jueves, febrero 28, 2008
O Hitler dos gatos
Un, que sabe que hai xente para todo, non se acostumará nunca a ver o delirante espectáculo de crueldade e infamia que practican algunhas persoas contra os animais. Xaime Ferrero Ávila, 24 anos, natural e veciño de Talavera de la Reina (Toledo), e Xoán Carlos Vázquez, da mesma localidade, acaban de seren fulminantemente expulsados de Nuevas Generaciones, organización xuvenil do Partido Popular, por practicaren malos tratos e asañamento contra varios gatos que esfolaron ata a morte e cos que logo se fotografa-
ron.
Este par de indecentes torturadores foron previamente denunciados por Xosefa Sánchez Marín, en nome e representa-
ción da Asociación Protectora de Animais e Plantas “Arca de Noé” de Albacete, por presunto mal trato inxustifi-
cado e con asaña-
mento de animais domésticos. O comité executivo provincial de Nuevas Generaciones de Toledo anunciou a expulsión “directa e automática” destes dous preas “ante a evidencia irrefutábel de imáxes e testemuños que non deixan lugar a dúbidas sobre a crueldade e insensibilidade” da que fixeron gala Xaime Ferrero Ávila e Xoán Carlos Vázquez.
Dase a casualidade de que Xaime Ferrero formou parte da candidatura municipal do PP por Talavera de la Reina nas eleccións municipais que tiveron lugar no 2006. Ocupaba o número 24 da lista.
Aínda que dá arrepío e asco mirar as fotos nas que se ve parte das fazañas destes aprendices de Hitler, cómpre botarlles unha mirada para ir sabendo a que límites pode chegar a estupidez humana.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Supoño que actuará a Xusticia, mesmo de oficio.
Non se agrede aos dereitos dos animais. ¡Agrédense aos Dereitos Humáns!.
Disto non di nada Rajoy cando sae na TV. Pois no seu partido é no milita xente coma estes tarados, cazadores, os que matan o raposo e similares.
Espeluznante, deleznable, intolerable, castigable de oficio.
(Unha suxestión, don Perfeuto, non galeguice o nome desas bestas pardas, por favor)
En primeiro lugar, de cazadores nada. Coñezo cazadores de verdade aos que lles daría noxo seren comparados cone stes enrgúmenos.
En segundo lugar, non acabo de comprender porque os expulsaron do PP... ¿non era unha das tarefas nas Escolas de Guerra de certos países dictatorias a de criar un animal de compaña para degolalo o día da entrega de despachos, coma unha maneira de entregar ata o máis querido á patria? ¿Non estarán estes mozotes repetindo o que lles aprenderon os seus maiores? ¿Non hai que practicar para torturar como é debido?
Non acabo de entender porque os expulsan os do PP... ¡Ai, xa, debe ser por seren tan parvos de deixar que as súas imaxes caian en mans inaxeitadas! ¿Será por iso?
Saúdos.
Dame arrepío o pensar que están facendo prácticas para usar esa maldade contra os que non pensan como eles. ¿Que sociedade estamos a facer?. Se di que temos que aprender da historia negativa para non volver a repetila. Coido que comezamos este século XXI cunha mocedade que está a recoller o máis negativo da Europa Hitleriana, franquista e musoliniana. ¿que coño lles enseñan nas escolas de historia a estes "aprendices da tortura".
Venme a mente algo espeluznante, o máis terrible sería que moitos destes "tarados" se metan a oposicións para a Garda Civil e que entraran no corpo. Esta é a pregunta do millón. ¿Estarán xa algúns deste nos corpos policiais?. Gatillo fácil e mangas anchas.
Qué salvaxada!!! Espero que o asunto esté xa na vía penal.
malditos asesinos.
pobres gatos, dondé quedan los derechos d elos animalitos en ese país???
qué pena de fotos
¿carroñero pendiente de la libertad?
Publicar un comentario