viernes, mayo 11, 2012

Ao presidente do Supremo gústalle Puerto Banús


O presidente do Supremo saúda ao cardeal Rouco Varela

Carlos Dívar tén sona de ser un home moi relixioso e devoto da Virxe de Fátima, á que atribúe que non lle pasase nada cando ETA tentou facelo vítima dun atentado terrorista no 2003. De mentalidade moi conservadora e tradicional, acostuma pregerinar frecuentemente á Terra Santa e gústalle dar todas as conferencias que lle encarga o Arzobispado de Madrid. O que non se sabía, ata que o denunciou José Manuel Gómez Benítez, vocal do Tribunal Supremo, é que o actual presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo tamén é moi amante de pasar longos fins de semana –”semanas caribeñas” lles chaman os do seu oficio– no elitista Puerto Banús de Marbella con cargo ao erario público.
Conta hoxe José Yoldi, en El País, que Carlos Dívar viaxou 20 veces a Puerto Banús, aloxándose sempre no mesmo hotel de luxo, dende novembro de 2008 a marzo de 2012, sen que haxa contancia de actos oficiais que xustificasen o cargo ao erario público dos seus gastos, en total 12.996,09 euros, aos que habería que engadir os custos de desprazamento, aloxamento e manutención dos grupos de escolta que lle prestaron seguridade.
Logo da denuncia presentada por Gómez Benítez, o caso está sendo investigado pola Fiscalía e non estaría de máis que a opinión pública chegase a coñecer todos e cada un dos pormenores que caracterizan este novo escándalo da jet society administrativa. A crise que nos corroe a todos esixe que polo menos haxa transparencia.

1 comentario:

José Manuel Álvarez Veiga dijo...

E Garzón inhabilitado...