viernes, septiembre 26, 2008

Poesía e ciclismo


Seguín totalmente dende fóra e con máis preguiza que emoción a polémica orixinada entre a Deputación da Coruña e dous autores galegos por mor dun quítame aló esas pallas dun preemio de poesía. Alén do debate legalista a que puidera dar lugar o caso, o máis salientábel é o mal exemplo que se pode dar polo barato prezo de 6.000 euros.
Evidentemente, o libro que foi despoxado do premio, escrito por Eduardo Estévez, é de supor que será mellor co que finalmente foi empoleirado despois da reclamación de Xabier Lama. A fin de contas, foi orixinalmente considerado gañador polo xurado encargado de dilucidar o premio Miguel González Garcés. E por algo sería.
Está logo a cuestión de se era inédito ou non. O caso lémbrame aquelas brincadeiras que acostuman facer os alumnos de Bacharelato mandando aos concursos narracións ou poemas copiados de García Márquez ou de Pablo Neruda, e que xuris pouco avezados na materia que se atreven a xulgar deron varias veces por orixinais dándolles o premio. Non digo que os membros do González Garcés tivesen que estar ao tanto de se Eduardo Estévez publicaba ou non os seus poemas nun blog, pero non estaría mal que lles sonase de algo o tema.
Por outra parte, e xa postos a teren que envaiñala, ocúrreseme pensar que puideron declarar deserto o premio cando emitiron a segunda sentencia. Atrévome mesmo a pensar que o beneficiado pola burocracia, Xabier Lama, perdeu unha ocasión magnífica para quedar ben sen gastar máis ca 6.000 euros que aínda non eran seus, se renunciase ao premio. Facendo o que fixo, hanlle acabar chamando o Óscar Pereiro da poesía galega. Sen que queira isto dicir que Estévez sexa o Floy Landis nin o Miguel González Garcés igual ao Tour de Francia.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois aí ten vostede iso ao que hoxe lle chaman sistema literario galego. Cadaquén saque as súas propisa consecuencias.

Anónimo dijo...

Con iso, todo seguido, e coas loas dunha tal Vilavedra ao señor Detoro, queremos ter o respecto de Steiner? Vai a cousa de carallo, évos ben certo.

Anónimo dijo...

Pois a min o sucedido paréceme moi ilustrativo: xente pelexando polos premios dos concursos. Eses concursos aos que aquí, non sei por que, lles chaman premios. Eu sería partidario de abolir todo iso, que non fai máis que dano á literatura e á cultura galega.

Anónimo dijo...

Iso de "embainar" non será "envainar", don Perfeuto? En galego, debe dicirse "envaiñar". Polo demais, dacordo co seu comentario, como tantas veces.

Anónimo dijo...

O premio non era de 9.000 euros?

Anónimo dijo...

Referido ao de envainar, ten vostede a razón, pero non toda. Indudabelmente é con v, pero é envaiñar. Moitas grazas por avisarme, e, como pode comprobar, envaiñeina inmediatamente.
E a respecto de se eran 6.000 ou 9.000 os euros do premio, pois a verdade é que non o sei. Entre poetas, mil euros arriba ou abaixo.

Anónimo dijo...

Eu unha vez gañei un álbum de cromos na escola. O malo é que viña sen cromos.

Foi por unha declamatio.

Por dicir, berrando ben:

-Viriato fue asesinado por tres de sus generales!

Anónimo dijo...

O do álbum era eu, Almiral.

Isto non me colle o nome.

(Está o maquinillo en garantía, Don Perfeuto, ou mercouno de segunda man?)

Anónimo dijo...

Leo de vez en cando o seu blog, que me parece interesante, mais non lle entendo porque esta polémica é "estéril" e a das vieiras mereceia mais atención.
Outra cousa é que a vostede lle preocupe/interese menos. Aí, xa depende de cada quen...
Paco

Anónimo dijo...

Boas noites.

Voulles contar unha anécdota que se me acaba de vir á memoria.

Resulta que Don Miguel González Garcés (a quen non coñecín, por certo) e máis eu, temos un amigo común.

Un señor, octoxenario xa, do que nalgunha ocasión lle teño falado a Don Perfeuto.

Pois resulta que este señor que lles digo, para quen Garcés era un irmán, espertou unha noite totalmente desacougado. Envolto nun suor frío e soñando coa faciana dun Garcés coma de cera, que o miraba, triste e en silencio, desde unha estraña brétema.

Procurou tranquilizarse, pero naquel momento, de madrugada, empezou a timbrar o teléfono.

(Daquela os teléfonos timbraban...)

E fíoxo -o teléfono, o de timbrar...- dúas veces máis.

Este meu amigo non o descolgou, non sei por qué.

Volveu á cama, e intentou durmir.

A primeira hora da mañá espertárono.

González Garcés finara, deixara o mundo dos vivos.

-¿Y no nos llamarían anoche, para decírnoslo...? -preguntoulle este señor á muller.

(Pero non, non era o caso. Daquela, cando o teléfono timbrou tres veces, o poeta agonizaba, pero non foi ata horas máis tarde cando morreu.)

Anónimo dijo...

Para Paco:
Doulle a razón. Non debín calificar de estéril esta polémica. O feito de que a min me interese este tema menos que outros non debería servirme para descalificalo frivolamente. Admito, logo, a miña culpa e procedo a corrixir a dita adxectivación.
Grazas.

Anónimo dijo...

Non, porque non é unha polémica estéril. É bastante grave. Non se pode confundir a cultura de Galiza coa rede tecida polos que se benefician dos cartos públicos que xiran arredor dunha suposta defensa da identidade. O dos premios é lamentable. Poño por caso, xa ben coñecido, o famoso Xerais, que quitando a Darío Xohán Cabana xamais sacou un escritor.

Anónimo dijo...

Si pero... foi Pereiro o que presentou a reclamación para que descualificasen a Landis?

Anónimo dijo...

http://www.entrebuhistas.com/2006/10/29/eduardo-estevez/

- Cuéntanos un poco las expectativas que tienes para este proyecto. ¿Lo presentarás en algún lugar? ¿Tienes algún recital en público programado?

- No tengo pensado presentar este proyecto a ningún premio. Soy bastante escrupuloso con las reglas de juego y no me parece ético presentar a un premio un libro que se puede consultar en la web asociado a mi nombre. El libro está en internet y su sitio es ese. Me parece un modo perfectamente válido de difundir un trabajo. Que es bonito tener entre manos el libro físico? Sí, lo reconozco. Pero el objetivo es que llegue a los lectores y para eso internet es mejor vía, incluso, que el libro impreso. Algunos poemas ya los he leído en distintos recitales. Es una prueba interesante para comprobar el ritmo. Y la demostración empírica de que debería leer más en alto a la hora de corregir los poemas… Y volviendo al tema de la edición en papel, a pesar de todo no me cierro a la posibilidad de publicarlo en papel. Si hay por ahí algún editor interesado.