miércoles, diciembre 17, 2008

Esta si que é muiñada

Unha semaniña enterira para resolver o peliagudo problema da concesión administrativa de parques eólicos. Unha semaniña enteira, esa si que é muiñada. Moito se debe estar cocendo neste pote para que o maître, Fernando Blanco, conselleiro de Industria da Xunta, nacionalista do BNG, tarde tanto en servir o menú.
Algún día saberase –e contarase– o difícil que resultou este parto dos montes de Galicia. Con comensais tan importantes sentados á mesa –toda a oligarquía galega actual e parte da de fóra– non é de extrañar que de momento a política de luz e taquígrafos prometida non pase dun banquete con tantos cortes de luz como os que xa estamos afeitos a recibir de Fenosa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto cheira a incompetencia do BNG. Non saben facer os deberes a tempo.

Anónimo dijo...

Pois eu penso que isto cheira dupla incompetencia, a duplo goberno e a duplos intereses de goberno.

Este asunto é moi serio. E non pola razón que hai anos sacou don Isaac Díaz Pardo sobre a inconveniencia de que empresas alleas (qué é hoxe unha empresa allea? Pescanova en África? Zara en Holanda?) viñeran acó a explotar "os nosos ventos".Non. A razón para afirmar que o concurso eólico é un asunto importante reside en que van-se entregar a mans privadas uns recursos para producir riqueza desde unha Consellería rexida por un comunista (Fernando Blanco é comunista e milita na UPG) mentres o xefe da tribu, Kim, declara que a Xunta debe trincar Autopista do Atlántico e os fondos bancarios das caixas de aforro galegas para montar sobre eses aforros privados a grande Banca Pública Galega de Nazón.
En que quedamos? Privatizamos "os nosos ventos" e "nacionalizamos" a Autopista do Atlántico no departamento de ferraxe e "navalladas a nosa terra"?

Desde cándo os comunistas de ocidente (os de oriente impulsan un capitalismo de novo carimbo) tratan, fan negocios e trincan xunto cos construtores, bancos e capitalistas?

Debe ser outro "feito diferencial galego"...