lunes, agosto 30, 2010

Eche unha estafa

Remata o verán. Inevitabelmente volvemos ás nosas vidas de sempre. “Les sanglots longs des violons de l’autonne blessent mon coeur d’une langueur monotone” . Eche unha estafa, como lle gustaba dicir ao pai de Carlos Reigosa, que nos levou comer a Xan López Rico, a Belén a min ou outro día ao Chao do Pousadoiro (Lugo).
¿E que hai nesta rentrée galega? Faits divers polo de agora, e pouco máis. Galicia é neste momento un inmenso mapa de sucesos con persoas desparecidas, algunhas que volven a aparecer, preocupantes feitos mafiosos coma os relacionados coa prostitución en Lugo, incendios forestais, accidentes de tráfico, etc. Non sei que fai Santiago Rey que non pon en marcha inmediatamente a resurrección de El Caso cunha boa subvención da Xunta.
Politicamente agora mesmo somos un auténtico ermo. Nin á dereita nin á esquerda, nin no goberno nin na oposición, está cultivándose nada novo. Os medios de comunicación vexetan nunha leira abonada polo esterco do conformismo, os intelectuais –¿haberaos?– botan a siesta dende hai moito tempo e o país deriva como nunca cara ao impaís que sempre remata sendo.
Ou moito me equivoco ou os saloucos longos dos violíns do outono van ferir os nosos corazóns cunha lánguida monotonía durante moito tempo, con permiso de Paul Verlaine.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

O do convite é novedoso, ainda insólito vindo de quen ven. O demais non e novo.

Anónimo dijo...

non di convite, di "que nos levou comer"

Calusa dijo...

Escoito a António Zambujo como quen sinte unha música altísima. Ora, eu non lle diría fadista. Algo hai, si, pero Zambujo está moito máis perto de Fausto, ¿lembran?, que de Camané, Raquel Tavares ou Katia Guerreiro. Por citar tres que si cantan fado, e non máis que fado. (Aínda así agradézolle, señor Conde, que me dera a coñecer a cantante categórico; como o seu blog, caro don Perfeuto).

Anónimo dijo...

É verdade. Non di convite. E se non os convidou o asunto xa non é novidoso ainda que ten o seu lado bó: non ten sentido especular sobre a saúde do ReigoSA.

Calusa dijo...

¡Que malos son vostedes! Eu a falar de música celestial, aínda que non sexa máis que fado pequeniño, e os anónimos estes a insinuar forricherías e ruindades. ¡Escoiten "Guía" de António Zambujo e non amolen, carafio!

Anónimo dijo...

Non se moleste, Calusa, carallo. Eu xa seguin as recomendacions de don Perfeuto o primeiro Dia, e ainda comparto algunha das súas consideracións (as súas, non as de don Perfeuto), e o tal Zambujo paréceme de voz moi blandiña para o desgarro do dado (que non para outras cousas que canta).
¿Quedou mellor vostede?
p.s.: Eu non acredito, non pode ser certo que o almorzo o pagase ReigoSA.

Anónimo dijo...

FI DI RITAS
Onde dixen "dado" quixen poñer "fado". Os demos dos correctores automáticos.

Bouza Grande dijo...

Pois eu fun comer unha vez con Reigosa. E pagamos cada un o noso.

Anónimo dijo...

Iso é máis normal, Bouza Grande. Pero hoxe alguén deu a entender que o ReigoSA tiña pagado o dos catro, e os que lle queremos ben xa estábamos preocupados pola súa saude.