miércoles, octubre 01, 2008

Branquiña


Branquiña era unha gata amiga miña. A nai de Bianca, un dos gastos cos que durmo eu na cama. Ela descendía dunha estirpe de gatos que me deixou de herencia o meu veciño Pepe cando morreu. Un conxunto de gatos semilsalvaxes aos que eu lles seguín dado de comer. Iso foi no ano 1997 e, dende entón, aquela herencia convertiuse nunha colonia de gatos que só a min me custan varios euros cada mes para alimentalos.
Porén, houbo algunha persoa desalmada que debeu pensar que a natureza hai que mandala ao paredón de vez en cando. Branquiña caiu nunha trampa de caza que a conedenou a ter dous meses de vida en tortura. Un deses lazos que, polo que me contan os que saben diso, son máis frecuentes do que sería desexábel. O caso foi que Branquiña rematou coa barriga apretada por un cordeliño que rematou producíndolle unha peritonitis contra a que eu non puiden facer nada de todo o moito que intentei.
Non sei nin quero saber quen foi o culpábel, áinda que o adiviño, pero someto á consideración de quen é capaz de facer tal cousa se paga a pena ser humano para cometer tamaña atrocidade. E gustariame saber unha cousa: gustarialle a alguén dos que van en coche que lle apretaran o cinto ata reventarlle as tripas?
Branquiña foi un exemplo de vida animal no seu paso por este mundo. Quen a mandou morrer seguramente non pasa de ser un terrorrista disimulado debaixo do chapeu de cidadán normal e corrente. Sinceramente, se algunha vez chego a saber quen foi, non lle perdonarei a súa felonía.

13 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Nunca entenderei, Don Perfeuto, como se lles pode facer dano aos inocentes.

Laméntoo.

Unha aperta fortísima.

Perfecto Conde dijo...

Almiral:
Non saberá nunca vostede canto lle agradezo a sensibilidade que demostra acundindo raudo e veloz a opinar sobre este asunto. Estou convencido de que estas son as cousas que realmente deberían interesarnos profundamente: as da da vida mesma.
Quen é capaz de someter a tortura a un animaliño inocente sería quen de pasarnos a todos polos fornos crematorios se lle deran o poder de facelo. Non sabe vostede canto noxo me poden dar a min estas persoas que van á misa cada domingo.

Hildegard Canido dijo...

Sóbralle a razón e fátalle a decisión de denunciar o caso diante do Seprona ou de quen faga falta para que poñan reparos a toda esta desalmación que estamos a demostrar contra a vida animal. Unha sociedade así só
é digna de que a comparen co rpimitividmo máis salvaxe.

Anónimo dijo...

Gustariame escribir isto sen ser de forma anónima, pero non podo facelo. Quérolle transmitir o sentimento de que efectivamente estamos a desenvolver entre todos unha sociedaee enferma que nos vai levar a mal fin. O exemplo da súa gatiña é só un caso (ou un caos) máis da inmisiericorde inconsciencia na que todos estamos metidos. O da crise económica é unha nadería á carón da crise moral na que todos estamos afogados.

Almiral Mouchez dijo...

Xa sabe, meu amigo Perfeuto, que aquí ten un irmán.

(Que aquí teñen un irmán todos vostedes, nin sequera é necesario comentalo.)

Coincido unha vez máis co que di Don ou Dona Hildegard Canido, sempre tan sensato ou sensata, e de costume tamén brillante.

E por suposto coas palabras do noso Anónimo ou Anónima, ao/á, que tan ben escribe tamén e a quen me permito rogarlle que utilice un nick, porque facilita moito a conversa nestas cousas virtuais.

Boas noites a todos.

Kalikatres dijo...

Pois si que dá que pensar o de que a crise económica é unha nadería á carón da crise moral na que estamos afogados. Seguramente a quen está sen traballo ou está a traballar por 500 euros ao mes iso parécelle bagatela, pero hai unha fonda verdade no aserto. O caso agora é o de ver cara a que moral debiamos ir e, nisto, até podemos coincidir nalgunhas cousas cos plantexamentos da Igrexa Católica. A crise definitiva na que rematou aforcándose o capitalismo debería ser motivo de reflexión para todos.

Anónimo dijo...

O capitalismo non se aforcou. Pillounos a todos polos guevos e os que ficamos sen oxíxeno fomos os parias de todas as terras.

o mundo non se acaba... ou si, dijo...

Creo que se pasou un pouco, Kalakatres, no da Igrexa, que todo o vende no mesmo lote (o bo, o malo, o peor e o pésimo). E eu por aí non paso (con permiso do sempre prezado señor Mouchez).

Forcheville dijo...

Eu tamén estou de acordo en que esta sociedade de consumo está a padecer unha fonda moral ou ética.

Ollo: non estou a entoar o cántico aquel de "tempos pasados foron os mellores", pero si creo que algúns dos valores da Ilustración (e da esquerda) están a perder vixencia nesta sociedade. Refírome, sobre todo, ás funcións da educación como formación en valores cidadáns: respecto ao outro, sentido crítico, esforzo e responsabilidade, vivir en comunidade, etc.

O outro día escoiteille a alguén dicir que vivimos na era do "I" (I-phone, I-tunes, etc) é dicir, do "eu". Eu son o importante (nos demais). Eu póidome endebedar e consumir sen fin "porque yo lo valgo", etc.

Isto ten que estoupar por algún sitio, aínda que non sei se será desta volta.

ovella virtual dijo...

"Branquiña foi un exemplo de vida animal no seu paso por este mundo"

jajajaja, gustoume moito e quería decirllo, polo demais sintoo que Branquiña non poidera vivir todas as vidas que unha gata merece.
Un saúdo

Almiral Mouchez dijo...

Meu amigo O Mundo non se Acaba: A Igrexa, en tanto que institución temporal e incardinada no mundo, en moitos aspectos tamén ten por historia a historia dos seus erros...

Boas tardes a todos.

Anónimo dijo...

Profundo López, nunha soa frase. Intelixente.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,