viernes, mayo 04, 2012

Bergallazo

Berga, un concello barcelonés gobernado por CiU, acaba de decrarar "persoa non grata" o Rei de España, Xoán Carlos I, por entroncar "directamente co seu antepasado Felipe V de Borbón, responsábel da perda de liberdades nacionais que os Paisos Catalans aínda non recuperaron" e porque "non se pode descartar a implicación directa do Monarca no golpe de Estado" do 23 de febreiro de 1981.
Ademais, a moción presentada pola formación independentista de ámbito local CUP, terceiro grupo en representación municipal con tres dos 17 concelleiros, que foi aprobada coa abstención de CiU e do PSC e co voto en contra do PP, tamén cuestiona o comportamento persoal de Xoán Carlos I, "marcado por todo tipo de escándalos e delitos que chegan ao punto culminante co asunto de Bostwana". Segundo a moción aprobada, Xoán Carlos I non é Rei como resultado dun proceso democrático senón como consecuencia dunha herdanza ditada por Franco. De paso, o Concello de Berga tamén lle retira a Franco o título de Fillo Adoptivo e a Medalla de Ouro que lle foron concedidos o 17 de xullo de 1962.
Vaia bergallazo!