galicia sobre o caso de Agapito Pazos, que acaba de morrer no Hospital Provincial de Pontevedra. Tiña tres anos cando, en 1933, foi abandonado ás portas do único centro de beneficencia que había daquela en Pontevedra, afectado por unha discapacidade psíquica e unha distrofia muscular nos membros inferiores que tamén lle deformou a man dereita.
Dende 1993, a súa titoría legal correspondíalle á Fundación Sálvora. Agapito pasou toda a súa vida, que durou case 80 anos, entre as catro paredes da habitación 415 do Hospital Provincial de Pontevedra e, dende a súa cama, foi vendo mudar a estacións a medida que ía cambiando a flora do xardín traseiro. Só saíu unha vez á rúa, cando Eloi, un dos celadores, o levou canda el para que vise o mar.
Hi máis de 30 anos, por mor dun accidente de coche, estiven hospitalizado durante varios días neses centro sanitario pontevedrés, pero ninguén me falou de Agapito. Ata resulta curioso que non se soubese o seu segundo apelido, Méndez, ataga agora que finou. Ou que fose natural de Lalín. O seu caso é unha auténtica historia da vida mesma.
3 comentarios:
Sentín unha fonda emoción -conmovido ata as bágoas- cando lín que o Eloi -vaia para el o meu cordial agradecemento pola súa humanidade- o sacara da súa condena e o levara ver ó mar...
Manuel Lara
Don Perfecto, vostede que traballo nesa casa sabe se é certo, como se rumorea, que Jacinto Rey abandona A Nosa Terra e que xa lle deben catro meses de salario aos traballadores? Contenos algo.
Meu querido Anónimo:
Non lle sei nada diso que me di de Xacinto Rey e A Nosa Terra. Como ben di vostede, eu traballei nesa casa, pero xa hai algo de tempo (concretamente dous anos) que non teño ningunha relación laboral con eles. Ademais, as aventura dese empresario coa prensa non me parecen precisamente as da señora Katharine Graham ou as de Hubert Beuve-Méry. Disimúleme algo, polo tanto, que non me sinta moi seguidor do seu caso (do de Xacinto Rey, quero dicir).
Publicar un comentario