miércoles, diciembre 03, 2008

Teresa Táboas, outra noiva na Xunta

Mándame un lector esta mensaxe: “Unha consulta, non máis. Emilio, o fillo de Santiago Rey Fernández Latorre, é noivo, ou medio noivo, da Conselleira Táboas? Seica sí, ou polo menos, andan en pleno caramelo por Pontevedra. E tamén resulta que o Emilio ten certa querencia por investir cartos en empresas próximas ao BNG, concretamente en construción e seguridade."
Non é preciso dicir que Santiago Rey Fernández-Latorre é o presidente do grupo de empresas que edita La Voz de Galicia e que Emilio Rey Berguer é un dos seus fillos, precisamente o que comandou, co seu irmán Satiago, as empresas familiares na etapa que provocou a volta do seu pai á cabeza do Grupo Voz. Foi aquel un período empresarial moi convulso no que as ansias de expansión dos dous fillos de Santiago Rey levaron á compra doutros xornais en León e Madrid (Diario de León e Diario 16) e a un acelerado crecemento da cadea de emisoras de Radio Voz. Nese momento contemplaron tamén a compra dun importante xornal portugués que non chegaron a concretar.
Aquela etapa, porén, estivo a piques de rematar como o rosario da aurora, con algunhas noticias de cor rosa incluídas, referidas a noviazgos, separacións matrimoniais e novos matrimonios, e rematou coa reincorporación do patrón Santiago Rey ao pleno poder do grupo empresarial coruñés, que pasou a practicar unha política de negocios moito máis conservadora. A ruptura entre pai e fillos chegou a ser case total e implicou o cesamento de Xosé Luis Gómez como director de La Voz de Galicia. Curiosamente este último aparece agora como director dun novo xornal galego que algo ten que ver tamén co BNG.
En realidade as relacións de Emilio Rey Berguer coa formación nacionalista que cogoberna co PSdeG-PSOE son algo anteriores á súa suposta relación sentimental con Teresa Táboas, conselleira de Vivenda. No tempo en que el e o seu irmán controlaron La Voz de Galicia, Emilio mantivo boa relación co que daquela era o líder do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras. Porén, esa relación non seguiu medrando dende que Beiras caeu en desgraza no BNG.
O caso fi que Santiago Rey Berguer, como vicepresidente, e Emilio Rey Berguer, como conselleiro delegado, conduciron no seu tempo o Grupo La Voz de Galicia a unha delicada situación económica que o seu pai, Santiago Rey Fernández-Latorre, quixo atallar botándoos fóra da empresa. Con eles foise, ademais de Xosé Luis Gómez, o daquela director xeral de La Voz de Galicia, Xoaquín Evia, un executivo que proviña da Policía Nacional e que logo continuou facendo negocios cos dous irmáns Rey. De aí, probabelmente, que agora anden en empresas de seguridade como di o meu comunicante.

6 comentarios:

Hildegart Canido dijo...

E por que di vostede "outra noiva"? É que non pode haber noivas –e noivos, e noivados– na Xunta? Todo isto debería pertencer ao exclusivo patrimonio das persoa. Ou sexa, ser privado. Notáselle nisto a Perfecto Conde a súa escola de Interviú. Esta vez non concordo con el.

Frouxeira dijo...

Pois a min paréceme moi ben que se aireen as relacións dos cargos públicos e, sobre todo, cando van acompañadas de relacións que trascenden o persoal. Se a conselleira de Vivenda se xuntase cun cidadán anónimo e corrente, que non tivera intereses empresariais nin económicos de ningún tipo, quizais podería apoiar o criterio da privacidade, pero non o caso. Teresa Táboas non anda precisamente cun Ninguién, senón co fillo dun dos empresarios máis importantes de Galiza, o editor de La Voz de Galicia, e o propio noivo foi editor deste xornal, aínda que non moi exitoso.

Anónimo dijo...

E por que non explica con detalle quen é Xosé Luis Gómez? Polo visto ten unha biografía moi divertida. Ou é que vostede non o sabe?

Anónimo dijo...

Gosto moito da información. Non se trata, como tantas outras veces en outros medios, de remexer as sábanas e ver se hai ou non molladura. Aquí trata-se de saber cómo, cándo e ónde andan os negocios paralelos ao poder autonómico, nomeadamente os negocios paralelos da banda (banda: lado) nacional popular.
E, algo mías, cómo andan os medios de comunicación galegos.
Non, este tipo de informacións, este tipo de conexións non sairan en Vieiros...

Anónimo dijo...

Gosto moito da información. Non se trata, como tantas outras veces en outros medios, de remexer as sábanas e ver se hai ou non molladura. Aquí trata-se de saber cómo, cándo e ónde andan os negocios paralelos ao poder autonómico, nomeadamente os negocios paralelos da banda (banda: lado) nacional popular.
E, algo mías, cómo andan os medios de comunicación galegos.
Non, este tipo de informacións, este tipo de conexións non sairan en Vieiros...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,