Gonzalo Durán, alcalde conservador de Vilanova (Pontevedra), acaba de escribir o seu nome con letras de barro no museo da escatoloxía galega. En declaracións á Radio Galega sobre o conflito que enfrontou o mércores pasado os bateeiros da Ría de Arousa coas forzas de orde público, resucitou unha maneira de falar que non se escoitaba dende os tempos duros do franquismo: a de chamar “rojos de mierda” aos que non pensan coma el.
Cando se estaba criticando o subdelegado do Goberno en Pontevedra e defendendo actuación da Policía Local no conflito, Durán referíuse a el dicindo que “aparte de inútil, es un mentiroso”, e rematou incluíndoo no que definíu como “maldita pandilla de rojos de mierda”, unha maneira de falar en público que ben merece que mandemos o alcalde de Vilanova á última palabra da súa frase. Con persoeiros así, o PP vai camiño de converterse na forza política máis educada de Galicia. E, sobre todo, na que tén unha idea máis real das cousas. Pero non quedaramos en que Franco morrera hai 33 anos? Hai a quen lle sae a vea facha cando menos se pensa.
2 comentarios:
Non é que sexa só cando menos se pensa. Nste tipo de xente (lémbrese do ex alcalde de Toques que tanto defendeu Fraga) a vea violenta e facha está permamentemente inzada na súa alma. Habería que implantar un test periódico de detección democrática dos nosos alcaldes. Veriamos cantos aprobaban.
Cando foi a "mani" contra a guerra en Madrid, nun enfrentamento que algúns manifestantes fixeron despois da mani, escoitei a certos polis das "tundas", o mesmo "vamos a por estes rojos de mierda e H. de P.". Estou a falar de polis nacidos despois do réxime de Franco. ¿Será que aínda nas academias lles enseñan isto?.Se isto é a sí é como ir ao cortello e matalas todas. Hoxe despois de oir a este Alcalde na radio, dame que pensar. Entre os polis e máis o Alcalde e outros Alcaldes estamos nunha farsa de democracia que se implantou co consentimento da esquerda naquela "gloriosa transición".
E a farsa segue, cada vez aparecen máis fascistas que no tempo franquista. Carallo, que ven estabamos contra Franco.
Daqueles fangos que no se souperon arranxar politicamente, hoxe temos riadas a desgallo. E o que te rondarei morena.
Pescudar se tendes uns momentos de vagar, e ollaredes como nos postos máis relevantes na jadicatura como por exemplo o T. S. ou A.N. e outros estamentos con poder de decisión, quizais teñades sorpresas, certos "personajillos" añoran o antigo réxime.
Esta "farsa" de democracia non ten arraxo.
Agora aparece o problema de Federico García Lorca ( http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=25144 ).
Ata cando teremos que aguantar os que nos consideramos demócratas convencidos desde que temos uso de razón, a toda esta tropa de desalmados fascistas.
Publicar un comentario