viernes, mayo 25, 2012

De Eurovisión líbranos Señor


Pastora Soler

Sandrine Morel, correspondente de Le Monde en Madrid, pregúntase hoxe se España vai tan mal que non pode permitirse o luxo de lograr unha vitoria en Eurovisión. Baséase en que a candidata a este certame, Pastora Soler, dixo que responsábeis de TVE lle pediron que, por favor, non gañase. Referíndose á organización da conseguinte edición do festival, a cantante española dixo que “se se gañase, creo que sería imposíbel porque custa una enormidade de diñeiro”.
Eefectivamente, nunha España cada vez máis sometida a unha política de austeridade, cunha recesión do 0,3 por cento no seu PIB durante o primeiro trimestre do 2012, coa maior taxa de paro da Unión Europea (24,4 por cento da poboación activa), a RTVE viu como lle reducían 204 millóns de euros neste ano sobre un total de 1,2 millóns.
Xa no mes de febreiro, o daquela presidente de turno do Consello de Administración de RTVE, José Manuel Silva, advertiu de que había “perigo serio de non poder seguir representando o papel de servizo público”, e, dende entón, as cousas non fixeron máis ca empiorar para a TVE, principalmente, pero tamén para RNE.
Quizais á pregunta da correspondente de Le Monde habería que engadirlle outra: por que non se suprime dunha vez esa horterada que representa o festival de Eurovisión e se dedica a millonada que custa a facer televisións públicas de verdade?