sábado, septiembre 13, 2008

Os intelectuais da vieira


Parece que se vai sabendo por que os “intelec-
tuais da vieira”
–así os bautiza hoxe El País– andan tan abraiados co que lle pasou a Toñi Vicente. Para eles, o grave non é que a restauradora presuntamente irrespetase a lexislación vixente en materia de comercio e saúde pública senón o feito de que a amiga dos homenaxeadores “fose esposada e detida no restaurante e trasladada a comisaría e que non se procese a quen contamina a ría, a quen colocou alí a bomba de Reganosa ou os que causaron o paro que obriga a desempregados de 50 anos a buscarse a vida” (Beiras dixit).
Agora descubrimos, ademais, que o importante do asunto é que a homenaxe tributada onte a Toñi Vicente foi “unha reacción cívica de repudio á lapidación que se fixo dende un determinado medio de comunicación”, ao que Beiras se referíu con todas as palabras, La Voz de Galicia, e do que dixo que “non é propio dun xornalismo de calidade e de respecto aos cidadáns o converter en chivo espiatorio unha persoa non sei ben por que”.
José Precedo, o xornalista de El País que conta os feitos como hai que contalos, na súa crónica de de hoxe, lémbralle a Beiras que “ese non sei ben por que, en realidade, é un presunto delicto contra a saúde pública que o xuíz lle imputou á restauradora por comprar a furtivos vieiras presuntamente contaminadas”. Precedo engade que “polo mesmo caso, catro mariscadores ingresaron esta semana no cárcere de Teixeiro”.
A teima de Beiras con La Voz de Galicia vén dende hai moito tempo e ata pode que teña razóns persoais para alimentala, pero o que non debería facer un home tan supostamente ilustrado e lúcido coma el é confundir o cu coas témporas. O xornal de Santiago Rey, que ten moitas chatas pero tamén moitas virtudes, polo tratamento que lle deu ao caso das vieiras de Toñi Vicente, non merece a análise lapidaria e irresponsábel que lle dedica Xosé Manuel Beiras para defender a súa amiga Toñi Vicente. En toda a información que foi dando La Voz de Galicia dende que estalou o escándalo, eu non apreciei absolutamente nada que faga acreditar na análise intempestiva que fai o ex líder do BNG. Beiras, ademais, é inxusto porque aplica esa análise única e exclusivamente ao xornal coruñés e non alude para nada a ningún dos numerosísimos outros medios que trataron o caso exactamente da mesma maneira. Non é que queira eu defender especialmente La Voz de Galicia, pero se o que quería Beiras era salvar a Toñi Vicente contra vento e vieira, debería abondarlle con facelo pola súa conta. E punto.

Nota.– Observo, pola foto que publica Galicia Hoxe, e que me tomo a liberdade de reproducir, que entre os homenaxeantes hai algúns –realmente poucos– amigos meus que aprezo de verdade. Lamento non coincidir con eles neste tema, e agardo que eles podan entender a miña discordancia .

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Non, se ao final nos imos ter que cabrear, e non queriamos: diso se trata, dun presunto delicto contra a saúde pública polo que outras catro persoas, ás que ninguén les fai desagravios, xa están en prisión. Carallo con tanto conto e tanta merda!!! Fai falta telos postísimos. Anda que se están a lucir.

cneirac dijo...

Vale. Porén, toda ocasión é pouca para poñer a parir a La Voz de Galicia e as súas cruzadas, independentemente deste caso. E dillo un que con Beiras non coincide practicamente nunca.

Anónimo dijo...

Porque están na cadea os mariscadores, por risco de fuga? porque poden destruir probas, ou simplemente por joder?
Ultimamente o "concepto" alarma social estase usando de forma curiosa. Eu realmente teño medo de que me agredan eses mariscadores cunha vieira tóxica, mais que nada por si ma fan comer con cuncha e todo.

Respecto da Voz, eu si vexo un "problema" en que mencione o nome de Toñi Vicente e se oculte o de outros implicados.
A Voz peca continuamente de sensacionalismo, xa me gustaría ver unha análise seria sobre varios aspectos do pais, empezando pola Cidade da Cultura, o funcionamento das Caixas, Fenosa, o "mercado eólico", a situción do galego, etc.
Por certo que cando publiquen algo da Cidade poden incluir un dossier de prensa coas páxinas da Voz publicadas antes do 2005, son realmente moi instructivas.

Por último, agradezolle que volva escribir, ainda que non pensemos o mesmo. É un prazer ler a súa opinión.

Anónimo dijo...

Cres que sen a Voz de Galicia o país sería mellor? É por saber.

Anónimo dijo...

A Beiras xa se lle empeza a coñecer como Xosé Manuel Vieiras.

E é que confundir o cu coas témporas xa vén sendo marca habitual no outrora lúcido líder do nacionalismo, cuxa tendencia a desbardallar xa comeza a ser preocupante.

Serán os anos ou será o consumo indiscriminado de vieiras na Toñi que disque causan efectos neurolóxicos?

Anónimo dijo...

Non, dígoo porque a Voz foi o único medio que deu a noticia da detención de Toñi Vicente. Os demais viñeron detrais. É por saber, unicamente. O que che pareza mellor.

Anónimo dijo...

Pois está Beiras, como para predicar, vamos. Sentado a esa mesa.

Anónimo dijo...

A Toñi, coñecida por ofrecer os seus servizos de alto standing á alta clase política galega, foi detida no Ferrol cando se facía con mercancía para os servizos que lle solicaban os seus clientes habituais da Xunta.

Debido o mal estado da mercancía, escasa de hixiene e inspección sanitaria, pregáse a tódolos altos cargos que disfrutaron dos servizos da Toñi entre 2002 e 2008 que pasen inmediatamente polo ambulatorio que teñan mais á man, especialmente os que non tomaron as precaucións necesarias que se deben observar en esta clase de establecimientos, e se informa que poden facer o mesmo cas facturas da Toñi, ou sexa cargalas á consellería.

Volver arriba


raxozorza
Convidado





Publicado: Dom Set 07, 2008 10:21 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Eu xa o sabia, por algho cando vou a compos sempre papo no "cuatro vientos"

Volver arriba


Kanfurnas
Convidado





Publicado: Dom Set 07, 2008 11:08 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

De que clase de "servizos" falas?


Volver arriba


Steamroller blues



Rexistrado: 07 Abr 2006
Mensaxes: 6298
Ubicación: Compostela
Publicado: Lun Set 08, 2008 10:00 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Pois eu se fora un alto cargo da Xunta estaría preocupadísimo, non por ter pasado ás minutas da Toñi á Conselleriía, non, senón porque según me informa un familiar que traballa nunha empresa de control de calidade alimentaria, os síntomas de estas neurotoxinas son desvastadores ... primeiro se te pon a cara como unha calabaza con un sarpullido horroros, mais tarde a relaxación muscular fai que te cagues enrriba ademáis de babexar como una can no mes de xullo, e por último se pon a polla negra e se te cae a cachos. Así que se hai algún alto cargo afectado, ... ¡Qué se foda! ... Juas, juas, juas. Xa se sabe o que dó re frán : "onde sacas a olla, coidado ca polla"

Volver arriba


Convidado






Publicado: Lun Set 08, 2008 10:42 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Para que digan que os políticos gañan moito. Para os riscos que corren, é unha miseria o que cobran.
Xa ves, escagarriados de por vida pola inxesta de viandas infectas en restaurantes de luxo.
Esto so lles pode pasar ós políticos, a quen o "estatus-visa-oro-de-la-junta" lles impón tan singulares obrigas.

Volver arriba


Steamroller blues



Rexistrado: 07 Abr 2006
Mensaxes: 6298
Ubicación: Compostela
Publicado: Lun Set 08, 2008 11:01 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

raxozorza escribiu:
Eu xa o sabia, por algho cando vou a compos sempre papo no "cuatro vientos"

Eu tamen teño ido moito ao "cuatro hambrientos" a comer por catro pesos a sopa, o polo con patacas, a mazá de postre e o cafe de pota ... todo legal, os course.

Volver arriba


Steamroller blues



Rexistrado: 07 Abr 2006
Mensaxes: 6298
Ubicación: Compostela
Publicado: Lun Set 08, 2008 11:30 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

La conselleira de Pesca declinó ayer pronunciarse acerca de una cuestión sobre la que hay una investigación judicial en marcha. Desde su departamento recordaron que se mantiene estrecha vigilancia para evitar la extracción de un molusco que, actualmente, no se puede capturar en aguas gallegas por los elevados índices de toxina ASP (amnésica). Como prueba de esa actividad inspectora citan la operación del Servizo de Gardacostas de Galicia. Sin ir más lejos, en julio se incautaron en Santiago de casi 1.500 piezas y se denunció a la persona que las transportaba.? Las mismas fuentes recordaron que Pesca y Sanidade han alertado en varias ocasiones del peligro que supone consumir vieira con toxina. Pese a la creencia popular de que retirándole el hepatopáncreas a la pieza (el tejido que recubre la vianda y que acumula la mayor parte de los aminoácidos peligrosos) se elimina el riesgo, los efectos nocivos permanecen. Ocurre que, a diferencia de otras toxinas, como la diarreica, que se manifiesta con gastroenteritis, la ASP es acumulativa y, a la larga, puede producir pérdida de memoria y otros daños neuronales.

Agora se explican moitas cousas ...

Volver arriba


Convidado






Publicado: Lun Set 08, 2008 12:39 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Nos comentários à esta nova fala-se de algum deputadinho do Bng que se enchía a vieiras nesse restaurante da Tonhi.

Sabedes algo??

Que bem vivem mentres os demais a currar !!!

Assi se comprende melhor que os benegalhos nom percurem grandes mudanças políticas....e abandonem o nacionalismo.

Volver arriba


DJ Bive



Rexistrado: 17 Abr 2006
Mensaxes: 1878

Publicado: Lun Set 08, 2008 12:43 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Chegou o pessoal da "moral e bons costumes" que não sabe diferenciar o que é vida pública e vida privada.

Estamos feitos com estes moralistas..

Volver arriba


Convidado






Publicado: Lun Set 08, 2008 12:58 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

DJ Bive escribiu:
Chegou o pessoal da "moral e bons costumes" que não sabe diferenciar o que é vida pública e vida privada.

Estamos feitos com estes moralistas..


Certo. A vida pública é ir á da Toñi a xantar ca "visa-oro-de-la-junta", e a vida privada e ir á da Toñi a xantar vieiras ca querida e decirlle "me lo apuntas en la cuenta de la junta" (*)


(*) E que os nosos diputados cando van a sitios sin populacho, acostuman a falar "castellano, como en casa".


Algúns neoricos, canto mais finos queren ser, mais merda comen

Volver arriba


DJ Bive



Rexistrado: 17 Abr 2006
Mensaxes: 1878

Publicado: Lun Set 08, 2008 1:01 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Não estou a par do caso mas, se foram utilizados dinheiros públicos para pagar favores sexuais, ou outras despesas indevidas, isso sim, é grave. Se pagaram do seu bolso/peto , ninguém tem nada com isso.

Volver arriba


Convidado






Publicado: Lun Set 08, 2008 2:16 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Anonymous escribiu:
Nos comentários à esta nova fala-se de algum deputadinho do Bng que se enchía a vieiras nesse restaurante da Tonhi.

Sabedes algo??

Que bem vivem mentres os demais a currar !!!

Assi se comprende melhor que os benegalhos nom percurem grandes mudanças políticas....e abandonem o nacionalismo.



¿Non te estarás a referir a Bento Love?

Volver arriba


Inquérito
Convidado





Publicado: Lun Set 08, 2008 2:41 pm Asunto: Atlas Espanhol da Galiza

--------------------------------------------------------------------------------

Que pensades os arroutados da actual divisom provincial galega? Alguma utilidade? Um invento madrileno ou algum fundamento populacional?

Senteste Corunhês ou Pontevedrês?



Volver arriba


Convidado






Publicado: Lun Set 08, 2008 2:42 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Fio errado

Volver arriba


Convidado






Publicado: Lun Set 08, 2008 11:01 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Non ten sentido o das provincias. Eu síntome galego. En todo caso tería xeito o das comarcas.

Volver arriba


Puentevedrinos
Convidado





Publicado: Lun Set 08, 2008 11:32 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Pontevedrés, non ohh!

Volver arriba


Convidado






Publicado: Mar Set 09, 2008 9:45 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Según os xornais de oxe, a cociñeira Toñi mercaba vieiras con toxina da amnesia ca sana intención de efrecerllelo mellor ós seus queridos clientes.

Nono entendo, señora Toñi.

¿Son tan importantes os seus clientes que pode vostede pasar a lei polo forro para satifacelos?
¿Merecen os seus queridos clientes que vostede os envelene?

Señora Toñi, as persoas coma vostede sobran na nosa terra.

Volver arriba


Thomas Müntzer



Rexistrado: 09 Feb 2007
Mensaxes: 217
Ubicación: Ferrolterra-GZ
Publicado: Mar Set 09, 2008 10:07 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

A verdade non ten sentido xogarse o prestixio por unha merda coma esa.
Por certo como lles gustou ao telediarios de onte sacar as duas noticias seguidas: toxina na ria de ferrol e a ria de vigo chea de deterxente.

Volver arriba


Ex-Arroutado
Convidado





Publicado: Mar Set 09, 2008 10:11 am Asunto: Quem sobra !!!

--------------------------------------------------------------------------------

Tamém sobra o ex-ministro fascista espanhol Fraga, e a memória de Fran----------cisco Franco, e os mortos que ambolosdous fixeram na legalidade precedente, e sobram tamém os traicioneiros do B.N.G., e sobra enfím tudo quem ponha galiza por baixo dos seus intereses, é dizer neste momento toda a morralha política que nos asobalha.



Volver arriba


Steamroller blues



Rexistrado: 07 Abr 2006
Mensaxes: 6298
Ubicación: Compostela
Publicado: Mar Set 09, 2008 11:10 am Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

Disque o alcalde de Vigo deu unha rolda de prensa para informar de que só tiña licenza unha das once empresas queimadas en Cabral. Disque a tiña para almacenar deterxentes e o lume acaba de probar que almacenaba máis cousas. Disque as outras "non aparecen", pero iso non quita que poidan andar en fase de tramitación ou renovación. Non sei se as famosas licenzas andan ou están perdidas, pero hai algo sabido: que ao alcalde de Vigo non lle pagamos para saír a contarnos o que non sabía e do que se acaba de decatar. Ao alcalde de Vigo, coma ao resto das administracións, pagámoslles para que estean sabidos e xestionen algo de orde e de control.

Antón Losada


Ista é a única información seria relativa aos dous escándalos (vieiras e contaminacion por incendio de industrias) que inundan de información a prensa galega de hoxe, seguramente porque os barandas dos periódicos estan todos comprados pola clase política galega.

É unha auténtica vergoña que todo periodismo galego, desde as webs mais radicaís ata a prensa escrita de mais rancio abolengo, non se pregunte a causa da omisión no seu deber das nosas administracións, desde Vieiros ata á Voz. ¿Acaso temen polas suas subvencións, que lle corten a publicidade ou qué?

Tamén é cuasidelictiva o apoio que anda a recibir a Toñi desde o lobby hosteleiro dos cociniñas mais reputados españois, o que pon en evidencia que este caso está extendido a tódolos niveis da hostelería, falando en prata que un entra nun restaurante do noso país e non sabe o que carallo lle andan a dar nen a él nen a sua familía.

O caso da Toñi é gravísimo porque según información da Voz de Galicia, o consumo de istas vieiras por nenos ou anciáns pode conlevar situacións gravísimas, ainda que so se teña consumida unha soa vieira.

O caso de Vigo temén é gravísimo porque pon en evidencia que ningún paraxe, natural, habitado con vivendas, escolas ou simplemente para ocio, está libre de sufrir unha desgraza que calqueira día pode ter consecuencias catastróficas, e que pode deixar ó Prestige á altura dun peido de mosca. E non ocurriu nun pequeno concello da montaña ourensá ou lucense, non, foi no concello de Vigo onde mandan os que vos e eu sabemos. E para mais inri, detrás de isas empresas fantasma está xente moi coñecida de Vigo e que teñen papeado mais de unha vez ca nosa clase política a ver se lles trincan algunha subvencionciña.

¿Conclusión? .. GZ é un país de pailáns que nos últimos catro anos ton evolucionou un carallo pola baixa catadura moral da sua clase política. GZ ten xente dabondo ca suficiente profesionalidade para evitar todos estos casos, mais se non hai vontade política de poñelos a traballar, xa podemos ter non tres senón trinta universidades que seguiremos a ser o que fumos e somos ... unha manga de pailáns.

E agora que non salga tal ou cal conselleiro a anunciar un novo convenio para formar a non sei quen e que van a poñer nonsecantos centos de miles de euros. Iste non é o problema, maifrén, o problema és tí e o sectarismo do teu partido á hora de colocar xente en postos de responsabilidade

Anónimo dijo...

Xa foron varias veces as que algún baranda inunda este foro copiando o que lle interesa de Arroutadas ou doutros sitios e pegándoo aquí. Non me parece nin mal nin ben, e por iso non lle suprimo as súas pegadas, pero pregúntolle se non abondaría con que enviase un pequeno resumo do tema, coa correspondente ligazón ou orientación para que quen quixer poidese visitar esa páxina. Xa o dixo Gracián, o bo se é breve é dúas veces bo, e parece que este practicante dp copy and paste aínda non o entendeu.

Anónimo dijo...

Desculpe, home, que non era por mal. Era porque no foro de Arroutadas, no que estes días se abriu un fío no que se comentaba que este blog seu é o mellor de Galiza, había unha discusión ben interesamente sobre o mesmo asunto. Non volverá suceder.

Anónimo dijo...

E que pasa, que se lle poden facer campañas de apoio aos supostos implicados na compra de presuntas vieiras e non se poden reproducir opinións cando un cre que merece a pena? Constitúome inmediatamente en campaña de apoio ao Baranda que trae as cousas da Arroutada, sen ben tamén lle pido que non as colge así aloloco, porque incluso na Rede, cómo non, hai que ter algo de xeito.

Anónimo dijo...

Disimulen. Non dixen nada. Comprendo que algo de razón levan, e non volverei a criticar que colguen aquí as campañas que lles dea a gana, dentro da lexislación vixente e os bos costumes.

Anónimo dijo...

Na foto desafortunadísima esa tamén eu teño algún amigo, como é o caso dun moi grande poeta que está nela.

En fin, non sei...

Pola xente que un quere, ´ás veces hai que facer de tripas corazón.

(Faise tantas veces, incluso, pola que un non quere...)

Pero quen sobre todo se me acorda neste momento é a familia da xente que está no cárcere. Téñeno que estar pasando moi mal.

Non é que eu xustifique os mariscadores furtivos, nin moito menos, e neste caso xa non digamos.

Pero insisto: para as súas familias, indubidablemente humildes e xente que xamais xantaría en restaurantes de luxo da luminosa compostela, vaia a miña lembranza.

Non o sei, pero seguramente algún deses homes terá nenos.
Bos días a todos.

Anónimo dijo...

O comentario anterior era meu, non sei por qué non me colle o nome isto.

(Cambioulle o aceito ao maquinillo, meu querido Don Perfeuto?)

En fin, desculpen a torpeza.

Bos días de novo.

Que teñan un feliz domingo.

Anónimo dijo...

por min que coman petróleo, os papeis teñen conta do que lles poñen, o poder sempre corrompeu, incluso antes de exercitarse.
saúde.