martes, diciembre 09, 2008

Galicia, con voz e xornal

Hoxe comprei Xornal de Galicia e acabei lendo La Voz de Galicia. O primeiro está moi ben para que os do BNG se ilusionen pensando que xa teñen un xornal, e o o periódico do “derradeiro xornalista e editor independente que queda en España” parece que empezou a percatarse de que non hai bo xornalismo sen malas noticias. A súa primeira páxina parece unha demostración: “El 80 % de los gallegos que pidieron la ayuda de cuidador no han recibido un euro de las promesas de Quintana”, “Dos heridos en la protesta de los vecinos contra las obras del perímetro de seguridad en la base de la Brilat en Pontevedra”, “Galicia lidera las compraventas especulativas de potencia eólica”.
O xornal de Rey-Gómez, pola contra, parece nacer nunha arcadia feliz. A primeira do seu primeiro número abre cun titular, a cinco columnas, que di que “Rianxo loita pola casa de Castelao co seu dono”. Como todas as súas exclusivas acaben sendo coma esta, eu xa sei que xornal non fai falta ler para enterarse do que pasa por aí adiante. Tamén chama a atención que a primeira entrevista cun político gobernamental, nun xornal que se adiviña precisamente moi progobernamental, non sexa co presidente da Xunta senón co vicepresidente Quintana, e que ao seu carón no sexa Touriño o que aparece na foto senón o vicesecratario xeral do PSOE, Xosé Blanco. A Núñez Feijóo mandárono para o fondo da páxina, sen foto e dicindo que aposta por Palmou como referente do sector galeguista.
Tanto nun xornal como no outro, expándese a tendencia do xornalismo galego a titular con suxeto, verbo, predicado e unha oración subordinada polo menos. Como sigan así, han rematar conseguindo que os lectores non teñamos que pasar dos titulares, algo que nalgún caso seguramente acabaremos agradecéndollelo. No Xornal de Galicia os columnistas de referencia parece que van ser Antón Reixa e Javier González-Méndez. Castealo e Vicente Risco, coma quen di. Ou sexa, que volve a Xeneración Nós.
Do que non falan, nin un nin o outro, é do alarmante mal servizo que nos está prestando Fenosa. No Val da Mahía, catro preocupantes cortes de luz nas últimas 72 horas. O último acaba de ocorrer mentres escribo estas liñas. Volverá agora a dicir o alcalde de Ames que isto é normal por estarmos no inverno? Que vergonza que un político así presida os alcaldes de Galicia! E non sigo porque o meu SAI pódeme deixar sen enerxía dun momento a outro.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Si señor, Perfecto. Duro con eles. Co novo e co vello xornal.
Cánto vai durar o experimento? Até as elecións?
Ou haberá que engraxar ben a maquinaria a base de publicidade institucional galega e de Nazón para que o noso novo xornal cumpra un par de anos de idade?
Ou haberá que recurrir á tan sobada e sabida maña de chamar por teléfono a un político ou a un empresario e decir-lle: "Oe, tería que falar contigo. Teño un dossier sobre a túa familia e unhas fotos que son... unha bomba... Sí, non, en Toñi Vicente non, mellor quedamos no Vilas..."?

Porque informar, informarán, e calar, calarán. Acaso, os Deuses celtas e celtíberos, Antón Reixa vai contar-nos o que acontece no sector do audiovisual galego e as cifras que se manexan desde a Administración, fervenza da que ten a chave Fernando Salgado, outro que tal baila e antes bailaba con Santiago Carrillo?
Para qué naceu este xornal senón para ser un novo axente recepcionista de favores das Administracións?
A ver, que alguén me eplique este tinglado...

Touceda dijo...

O dos cortes de luz de Fenosa é de escándalo. Moito presumir de novas tecnoloxías e de argalladas financeiras e o servizo que presta esta empresa parece o que había hai corenta anos.Deixaron podrecer as árvores queimadas polos incendios do 2006 e agora cáenlles enriba das liñas e dos postes. As infraestruturas de Fenosa no rural, especialmente, son de pena. E alcaldes coma o de Ames bendicindo o desastre. Xa lles mandará Fenosa un bo aguinaldo.

Anónimo dijo...

O posíble conflito sobre a casa rianxeira de Castelao xa apareceu varias veces en publicacións como A Nosa Terra e La Voz de Galicia durante os últimos dous anos.

Hildegart Canido dijo...

Pois eu saúdo o novo xornal. Que sexa benvido, e diámoslle cen días polo menos de confianza para ver o que son capaces de facer.

Anónimo dijo...

Pois postos a realizar tremendas investigacións xornalísticas de Nazón, aí vai unha:
1. a Fundación Castelao ten previsto ou xa recibeu 300.000 euros para identificar, descreber e dixitalizar diversos textos de Castelao que andan espallados polo mundo, partindo da base de que as escritas de Castelao deben estar bastante ben descritas e localizadas grazas aos traballos moito ben pagos polo Consello da Cultura Galega. Só fica dixitalizalas.
300.000 euros para iso? Sobran-lle os cartos á Consellería de Cultura?
2. o señor Xavier Baltar, a única persoa en quen confiaban as irmás de Castelao, como se demostrou, e non só pola axuda que a familia Baltar lles deu en anos ben duros para elas, foi declarado herdeiro de todo ese legado.
Claro, nengún dos galeguistas históricos tivo esa fortuna. As razóns? Eu teño algunha idea, pero como non podo demostrala, fico calado, que é mellor.
Mais sí sei unha historia que ao mellor serve para investigar, publicar e despois buscar un traballo no Bierzo: o avogado Xavier Baltar tivo que defender as irmás Castelao nun pleito case eterno contra algúns galeguistas presuntamente amigos, máis concretamente contra os bos e xenerosos amigos da Editorial Galaxia, tropa que se negou a pagar os correspondentes dereitos de autor ás irmás Castelao. Houbo que levar a tan espléndidos señores a xuizo e tivo que ser un ministro franquista (un tipo deleznábel por outros motivos), o ministro Sánchez Bella, que manda-se abrir a Rexistro da Propiedade Intelectual por espazo dun ano para que os autores ou dereitohabentes poidesen rexistrar as obras que non o foran no seu momento.
E alí foron as irmás Castelao a rexistralas para obrigar á cova da Editorial Galaxia a lles pagar as 2'50 pesetas que lles correspondían.

Aviso a navegantes: hai un artigo de Xavier Baltar no que explica polo miudo todo o proceso. Se hai que sacalo, se saca e aquí paz e despois merda a repartir.

Carlos Casares, cando estaba en Galaxia antes de se establecer definitivamente no ceo, negada esta historia, descoñecedor él do artigo de marras.
Como non imos andar agora carretando mortos, apliquemo-nos aos vivos e coleantes demandantes de predios urbanos e patrimonios epistolares que non lles quixeron deixar, calculo que por algunha razón de peso.
Cómo van estimar esta xente a Xavier Baltar, se foi a única persoa que soubo enfrontar-se a esa panda de ególatras?
Cómo van querer e apreciar a Xavier Baltar os herdeiros de aquela tropa?

Outro día falamos do asalto aos documentos de Manoel Antonio. Esos documentos non se reclaman, verdade?, e case todo o mundo saben onde están: na Fundación Barrié, no fondo Domingo García Sabell. Van seren tan valentes de propor unha expropiación?
A que non?

Anónimo dijo...

Non quero ser cruel, pero iso nin un xornal parece. É unha trapallada. Abrir a cinco columnas cunha ¿noticia? sobre a casa de Castelao cando cada vez é máis a xente que non chega a fin de mes paréceme non ter que facer. Desde o primeiro día, o xornal ese, do que despois de ver a primeira páxina xa só mirei por riba algunha das outras, cae no peor dos defeutos do periodismo. Do mal periodismo. Está escrito non para os lectores, senón para as fontes. É curioso, ademais, que un periódico auspiciado polo Bloque se publique en castelán. Di moito do país que temos e dos verdadeiros obxectivos dos nosos políticos.
Ai, onde irá aquel verdadeiro xornalismo que facías ti, Perfecto?
O mellor de todo isto é ver que xente como José Luís G. ou Fernando O. agora son nacionalistas e defenden, aínda que sexa sen tocalo demasiado, porque mancha, o galego.
Vivir para ver.

Asdo: Sorprendido

Anónimo dijo...

E Luís Ventoso qué opina de todo isto?

Anónimo dijo...

Sei de boa tinta que La Voz de Galicia está preparando dúas grandes bombas informativas para lanzar a medida que se aproximen as eleccións. Unha refírese a Qintana e ao seu goberno dentro do Goberno. A outra afectará a José Luis Gómez e a Jacinto Rey. Parece que lles comenzou a conta atrás. Santiago Rey cabalga de novo.

Anónimo dijo...

Ui, canta xente a soldo de LA Voz e do PP ten medo a que se lles acabe (parte d)o choio...

Que falen de Xornal, aínda que sexa mal e sexan os de sempre, e os que non chamaron para escribire alí

Non se acaba o mundo... ou si dijo...

Parece claro claro que o asunto é moi escuro.

suso dijo...

"Outro día falamos do asalto aos documentos de Manoel Antonio. Esos documentos non se reclaman, verdade?, e case todo o mundo saben onde están: na Fundación Barrié, no fondo Domingo García Sabell" [Anónimo].

Caro Anónimo:

Em carta publicada na página 4 do número 1.034 d'A Nosa
Terra (do 16 ao 22 de Maio de 2002) "Fundación Barrié" (em resposta a umha outra carta do tristemente desaparecido amigo M-A Fachado) "pontualiza":

"A Fundación Barrié de la Maza
quere manifestar, en relación coa
carta aparecida en A Nosa Terra
o pasado 3 de maio, Últimas
novas sobre o secuestro de
Manuel Antonio, que non posúe
ningún tipo de documentación
persoal, manuscritos, textos inéditos,
etc do ilustre poeta de
Rianxo. A Biblioteca de D.
Domingo García-Sabell, da que a
Fundación Pedro Barrié de la
Maza é propietaria, non inclúe a
devandita documentación".

Se che interessar muito a devandita "pontualizaçom" da Barrié também podes encontrá-la na página 13 do número 10 do "Novas da Galiza" (disponível em PDF aqui: http://www.novasgz.com/pdf/ngz10.pdf). Incluim-na eu numha homenagem póstuma que escrevim ao também finado Raimundo García Domínguez intitulada "Borobó: O Seqüestrador Arrependido".

E já postos (desculpai lá o auto-bombo) mais informações sobre o seqüestro de Manoel-António podes encontrá-las na categoria "Cachimbo pola Paz" do meu blogue pessoal, "Angueira de Suso": http://agal-gz.org/blogues/index.php/suso/c247/c248/

Anónimo dijo...

Estupendo, Suso. Xa sabemos que os documentos presuntamente apañados polo membro de "Realidade Galega", non se atopan no fondo que vendeu en vida á Fundación Barrié de la Maza.
Non teño porque dubidar da información subministrada por esa entidade. Tan só chamar a atención sobre o que se publica na mesma web da Barrié referido ao fondo García Sabell:

"Biblioteca García-Sabell. Formada por el intelectual y humanista que fuera presidente de la Real Academia Galega y delegado del Gobierno en Galicia, tiene como principal característica su carácter interdisciplinar. Entre los fondos referentes a Galicia destacan los editados en la Galicia de la emigración. A diferencia de la colección Martínez-Barbeito, que está completamente informatizada, el fondo bibliográfico que perteneció a Domingo García-Sabell, estrecho colaborador y premio vitalicio de la Fundación se encuentra en proceso de organización e integración en el catálogo general."

En menos tempo do empregado pola Barrié para catalogar os fondos, os exipcios levantaron varias pirámides. Quede constancia.

E, agora, volvemos ao comezo. Se non fican aí, ónde están?

suso dijo...

Boa pergunta, caro Anónimo! Eu há tempos que nom ando "trás as pegadas de Manoel-António" e nom che podo dizer! Talvez o Xosé Luís Axeitos (acadêmico da RAG e p.i.) tenha algumha pista... E se lhe perguntáramos a ele? ;)

Anónimo dijo...

Dubido de que todo un señor académico da Real Gallega se rebaixe a entrar nestas disquisicións dos que non tedes outra cousa que facer.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,