viernes, diciembre 26, 2008

Eólicas: gañaron todos, menos "La Voz de Galicia" e "Xornal de Galicia"

De sorprendente golpe de man poderíase calificar a case salomónica decisión que rematou tomando a parte nacionalista do bipartito para repartir o maior lote de megawatios que saíron ata agora a concurso público de adxudicación de parques eólicos. Sorprendente, para empezar, porque non é o empresario Xacinto Rei o maior beneficiario desta tanda, en contra do que parecía previsíbel se se observaban determinados síntomas manifestados nas últimas semanas, especialmente a aparición de Xornal de Galicia en plena precampaña electoral e o seu comportamento informativo e de opinión.
Dende que apareceu este periódico, o 9 de decembro, as súas páxinas de opinión, pero moito máis aínda o seu tratamento informativo da actualidade política galega, non cesaron de manifestarse como un órgano de propaganda dos departamentos da Xunta que controla o BNG e, moi especialmente, da política da Vicepresidencia de Igualdade e do seu titular, o líder desta formación política, Anxo Quintana. Case día a día, a publicación financiada por Xacinto Rei e dirixida por Xosé Luís Gómez veuse comportando máis coma un diario de campaña que coma un medio novo que quixese manter mínimos niveis de independencia. A pesar da súa corta andadura, resultaría prolixo relacionar aquí os abondantes titulares que apareceron nas súas páxinas raiando extremadamente a confusión entre información e propaganda, e non só de carácter político senón tamén de tipo empresarial e financeiro nalgún caso.
Fica fóra de dúbida que este iniciático comportamento do novo xornal galego foi motivado puntualmente pola coincidencia de que o seu propietario, Xacinto Rei, era un dos meirandes aspirantes á obtención de megawatios eólicos. A través de Interavan, empresa na que coparticipa con Manuel Jove e Epifanio Campo, solicitaba 638 mgawatios repartidos en 19 parques, e propoñía facerse cargo do anunciado traslado da fábrica de pasta de papel de Pontevedra, propiedade de Ence, a cambio desta concesión. Pola súa propia conta, querse dicir en solitario, o dono do Grupo San José tamén optaba a través de Enerxías Renovables de Galicia, e foi precisamente por esta vía como logrou que lle concederan 142 megawatios. Quedou, porén, sen tallada eólica na sociedade que conformou con Manuel Jove e Epifanio Campo. Adeus, polo tanto, a un posíbel adianto do traslado de Ence. A “cheirona” seguirá de momento en Pontevedra, algo polo que xa manifestou o seu desgusto o alcalde nacionalista Lores.
Haberá que analizar moitos datos que xa se coñecen e outros, quizais os máis importantes, que aínda non trascenderon. De entrada, o equipo de Quintana parece que soubo atarse os machos nas últimas horas e facer un reparto que pode resultar bastante blindado ás críticas doadas. Non se produciu a enorme cacicada que pronosticaron algúns, pero é evidente que o BNG rematou barrendo para a casa sen que se note moito que a escoba estea marcada. Non sei porque me dá o corpo que mañá nin La Voz de Galicia nin Xornal de Galicia van poder publicar os itulares que máis lles gustaría colocar en letras grandes.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Ainda no sei que ten que ver Xornal de Galicia coas eolicas, pero vostede saberá.

Anónimo dijo...

Anónimo, terá que ver algo que o dono do Xornal, un fulano sin experiencia na eolica, sexa o primeiro adxudicatario individual?

Perfecto Conde dijo...

Contestación que tenta ser amábel ao primeiro Anónimo:
Non se preocupe. Ese "aínda" sálvao a vostede. Xa o di a palabra: aínda non sabe, pero poderá rematar por sabelo. Abóndalle con que lea só un día –non lle fan falta máis– o citado xornal.
Por outra parte, o segundo Anónimo móstralle un pequeno dato que non estaba nada oculto. O de que Xacinto Rei, dono do periódico, é o primeiro –eu diría único tamén– adxudicatario individual de eólicos.
Se aínda despois de todo isto vostede segue sen saber que ten que ver Xornal de Galicia, ah,aí, meu vello, eu xa non lle podo axudar máis. Neste caso quizais debería acudir pronto a un oculista ou se cadra ata lle viría ben que lle analizasen as entendedeiras con vista a un posíbel tratamento antes de que se lle caia o mundo enriba e pense co están tapando do frío cunha manta.

Anónimo dijo...

Moi aquelado o comentario sobre a notcia dos eolos do señor director do blog.
Retornemos ao dito hai uns días: se Kim está polo labor de "nacionalizar" (faltaría mías nun nacionalista) os fondos bancarios das caixas de aforros galegas e tamén tamén a Autopista do Atlántico, ex-navallada á Terra Nosa, por qué privatizamos os noso ventos.
Misterios.
E moi mal o Presidente Touriño e os seus mariachis sociatas que aportaron os mellores argumentos ao PP e deixaron claro que, sí, hai dous gobernos na Xunta.

E unha coda final:
Non hai goberno que vele polo pobo.
En toda operación deste tipo, todo goberno fai negocio.

Tucho de Canido dijo...

De Quevedo lémbrovos unha vella brincadeira:

"Administrador que administra
y enfermo que enjuaga
...algo traga"

E do Eclesiastés, o desencanto de Salomón: "Nil novi sub sole"

Tucho de Canido

Manuel Lara dijo...

Para "anónimo 2", y por amor a la verdad: el Sr. D. Jacinto Rey se inició en la eólica -vía Construcciones San José- en el ya lejano año 1997 (parque eólico de Paxareiras), así que no se puede decir que sea "un fulano sen experiencia na eolica"; bien al contrario: ha tenido tiempo suficiente para comprobar los jugosos beneficios que dejan los vientos.

Manuel Lara

sticker dijo...

buy louis vuitton
louis vuitton uk
louis vuitton speedy
louis vuitton wallet
louis vuitton purses

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,