miércoles, abril 14, 2010

No río do esquecemento

Non debería dicilo, pero onte non me quedou máis remedio que cumprir 67 anos. Moitas grazas aos amigos e ás amigas que se lembraron de min chamándome ou mandándome mensaxes de parabén.
Para celebralo fun con Cristina comer lamprea a Ponte de Lima, a vila más antiga de Portugal. É un lugar precioso no que non me importaría vivir unha tempada. Instalariame na beira esquerda do río do esquecemento e agardaría tranquilamente a que Decius Junius Brutus pronunciase o meu nome dende o o outro lado. Mentres tanto paparía lamprea e bacalao, bebería algún viño verde (aínda que eu son máis do Dao e algún portiño que outro) e tomaría copos de Carvalho, Ribeiro & Ferreira. Non sería mala vida para un vello fillo da Gallaecia. Claro que sempre estaría López para foder a marrana marcando a realidade vixente.

1 comentario:

Carqueixa dijo...

Teña moito cuidado coas celebracións que igual temos que tirar dos aforros para comer. O das pensións están de "caspa caída" como diría o Caneda.
Que cumpra moitas repúblicas máis.
Parabéns