lunes, septiembre 15, 2008

Intelectuais a 35 euros

Falo de oídas e pola ollada que lle acabo de botar á carta do restaurante de Toñi Vicente na súa web. Se un non é intelectual da vieira, non hai maneira de comer alí por menos de 70 euros, e iso sen pasarse co viño nin ir con fame abonda para precisar comer peixe e carne. Un menú degustación custa 78 euros máis Ive.
Porén, a partir da homenaxe que lle tributaron á cociñeira a semana pasada, encabezada por Xosé Manuel Beiras, existe a posibilidade de encher ben a panza no restaurante da rúa compostelá de Rosalía de Castro pagando moito menos. Abondorá con pedir o Menú Intelectual da Vieira, que só custa 35 euros e está composto por salmón marinado, gazpacho, atún en escabeche e vieiras regadas con Albariño. Disque un grupo de lúcidos esculcadores da realidade galega está redactando un manifesto no que se regulamentarán as normas para comer en Toñi Vicente a este módico prezo.
Intelectuais a 35 euros. Contábase que Pérez Varela pagábaos a 1.200. A crise é a crise.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Sentoulle ben a folganza, don Perfeuto. E o López tamén vive intres de especial inxenio. Leña.

Anónimo dijo...

Toñi Vicente dixo que invitaba ela, e os nosos preclaros intelectuais (con Bieiras á cabeza) dixeron que de ningunha maneira, que eles pagaban o seu. Pero só abonaron a metade: que panda de cutres!

Creo que non se tiña visto unha astracanada tan grande desde que Pérez Varela dixo o de Carmiña Burana, gran cantante galega.

Anónimo dijo...

Estes "intelectuais" están a montar un novo chiringuito: O Club das Vieiras Mortas. XMB vai ser o cabezaleiro, of course.

Anónimo dijo...

Concordo con vostés en que a estes "intelectuais" (¿cántos dos da foto o son?) esquecéuselles o papel que deben xogar na sociedade (foi un acto público, non unha mostra privada de solidaridade, por eso podemos falar), se cadra, por comer moita vieira amnésica.
De todos os xeitos, o balance que este país debe facer da aportación intelectual e política de Beiras dista moito destas tonterías e será dos máis importantes do século pasado. Algúns esperamos que aporte tamén neste.

Anónimo dijo...

Co gallo deste asunto lin por aí que o que lle pasa a Beiras é que vai vello e que xa non disntingue o trigo da palla. Déixense de coñas, o Beiras Torrado, agora Vieiras Torradas, sempre foi así. Un señorito. Da Reboraina ou sen Reboraina. Un señorito da clase media compostelana, que ven sendo a máis rancia e conservadora de Galicia con moita diferencia. Agora, iso si, un señorito de caldo á merenda. Galeguista, engreído, soberbio, presumido e fráxil coma unha flor de maio.
¿A que non viron nunca o nome ou a firma de Beiras debaixo dunha reinvindicación proletaria ou pedindo liberdade para un comunista ou un anarquista preso por Franco? Non, o seu é aparecer en manifestos culturaliños ou en proclamas emitidos para maior gloria dos seus amigos (Diaz Pardo, etc). Beiras, se fose francés e vivise en París –que é de donde sempre quixo ser– sería un descoñecido asesor de Lionel Jospin ou, pior aínda, de Segolene Royal. Mandaría artigos para que llos publicase "La Voz de Galicia", co que xa lle pasaría a xenreira que lle colleu a este xornal, tomaría café a seis euros o pocillo en Cafe de Flore e veriase unha vez á semana con ese outros dous grandes intelectualzas galegos que son Ignacio Ramonet e Ramón Chao. Por certo, que raro que estes non defenderan tamén a Toñi Vicente. Faltaron eles e Manuel Rivas para completar o comando da vieira desmemoriante.
O raro do caso é que fose xente do BNG e arredores a que saíu a quitarlle as castañas do lume á cociñeira supostamente delincuente. No foron os de Fraga, que foi quen máis fixo polo empoleiramento do seu restaurante, nin os de Touriño. Foron os de Beiras, e volvemos á orixe deste comentario. Sucedeu así pola sencilla razón que xa espuxen: que Beiras é un señorito de caldo á merenda.

Anónimo dijo...

Unha cousa é criticar a Beiras polo caso concreto do inexplicable apoio a Toñi Vicente e outra e a descalificación que fai o anónimo anterior.
Beiras ten firmado numerosas veces en favor da clase obreira e dos campesiños galegos e ten adicado a súa vida á encomiable labor de vangarda intelectual do país.
Se Beiras non tivese esa conciencia social e nacional a súa vida tería sido moito máis cómoda e os beneficios do seu traballo moito máis gratificante para el.

Anónimo dijo...

Certamente o caso das vieiras ten dado carrete a algún para facerlle o sumarísimo xuizo ao Beiras. Parecería que Kalikatres estaba tras da porta con frusleiro na mán a espera de que Beiras pasase por alí.

Anónimo dijo...

Hai intelectuais de Nazón que nen valen os 35 euros.
A min o que me ten sen viver en min é a resposta de Xosé Manuel Beiras cando lle preguntaron as razóns da súa presenza no acto solidario con Toñi. Vinno na tele, que conste.
Respostou o político nacionalista que él estaba alí porque era amigo e admirador de Toñi, e porque era galego.

O segundo motivo, con todo respeto ás canas do vello profesor, non parece ter moito peso frente a un monto de vieiras sen eviscerar e empapadas en toxina.

Tamén estaba outro profesor da canteira da USC. Lembran -seguro que sí, porque vostedes non zampan vieiras toñescas- ao profesor David de Prado? Sí, aquel que impartía masters en Creatividade e Super-Creatividade, e que rematou como rematou.
E tamén estaba o grande escritor Perozo, quen, trala morte de Camilo José Pela, declarou que "Cela no será recordado como novelista", seguro que acertou o asesor de Sánchez Bugallo, seguro.

Con estes amigos, Toñi leva as de gañar.

Anónimo dijo...

Pois a min o que me parece é que Kalikatres retratou bastante ben a Beiras.

Anónimo dijo...

Estes "intelectuais" o que tiñan que facer é organizar unha cea en defensa da "restauradora" e, xa postos, probar desa vieira tan rica que vendía a homenaxeada.

Anónimo dijo...

Eu tamén estou de acordo con Kalikatres. O que pasa é que Beiras inventouse a medida unha lenda de "combatente anti-franquista" e moitos, que non viviron ou apenas viviron esa época, están dispostos a crela. Beiras fíxose un enragé esquerdista coa democracia, non antes, cando era moi cauto e moderado. "Primeiro quita a cátedra e despois dedícate á política", díxolle a comezos dos setenta a un primo seu, que despois acabou como acabou (o primo).