jueves, febrero 14, 2008
Babecadas
Prohibinme a min mesmo escribir unha soa palabra sobre os lamentábeis sucesos protagonizados nunha Facultade de Santiago por un grupo de supostos estudiantes e os que lle gardan as costas á política conservadora vasca María San Gil. E coido que fixen ben. Agora pregúntome se eu tamén sería capaz de analizar un feito coma ese coa frivolidade e a simpleza que desbordaron a maior parte dos comentaristas que se ocuparon do asunto en prensa, radio e demais parafernalia mediática. Dá arrepío ver como sesudos representantes do pensamento politicamente correcto, supostos sabios de Universidade, políticos, altos cargos, etc. non dixeron e escribiron máis que babecadas das que se venden en calquera todo a cen do establishment. E o máis curioso foi observar como esa febre de simplismo afectou máis aínda a algúns agiornatos dos que parece que esquenceron que aínda foi onte cando andiveron eles nas barricadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Abofé que hoxe está críptico de máis, don Perfeuto. Podería falar con máis claridade? É que eu sónlle un chisco curto e desinformado.
Móllese, don Perfeuto.
Críptico ou crítico? Non estará a lembrarse dos que foran condeados polo asalto ó Concello d'Allariz?
Cherchez la femme! Esta antigua consigna policial podría aportar más de una pista al caso. Exempli gratia: ¿Quien propala la infamia? Alemania. ¿Quien financia la campaña? España. ¿Quien participa en la guerra? Inglaterra. ¿Y quien obtiene la ganancia? Francia.
Best regards and you all take care!
Os que onte andaban polas barricadas, agora comen con culler e coitelos de prata. Facendo o que están a facer agardan chegar a comer cos de ouro. Mala centella os coma.
O que pasou o outro día na Facultade de Económicas foi unha música celestial en comparación co que se facía nos anos 70, estándo o Touriño nesa facultade. ¡Hai carallo!. Iso agora non se pode facer estámos nunha "democracia borbónica"
Animo aos rapaces de Económicas, compre xuventude activa e que se rebele contra a presencias como a desta señora tan agresiva, tardofranquista e facha, a súa presencia foi un insulto a liberade que debe estar ondeando sempre na universidade. Esou seguro de que agresión procedeu dos seus matóns. Aos matóns debería estarlle prohibida a entrada a universidade, e os gardas da seguridade, non son quen de intervir en asuntos políticos, non son quen de reprimir unha manifestación. E o peor é que non deberían entrar armas na universidade.
A xustiza española está completamente espectacularizada, é un circo.
Anónimo eres tonto ou faste. Deixa de dicir chorradas e pensa, aínda que xa sei que é moito pedir
Publicar un comentario