jueves, diciembre 11, 2008

As chocheiras de Fraga

Que don Manuel Fraga Iribarne chochea algo máis da conta xa hai tempo que se estaba vendo, e que padece un evidente desdobramento de personalidade tipo Doctor Jekill-Mister Hyde encargouse de demostralo ben Ánxel Vence no seu excelente libro sobre o ex líder de Alianza Popular, digo Partido Popular.
O que non sei é por que temos que aguantar as súas parvadas (un arxentino diría cagadas) ata que morra. Non son eu dos que despotrican contra o pensamento e as actividades das persoas idosas, nefasto costume que prodigan determinados descerebrados do postmodernismo, pero, home, a este supervivente do franquismo alguén da súa corda debería meterlle o freo de vez en cando. Fraco favor lles fai a Mariano Rajoy, a Núñez Feijóo e aos restantes dirixentes da dereita española coa súa funesta maneira de entrar sempre nas cacharrerías como se fose un elefante.
Cando aínda tiñamos moi verdes unhas recentes declaracións súas dicindo que non lle constaba que Franco se comportara nunca coma un criminal e o Che Guevara, pola contra, lle resultaba evidente que si, a desdobradísima personalidade do escarnecedor de Tina la Asturiana, o estudiante Romero, o comunista Julián Grimau, os obreiros de Vitoria e tantas e tantos outros, veunos agora dicir don Iribarne que aos nacionalistas “habería que colgalos dalgún sitio”. Este home segue sendo tan macho como cando proclamaba que a rúa era del, e nin de vello para de pensar no par colgante da parte masculina da especie humana.
Pois que se vaia preparando Beiras que, polo que se ve, non lle serviu de nada comer comer dúas veces con el no Vilas. Ou o mesmo Quintana, que foi un dos que facultou que don Manuel teña dereito a xubilación de luxo, coche blindado, chófer, secretaria e gardaespaldas, pois Fraga deixouno abondo claro: “Por definición o nacionalismo é o contrario da defensa de España” (Poden seguir durmindo tranquilos os españoleiros: o lión de Vilalba non se refire ao nacionalismo español. Ben ao contrario, segue aprezando neste último "a potencia máis romántica de Europa en patriotismo").

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Que lle dicía eu? Non ve? Hai outras cousas das que falar sen lles dar combustíbel aos centralistas do PP e do PSOE.

Anónimo dijo...

A frase que lle atribuiu a prensa madrileña a Fraga é exactamente a seguente: "Habría que ponderar a los nacionalistas colgándolos de algún sitio".
Para min que o vello falou en castrapo e dixo: "Habría que pendurar a los nacionalista colgándolos de algún sitio".

RIODERRADEIRO dijo...

E cando o da "entente" co Beiras dicía que eran "da mesma tribu". A pervivencia deste "animal político" vén resultando por enriba da dos dinosaurios.

Non chochea, segue nas mesmas, agora con eses ollos pechados de quen xa fala en soños.

Anónimo dijo...

Vaiche boa.....!

Anónimo dijo...

off white clothingoutlet
golden goose
birkin bags
kyrie irving shoes
supreme clothing
golden goose outlet
nike x off white
kyrie 5
supreme clothing
supreme hoodie