viernes, abril 30, 2010

A tensión e a ansiedade de Suso de Toro

Suso de Toro explica hoxe en El País os motivos que o levaron a facer mutis no foro das letras galegas e españolas.  Concreta-
mente, a abandonar a súa condición de escritor profesionalizado para retornar ao mundo do ensino.
Cómpre lelo. De Toro móstrase sinceiro e preocupado, aínda que seguramente deixou no tinteiro algunhas concrecións que podían facer máis entendíbeis os pasos que está a dar. “Unha causa soa abondaría –manifesta o escritor–, a crise económica agudizou unha crise das industrias da comunicación, do xornalismo, da edición de libros. Esa crise presentóusenos a todos os que traballamos nese sector económico e profesional, e eu revisei as miñas bases profesionais para ser escritor e concluín que tería que reaxustalas. No meu caso particular vin que calquera reaxuste aumentaríame aínda máis a exposición ao público, coa carga de tensión e ansiedade que iso me supón. Foime disuasorio”.
O que eu non sei é se esa “tensión e ansiedade” non van seguir tamén os seus pasos no complicado mundo actual do ensino galego.

6 comentarios:

MarOceano dijo...

Perfeto, non amoles. Suso, simplemente, esta farto de que o mariconeen. Fora,e dentro. Non esquecer aos de dentro. Temos un pais cheos de puristas iluminados que inda fan mais dificil a resistencia contra o nacionalismo espanhol.

detective crepuscular dijo...

Seguro que o Suso de Toro ten 20.000 razóns polo menos para respaldar/fundamentar a sua decisión, e todas consistentes, por suposto; pero a min hai algo, pequenos detalles, leves indicios talvez, que non me acaban de convencer. E que conste ben constado que eu comprendo pero lamento a "retirada" temporal ou para sempre de calquer escritor. Non están os tempos para que os escritores se baixen do carro da escrita, e mais agora que non se fala doutra cousa que se o libro de papel, que se o libro dixital, e tornan os argumentos apocalípticos e integrados de sempre. Últimamente téñense publicado artigos interesantes ao respeito (por exemplo, MÁS PERDIDOS QUE EL QUIJOTE Y EMMA BOVARY, de Jesús Ferrero). Hoxe mesmo, Gemma Lienas remata o seu artigo en El País de Catalunya con estas palabras: "Deberíamos seguir posibilitando que las generaciones futuras imaginen, como Borges, que el paraíso podría ser algún tipo de biblioteca." Pois iso. Que cuais son os pequenos detalles ou leves indicios que me fan pensar...? Sería o conto de nunca acabar. Non hai mais que ler o MUTIS EXPLICADO do autor en "retirada" e recorrer ás suas propias palabras. Xa ao principio di: "E paréceme que o mais interesante precisamente non é que alguén pase de dedicarse á escrita a dedicarse ao ensino, senón que iso sexa noticia." Vamos, Suso, iso non o crés nen ti. E logo que esperabas? Se o "retirado" fose calquer outro autor galego menos coñecido que ti, e case que todos os vivos o son, e mesmo a maioría dos mortos, incluido Otero Pedrayo, pois claro que non sería noticia, pero no teu caso, anda, ho, non me toques naquela cousiña. A maioría dos autores galegos en galego polo feito de sé-lo xa estan "retirados" do panorama literario, aquí e acolá. No seguinte parágrago, dise isto: "Cando comezo a publicar ficción, xunto aos libros tiña a pretensión de reformular a literatura galega e a sua relación coa sociedade, que rompese o gueto... Que a retirada dun autor agora provoque preocupación en tantas persoas indica que se conseguiu parcialmente aquel obxectovo." En que quedamos, logo? Se se consegiu parcialmente aquel obxectivo, aquel grandioso obxectivo de "reformular a literatura galega" (Suso, Suso, a humildade non é o teu forte), quer dicer que estamos mellor que daquela e que a cousa non é para porse tan apocalípticos. Cual é entón o problema? Que "ese novo civismo (esa conciencia cívica nova) non é compartido, mesmo é combatido por abondos medios de comunicación e por poderes políticos"? E logo que esperabas. Ti que andas niso, sábelo mellor que ninguén. Que "é o noso verdadeiro drama histórico"? Pois claro que o é. Sabémolo de sempre, non é nengunha novidade. O 23 de abril, un autor galego en español falaba da gran literatura galega (Valle, Torrente, Cela...) e non citaba nen un só autor galego en galego. Pero contra ese "drama histórico" hai que manterse en pé, non "retirarse". Cada un desde o seu. E non sigo, porque sería interminábel. E porque non me convence. Non sei mui ben que pretende Suso de Toro. Cústame crer que o verme literario se poda apagar aos 50 anos. E non quero entrar en valoracións literarias, que non me corresponden e nas que non son experto. Eu se mañá se "retirase" Quim Monzó, poñamos por caso, subscrebería do crítico Lluís Muntada do 29/4/2010 no Quadern de El País: "Amb Monzó caminem damunt les espatlles d´un gegant literari que no ha gaudit de la irrigació que les cultures vigoroses i els estats són capaços d´imprimir a una gran obra. I d´una manera més rasa: sense la depuració estilística i moral de l´obra de Monzó, en la literatura catalana encara aniríem amb una sabata i una espardenya, naufragant entre els neofluids de la marea del dandisme noucentista i l´anarquia del modernisme." Diríamos algo parecido de Suso de Toro a respeito da literatura galega se este se "retirase" de verdade, cousa que eu non creo?

Anónimo dijo...

Algunas cuestiones

- Por qué nadie analiza los comunicados de Suso de Toro en clave de automárketing? Digo que me voy la víspera del día del Libro y me sumo a la información del día siguiente

- Por qué un escritor llamado por el entorno del actual presidente del Gobierno para escribir una hagiografía se empeña en decir que Madrid no lo quiere? Vamos que Suso no es un Pérez Reverte oficial porque no quiere o no sabe, pero vaya desde Madrid le han dado tanta cancha como para poner al aparato del PSOE a regalar el opúsculo a media España

- Por qué vende poco Suso de Toro o no vende tanto como quiere o no consigue calar en la gente?

- Todo escritor es por definición un buen escritor? No cabe la posibilidad de que haya escritores malos o mediocres que simplemente se autoatribuyen un papel de intérpretes del sentir general que luego la realidad (la real y la literaria) les niega?

- Qué más nos da que Suso escriba o no, que le haga la despedida a Zapatero o el saludo a Beiras o que recree las 13 badaladas las sete linguas y el contrapunto de los opuestos? Los escritores imprescindibles no pasan nunca y los otros van y vienen.

- Por qué un problema de calidad literaria y capacidad para captar lectores se camufla como un problema lingüístico cuando el bueno de Suso como tantos otros no tienen ningún problema en ser traducidos al castellano o escribir directamente en castellano si la tribuna o la paga lo justifican?

- Por qué Suso quiere que los demás seamos responsables de sus limitaciones? Compadezco a sus futuros alumnos

Oz dijo...

A verdade é que agardabase un do de peito cando Suso de Toro presentou un Home sen nome, pero decepcionou e a promesa que necesitaba cristalizarse unha grande obra quedou no intento. Logo o Home con Nome sufriu un proceso de amargamento e desengano crú. Non cuallaba como o grande escritor que pretendía ser.
De Rivas tamén se esperaba un super do de peito, e tamén defraudou cunha novela que non aportou nada e puxo de manifesto os limites do seu autor. Rivas ten mais aparato mediatico e aguantou mellor a frustración, pero o certo é que ningún dos dous, "UNICOS ESCRITORES GALEGOS NO EXTRANXEIRO E PARTE DO INTERIOR" convenceron coas súas obras.
Que se lle vai facer. Suso reacciona con acedume Rivas caladiño como rapaz equilibrado e modosiño. Rivas entrou no panteón da RAG, tivo a súa compensación compensación, o que non se consigue coa literatura consiguese co título, o pobre de Suso quedou varado a intemperie.

O certo é que Suso de Toro arrisca mais que Rivas, ten mais frescura, e con algún acerto e moitos desacertos é mellor escritor que o alambicado e cursi Rivas, que so se recrea e reescribe, rematando todo cunha flor de toxo ou clavel.

Do resto que dicir, o resto revolvenno de vez en cando as editoriais, agora abrillantan a calvicie de Calveiro, outro subescritor, que reescribe e re-relata, re-narra, re-conta, en universos seguros pret a porter. Primeiro foi Festina Lente, logo Setecento e o proximo será Adagio ou presto andante, toda unha grande aportación.
Caneiro fulminado, non existe.
Borrazás non logra provocar un mínimo interés, a pesares das súas reflexións sobre a arte e a súa entrega. O tedio, o aburrimento, non é un bo aliado dos escritores, e a verdade é que Borrazás aburre.
Ameijeiras da de si o que xa demostrou, e por bastante tempo.
e
Teño na mesa a última novela de Teresa Moure, leo a contracapa, "interesantísima historia", dan unhas ganas de lela....

turra dijo...

e xa que estamos por esclarecer as tebras insidiosas da mediocridade que asoballa en nós, e asoballa e asoballa, preguntaríalle ao Mago que opina logo de Cabido, Solleiro, Aneiros,Lema ou Regueira. Se xa fracasaron todos ou aínda teñen tempo, ou non val a pena agardar por un fracaso sequera.

Oz dijo...

As mellores páxinas da narrativa galega andan entre escritores tidos como de segunda, non lle teño dúbida algunha. Estre eses que nomea e outros.