lunes, diciembre 29, 2008

Non soubo irse Ánxela Bugallo?

Dnde hai xa algún tempo, ficaban poucas dúbidas acerca do futuro político da conselleira de Cultura, a nacionalista Ánxela Bugallo. Sabíase de sobra que a súa cabeza non é que fose posta a prezo, era que xa estaba descatalogada no drugstore do poder que xestiona Anxo Quintana. Quen empezou sendo musa dunha postmodernidade que nunca tivo moitos seguidores no BNG rematou apartada do consello de administración dunha organización política que xa é unha confederación de empresas máis ca outra cousa.
E agora si que remataron as derradeiras dúbidas. Encárgouse de despexar a incógnita final o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, nunhas enciclopédicas declaracións súas que publica hoxe Xornal de Galicia. O entrevistador, Xabier R. Blanco, faille a pregunta con descaro: “Sorprendeulle o ascenso meteórico e a caída estrepitosa de Ánxela Bugallo?”. E responde o conselleiro que non é casualidade que sexa da UPG: "En política cada vez me sorprende menos calquer cousa. Ás veces un non se sabe ir. A min gustaríame marchar con normalidade. É moi triste que xente, despois de anos na organización, marche enfadada ou decepcionada. Antes de que non conten contigo o mellor é marchar”.
Coñece alguén unha maneira máis cruel de mallar no anxo caído, neste caso “ánxela caída”? De entrada, se o di alguén tan importante do aparato do poder do BNG como é Fernando Blanco e o que di el aparece publicado no “diario Arriba del Movimiento”, entrevistado por un adxunto ao director, eu, se fose Ánxela Bugallo, empezaría a recoller as miñas cousas do despacho. É de supoñer que esta desconsiderada forma de referirse a quen aínda é unha compañeira de gabinete gobernamental estará precedida dalguna maneira menos descortés de avisar á perxuidcada por parte de quen exerce de vicepresidente bis da Xunta de Galicia, é dicir, Anxo Quintana. Seguramente lle faría pouca graza a Ánxela Bugallo ler hoxe no Xornal esta destempranza de Blanco se, por riba, nin sequera fose avisada antes de que non se vai contar con ela.
Ánxela Bugallo non foi a mellor titular da Consellería de Cultura, e iso que llo puxeron doado varios dos seus predecesores, particularmente Xesús Pérez Varela. No exercicio do seu cargo alentou episodios dignos da maior polémica (a “merendiña” de Cuba, determinados comportamentos encol da Cidade da Cultura, etc.), pero tampouco era para que a tirasen aos pés dos cabalos da UPG os que pensaron algunha vez que lles podía facer senón de André Malraux polo menos de Melina Mercouri. E Quintana foi un dos que pensou que podía ser o seu Degaulle.
Pero a política eche así. Hoxe vales para un roto, pero mañá non sirves para un descosido. A min, que nunca podo evitar que me caian mellor os perdedores cos gañadores, agora é cando empeza caerme ben Ánxela Bugallo. Aposto algo a que imos ser os que nunca bebemos os seus “mojitos” os que máis nos lembremos dela e a que moitos dos túzaros que parecían ser os seus amigos de sempre han buscar agora enchente noutros banquetes.

14 comentarios:

Roibal dijo...

Que gran razón tes, cabrón. Sobre todo no das enchentes e os banquetes.

Anónimo dijo...

Hai que ser ben mala persoa para dicir iso dun compañeiro.

Hildegart Canido dijo...

Señor Conde, outra vez unha imaxe volve valer por mil palabras. E non será esa que lle sinala a porta de saída a Ánxela Bugallo a que herede o seu cargo de conselleira se os electores lle damos ao BNG unha nova oportunidade de gobernarnos?

Fuco de Esteiro dijo...

Pois non, Señora Canido: disque din os airiños da ría que é un dos nosos conveciños upegallos máis sobranceiro (¡e esgrevio!) quen vai acadar o seu xubileu en Compostela.

Fuco de Esteiro

RIODERRADEIRO dijo...

APO/LO DON im/PERFECTO
________________________

Esta salsa, don im/PER, vénlle que moi, moi requetebén ao seu caldo con grelos. E se non lle cadra, pois, para cando lle cadre.

¡Parabéns! ¡E FELIZ ANINOVO! O cortés nada debe restar, coma é o caso, oa valente.

Roibal dijo...

Eu, abofé, que non coñezo un caso de maior destempranza mostrada en público por un político en exercicio sobre outro aínda en exercicio e do mesmo partido. A catadura do señor Fernando Blanco quedou retratada na súa desorbitada cara dura e na súa falta de xenerosidade cos que teñen as de perder. Xente así pode chegar a ser un perigo no exercicio do poder. Non son respectuosos nin cos seus propios compañeiros de viaxe.

Nacho dijo...

Non hai máis que apuntar sobre o que dixo Roibal: simplemente o que afirma Blanco fala máis de si mesmo que de Ánxela Bugallo. Eu tampouco vin nunca tanta baixura moral por ningures e deixa ás claras o que se leva entrevendo desde hai tempo: a campaña de acoso e derribo por unha parte do BNG a unha conselleira que, con acertos e erros, é do seu mesmo partido.

Touceda dijo...

Será quen Anxo Quintana de saír ao paso do agravio cometido por Blanco contra Ánxela Bugallo? Coido que esta muller foi e aínda é moito máis fiel a Quintana do que Quintana é respectuoso con ela. Deixouna caer nos pés dos cabalos, como di Conde, e agora está deixándoa soa diante da inelegancia ensoberbiada dun Fernando Blanco que quizais non debeu pasar nunca de empregado de Telefónica.
Se Quintana non fai algo digno, diante deste apropello cometido contra unha muller que aínda forma parte do seu goberno, o único que vai cultivar é o seu propio descrédito e comprar rifas para un sorteo no que algunha vez será tratado el como agora tratan á conselleira de Cultura.

Anónimo dijo...

Fernando Blanco está empoleirado co seu poder de reparto das eólicas. Se cadra a xustiza política aínda tarda en acabar con el, pero para os que confiamos na xustiza poética xa está caído.

Anónimo dijo...

A elegancia nunca foi unha virtude dos túzaros da UPG, e aquí Blanco
AspaVento segue a mesma tónica de sempre. Agora que a Bugallo tamén era unha soberbia e unha chulita de moito nabizo cando aínda non era un anxo caído. Estes novos ricos da política é o que teñen: van como motos. Pero chegará San Martiño.

Anónimo dijo...

pero Anxela pásase ao Psoe ou non?

Anónimo dijo...

Pois eu creo que Quintana ten que explicar por que bota a Ánxela Bugallo. Según publicou El País aquí:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Xunta/empresas/pactaran/regular/relaciones/Gaias/elpepiautgal/20090104elpgal_3/Tes
, Quintana estaba ao tanto de todo o da Cidade da Cultura, e participou en todo. Así que nos explique, se ten a ben, por que a bota e, xa de paso, a quen vai poñer no seu lugar.

alerts dijo...

fendi bag
fendi hand bag
fendi spy bag
fendi bags
dolce gabbana

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,