Son un xubilado, non estou censado na provincia de Pontevedra nin tampouco teño un Lexus ou un Mercedes 4x4 (o meu coche é un destarta-
lado Seat Leon que cumpre dez anos este mes e está cheo de pelos e de cheiro de Mara (a miña buldog americana). Aínda así, non podería acollerme a un deses programas cos que fomenta a saúde e o benestar a Deputación desa provincia que preside o elocuente conservador Rafael Louzán? Dígoo porque, segundo acabo de ler en El País houbo xente que se mobiliza nesas berlinas de luxo, e está censada en Madrid e en Baleares, que tivo a sorte de pasar cinco días de balneario por 169 euros dentro dun programa subvencionado pola Deputación de Pontevedra para pensionistas de máis de 50 anos que probasen debidamente estaren empadroados en algún concello pontevedrés.
Fernando María Aguirre Roldán (na foto de El País), presidente da firma Agatha Ruíz de la Prada, un dos seus irmáns e as súas respectivas parellas, censados todos en Baleares, e catro persoas máis censadas en Madrid, participaron nese programa pero, iso si, sen mesturarse nunca moito coa plebe. Eles viñeron ao que viñeron: pasalo ben á costa do contribuínte.
Aposto un potosí a que este asunto non vai aparecer nunca nas páxinas de El Mundo. Nin vai ser Pedo J. Ramírez o que pida que se investigue quen prevaricou para que pasase o que pasou. A que non?
4 comentarios:
É admirábel a fera "ética do aproveitamento" que ten algunha xente; lémbrame a economía do aparentar con poucos cartos da postguerra. Deben de vir daquelas familias moi pomposas que facían as fortunas co estraperlo a base de chupar a espiña do próximo (esa gente).
Ricos, cutres e aparatosos: unha combinación que sempre me fascinou.
Imprescindible o post e moi atinado o comentario de SurOeste...
Certo que lembran a eses familiares de "fora" que vinhan con moita fachenda pero que logo comian como se trouxeran fame adiada e marchaban cun bo trabuco de provisións.
Adicábanse a louba-los produtos e a denosta-los indixenas: "ay, que rica es esta tierra, si Galicia estuviera poblada por valencianos..." e cousas de xeito.
Un saúdo
Non terá ese elemento algo que ver con aquel amigo de Franco: J. María Aguirre Gonzalo fundador e presidente de Agromán S. A.. Empresa que comezou con obreiros republicanos prisioneiros.
Atado e ben atado quedou todo.
tenha coidado senhor anónimo dous, que as xustas lembranzas as carga o demo nestes días de "libertaz" e poderían acusalo de prevaricar... máxime tendo en conta que pon vostede o dedo na chaga que máis lles doe ós post-franquistas.
Publicar un comentario