Publica hoxe Xosé Luís Barreiro, en La Voz de Galicia, un artigo que me parece fundamental para analizar o caso do xuíz Baltasar Garzón. Titulado La verdad sobre el caso Garzón, empeza dicindo que ao celebrado maxistrado “non van xulgalo por investigar os crimes do franquismo senón por terse declarado competente nese caso sabendo que non o era”. O non partir desta verdade, se cadra é o que está levando a algúns sectores da esquerda política española, a moitos estamentos da sociedade e a non poucos intelectuais e artistas –e mesmo a algún prestixioso medio de comunicación– a tomaren partido polo xuíz estrela sen parárense a pensar que as cousas sempre son máis como son que como parecen.
De non ser así, non se entendería dende logo a actuación do maxistrado Luciano Varela, que tén menos que ver coa dereita española e coa herdaza política do franquismo co propio Baltasar Garzón. Luciano Varela, antiguo amigo de Garzón e catapultador cara a fama mediática do xuíz andaluz, por terlle posto en badexa de prata a primeira denuncia levada a cabo en España por un arrepentido do narcotráfico, Ricardo Potabales, é calquera cousa menos un compañeiro de viaxe da Falanxe ou de calquera entidade, persoa ou cousa que reivindique o franquismo e menos aínda os seus noxentos e históricos crimes. Aínda que formado parcialmente e cercano durante algún tempo ao Opus Dei, Varela é un profesional progresista da Xustiza que curtiu a súa experiencia moito tempo na cidade de Pontevedra, na que sempre fecuentou amizades e modos de vida propios da cultura da esquerda e do galeguismo. Cometerían unha inxustiza de bulto ou polo menos un erro de desinformación os que agora quixesen embarcar a Luciano Varela no barco dos nostálxicos do franquismo contra a figura por antonomasia medíatica de Baltasar Garzón.
Eu comprendo a enorme frustración que representa, para todos os que aínda agora nos sentimos asoballados e humillados polos crimes da ditadura franquista, que non se leve a cabo a investigación e posterior xulgamento das barbaridades cometidas polos fascistas españois que desencadearon unha das guerras civís e posterior represión piores do século pasado, pero non se pode culpar disto á administración actual da Xustiza, senón aos poderes lexislativos que foron os que no seu día decidiron amnistiar os crimes de Franco e que nunca máis quixeron saber deles. A memoria histórica foinos arrebatada polos políticos gobernantes e non polos órganos de Xustiza, que poden seren culpables de moitas cousas pero non desta. España non fixo como Arxentina, país no que o bloque de cemento botado enriba dos crimes da ditadura militar polo goberno de Raúl Alfonsín foi logo esnaquizado polo de Néstor Kirchner co resultado de sentar no banquiño os ditadores que vivían placidamente nas súas casa de Buenos Aires ou nas súas estancias pampeanas. Os gobernantes españois pasaron a goma de borrar.
Por iso agora eu comprendo que Xosé Luís Barreiro nos lance a alerta de que “un bo xuiz desbocado non o fai mellor que un bo cabalo desbocado” e que “o caso Garzón non é máis ca o enfrontamento a morte entre dúas formas de entender a figura do xuíz: os que creen –como Varela– que o xuíz só está para instruir casos e ditar sentenzas de acordo coas leis, primando a función de xulgar correctamente sobre a de resolver os problemas da humanidade; e os que creen –como Garzón– que a xustiza é unha forma sui generis de gobernar o mundo e que, máis aló da monótona e funcionarial tarea de xulgar a presuntos delincuentes, prevaleve o intento de acabar co terrorismo, eliminar os ditadores, erradicar a coca, meter en cinto os malos Gobernos e procesar o Papa polos abusos sexuais dos curas irlandeses”.
13 comentarios:
Pois é unha conclusión bastante chusca, porque o que fan os xuíces é interpretar as leis e, en moitos, casos, casar as posibles discrepancias entre elas. O asunto non debe ser tan claro xa que outros xuíces da propia audiencia consideraron que era competente para proceder e nese caso tamén eles serían prevaricadores...
A maiores, a lei de amnistía (preconstitucional) está en contradición cos tratados internacionais asinados polo estado e os dereitos fundamentais ó acceso á xustiza á non impunidade, etc.
Tamén é discutible que a lei de amnistía se poda aplicar a ninguén neste caso, xa que o que investiga o xuíz Garzón son os desaparecidos e onde se atopan e, que saibamos, non hai "amnistiables" polo de agora.
Noutros termos ¿quen ve limitados os seus dereitos por que as familias dos desaparecidos podan identificar e saber onde se atopan os seus familiares?
Outra cousa curiosa da que se lle acusa é de actuar en contra do criterio da fiscalía, xustamente o que fai agora o xuíz Varela.
E por riba de todo, é indigno e eticamente reprobable que un país dito democrático permita que existan ducias de miles de cidadáns enterrados en foxas comúns sen posibilidade de identificación.
Efectivamente, isto debería dar moito que pensar a quen se pronuncie sobre o caso Garzón, con quen simpatizo por todo o que leva feito, pero simpatizo máis co rigor e co estabelecemento dos lindeiros nos que as competencias de cada quen deben ter o seu límite, porque a democracia e algo moi delicado e o asasino Franco tamén pensou que o exército estaba destinado a velar por cousas que non lle competían, armando (nunca tan oportuno o xerundio) a que armou. Haberá que reflexionar... Pero hoxe quero afearlle (con todo agarimo) a don Perfecto que me deixase en branco despois de responder cuns poucos termos ao seu reto de procurar equivalentes galegos a palabras foráneas doutras linguas. Son o Anónimo que lle escribiu o outro día (noite, por certo) máis ou menos isto:
Tuning" = 'anoseo' (neoloxismo), deverbativo de 'anosar'(voz patrimonial que significa facer noso algo alleo); "Chat", podería ser 'leria', co correspondente verbo 'leriar'. "Buzz", como verbo, 'zoar', como substantivo 'zunido'.
Tamén podiamos pensar en 'amiñar', (sería un neoloxismo con significado de facer meu algo alleo , co substantivo 'amiño'. Ambas as dúas palabras evocan as existentes: amañar, amaño, canda os pronomes posesivos meu, miña). Ex.: “Quero facerlle un amiño ao buga”; “vou amiñar o buga un pouco”. (utilizo ‘buga’ porque, polo xeral, quen fai amiños no coche son adolescentes ou ghilipollas). Tamén se podería pensar en ciberleria (para chat); ciberzoar, zunirede; ciberparola (para talk).
Que opina o meu admirado Perfecto Conde?
Está ben explicado o razonamento (que non verdade) sobre o caso Garzón, pero noutros artigos Barreiro, e a propósito da política, preséntase partidario de dar un paso sempre por fóra dos hábitos normativos. Asume que a vontade política (fóra dos mecanismos digamos regulamentarios) poda mover o mundo, cando este parece enquistado. Non sei por qué a xustiza non vai poder apurar ese asunto ou discutir alomenos as limitacións das leis. Garzón pode trabucarse e mesmo, nunha interpretación extremísima e torticeira do asunto, incurrir en prevaricación, pero, como o propio Barreiro comenta, parece resposta a todas luces desmesurada e desproporcionada (e a retórica contundente empregada por Varela é reveladora) diante das intencións reparadoras dos crimes aínda sen resolver.
Bos días a todos.
Magnífica o artigo de Barreiro, igual que as intervencións dos dous contertulios anónimos anteriores.
A excelente argumentación dos diferentes puntos puntos de vista -todos eles en verdade lexítimos e por suposto moi dignos de ser defendidos-, a min, particularmente, lévame á conclusión de que un asunto desta complexidade no se pode contemplar desde unha única perspectiva.
Con todo, a miña opinón coincide en grande parte coa do profesor Barreiro.
(Por certo, Don Perfeuto, vería hoxe vostede sen dúbida que o noso amigo Alfredo -Conde- fala de Croques no seu artigo.)
Perdón, son eu de novo.
É que acabo de ver agora a intervención de Don Arume dos Piñeiros, que sen dúbida debeu chegar ao blog mentres eu estaba escribindo a anterior miña.
Só quero aproveitar para enviarlle un saúdo, porque tras a lectura das súas palabras, como de costume tan brillantes, non podo senón insistir no que xa antes eu dicía.
Que teñan un día moi fermoso.
Hai que ter en conta que os litixantes son de extrema dereita e, polo si ou polo non, eles ou alguén das súas familias poden ter antecentes no asunto dos paseos (a simpatía por estes crimes xa a teñen máis que probada).Polo tanto, efectivamente, esta desmesurada reacción contra Garzón (a quen se lle apegou dende logo algo de Eliot Ness) agocha moitos rabos de palla. Eu coido que Varela viuse nun apuro que ben querería el evitar, e reaccionou coa "dura lex, sed lex".
Unha antiga xornalista da VdG en Vigo e agora escritora en libertadesdixitais, de cuxo nome non me quero nin acordar, escribiu o seguinte:
"Retorció una petición legítima para representar la farsa. Pidió, por si acaso, el certificado de defunción de Franco. Asustó a viudas. Inventó sobre la marcha los delitos que le convenían. Mostró su ignorancia de la Historia y la gramática."
Non sei as demáis razóns (o da gramática haberá que miralo), pero o de asustar viuvas é de prevaricador para arriba.
Xosé Luís Barreiro, El más poderoso
(El golpe de timón en el Gobierno) fue consecuencia del intento de Fraga de crear una mayoría natural —aunque de carácter muy artificial— a base de constantes coaliciones que luego se rompían. Las relaciones en el Gobierno se fueron enrareciendo a principios de la segunda legislatura, a raíz de la integración en la Coalición Popular de Coalición Galega, que pretendía convertirse en el centro, con apoyo del PDP, del Partido Liberal y de una parte de los Centristas de Ourense, a pesar de que nosotros, AP, éramos 24 y los otros sumaban 10. Yo advertí al partido de que no me parecía ni ilícito ni una mala estrategia pero que no se podía hacer a nuestra cuenta y que por tanto había que llamar al orden a nuestros aliados y decirles que o se estaba de un lado o de otro, pero que no se podía estar preparando esa aventura contra AP bajo el paraguas de AP.
Eso provocó una gran dispersión en el Gobierno que Xerardo Fernández Albor no controlaba y fue lo que nos llevó al encontronazo y a mí, a presentar la dimisión.
Como mis decisiones políticas son bastante radicales, una vez presentada la dimisión, no quise rectificar, y no quise volver a ese Gobierno, como hicieron algunos de los conselleiros que dimitieron conmigo. AP no lo interpretó como una defensa del partido, que es lo que era realmente —y de hecho funcionó— y a partir de entonces fue el descabalgamiento progresivo de Fernández Albor y el anuncio (de Romay) de que Fraga volvería antes de que terminase la legislatura.
Probablemente, yo tendría que haberlo dicho en los órganos del partido, y no en el Consello de la Xunta, pero tanto Fraga como Albor estaban advertidos de que yo no estaba de acuerdo con aquella situación. Lo que pudo sorprenderles es que yo dijese que por esa vía no seguía.
Para preservar su imagen, AP me trasladó a mí toda la responsabilidad y me acusó de traición y me fue desplazando, hasta que me tuve que marchar.
No pedí perdón por eso ni a Albor ni a nadie, lo que pasa es que Albor es una persona muy encantadora, y ¡hombre!, un cierto enfriamiento entre nosotros hubo pero yo siempre mantuve respeto y cariño hacia él. Hablamos en distintas ocasiones desde entonces, pero de esto nunca volvimos a hablar. Mi enfrentamiento fue más con el partido que con él.
Luego Fraga vino a Galicia y encontró que la mejor manera de asentar su liderazgo era machacando el mío y en eso se empeñó hasta la presentación de la denuncia contra mí (por la concesión de la lotería). Seguramente eso truncó mi carrera política porque me aparté muy pronto, no estaba dispuesto a hacer política en aquellas condiciones.
Cómo se presentaron las denuncias, en qué momento, qué había detrás y cómo se manejó la situación no hay duda de que fue un proceso político en el que la agonizante Audiencia Territorial y el naciente Tribunal Superior de Xustiza de Galicia actuaron como auténticos pardillos de un modelo judicial que después no se siguió en ningún otro sitio e hicieron —Dios me perdone— el payaso.
Dimití el día que me procesaron, de modo que no di tiempo a que me presionase el Gobierno tripartito. Hoy no lo haría porque en este país no hay cultura de la dimisión y el que dimite es un imbécil y el pueblo, en vez de agradecer la limpieza en el juego, convierte la dimisión en sospecha.
Si yo no hubiese dimitido (como conselleiro de la Presidencia del Gobierno tripartito), seguramente las cosas hubieran acabado de otra manera. Aguanté hasta las elecciones y las elecciones ya no me dejaron ninguna duda de que era el momento de irme para casa per vitam eternam. Y por tanto, con 39 años, abandoné todo.
Sí (fui visto en toda España como el gran felón). Ante el avance autonómico, en Madrid, los partidos estatales necesitaban demonios como ejemplo de lo que pasa a los que se creen poder hacer el camino según sus propios criterios. Hubo una gran coincidencia entre jueces, partidos, opinión pública y medios de comunicación de que lo mejor era acabar conmigo.
Pois nunha sociedade que declara ilegal un partido político por non condenar a violencia etarra, o que me parece estupendo, e mesmo conveniente, si que é relevante quen presenta a demanda contra Garzón. Falange e Manos limpias, entidades non ilegalizadas malia non condenar a violencia, lembremos unhas declaracións recentes do de Manos Limpias dicindo que grazas á violencia que exerceron na transición, a cousa non se desmadrou demasiado. Si que é relevante a parte demandante, desde logo, e a pureza xudicial e legalista me parece unha coña nun país onde a xustiza está tan politizada. Tamén cabe a posibilidade de que as liortas internas e ciúmes na propia Audiencia Nacional estean a influír de maneira notable en todo o proceso. En calquera caso, paréceme que aos demandantes pódelles saír o tiro pola culata, porque albisco unha reacción de asociacións e diversas persoas a prol da investigación dos crimes franquistas. Probablemente provoquen a reacción contraria, en vez de acobardarse, rexurdan con forza investigacións sobre os crimes.
Se a cousa foi como di o Portabales, aquilo da Nécora todo debeu ser unha montaxe da polícia, Garzón co Varela. Se non lembro mal, daquela colleron non a tódolos que foron, pero outros saliron mal parados sen ser, todos foron ao montón ata que se foron aclarando as cousas. ¿Pero quen lles quita aquel medo e o seu nome daquela votado polo chan aos que nada tiñan que ver na materia?.
Estes xuíces xogaron coa vida de moitas persoas iñocentes.
Neste video de Portabales algo di sobre isto. Cando o río sona auga leva.¿ Cando minte Portabales?. Agora ou antes.
http://www.youtube.com/watch?v=yH3hasPuk38
Cando Barreiro acordou, a Falanxe aínda estaba alí, gobernando vontades e impartindo xustiza.
Artigo noxento do GRAN ANALISTA POLÍTICO.
A TERRA QUERE POBO, BARREIRO NON QUERE QUE A TERRA DOS MORTOS POLO FRANQUISMO TEÑA POBO.
xustizas.f. 1. Respecto e recoñecemento dos dereitos e do mérito dunha persoa. Tratar á xente con xustiza. ANT. inxustiza.CF. equidade. 2. Poder para aplica-lo dereito que rexe as relacións entre as persoas, e exercicio dese poder. A xustiza castiga os delictos. Administrar xustiza. O peso da xustiza caerá sobre o culpable. 3. Conxunto de organismos encargados de exercer ese poder, e persoas que os representan. Estar un asunto en mans da xustiza. Búscao a xustiza.s En xustiza.Segundo os dereitos e o mérito dun. / Facer xustiza. 1. Aplica-las leis. 2. Dar a cada un o que lle corresponde. / Ser de xustiza.Ser conforme ós dereitos e ó mérito dunha persoa.
xuízs.m. (f. xuíza) 1. Funcionario encargado de
administrar xustiza e aplica-las leis. O xuíz declarou inocente ó acusado. CF. maxistrado. 2. Persoa que decide nunha cuestión que presenta dúas ou máis alternativas. Non quero se-lo xuíz desta discusión. É á vez xuíz e parte. Eu son o meu único xuíz. 3. Árbitro de certas competicións deportivas, ou axudante deste. O xuíz disparou a pistola para dárlle-lo sinal de saída ós corredores. Os xuíces dun partido de tenis. Os que aplican as regras nun partido de fútbol son os árbitros e os xuíces de liña. s Xuíz de paz.Persoa elixida polo pobo do concello, que se ocupa do rexistro civil e dos casos de pouca gravidade nun municipio onde non hai xuíz.
Non sei como explicarlle ás miñas fillas esto do Xuiz Garzón.
Cecais haxa que voltar a aquel berro que dicía algo así como: Un mundo máis xusto? NON.... Eu quero un mundo máis amplo para poder rebulirme......
I would like to exchange links with your site perfectoconde.blogspot.com
Is this possible?
Publicar un comentario