domingo, diciembre 21, 2008

Á Xunta deulle o Alzhéimer

Que Xornal de Galicia é un periódico que naceu para facer de Anxo Quintana o rapaz da película estaba fóra de dúbida dende o primeiro instante que chegou aos quioscos a publicación que financia Xacinto Rei, o aspirante a protexido de Eolo. Pero tanto, tanto que resulta tantísimo? A edición do domingo pasado xa é de traca: "O sector público será o gran bebeficiario do plan eólico", titular a cinco columnas en primeira. "Hasta ahora, el único líder que siempre aceptó debatir fue el nacionalista Anxo Quintana", editorial na terceira. "O BNG fala claro", outro editorial. "Quintana pon en valor o concurso eólico, ao servizo de toda Galicia", titular a cinco da páxina 7. "A eólica converte á Xunta en potencia enerxética", dobre páxina (7-9). "Quintana pide a PP e PSdeG que clarexen se cren nación a Galicia", páxina 15. Que será o que non fixo Quintana nas últimas 24 horas?
Porén, o máis chamativo resultoume o pé de foto que lle poñen á segunda foto que acompaña a noticia quintanista que vai na páxina 7: "Anxo Quintana, nun centro de Alzhéimer". E saben o que hai na foto? Emilio Pérez Touriño presidindo un consello da Xunta, con Quintana á súa dereita, Méndez Romeu á esquerda e o resto dos conselleiros polos lados da mesa. Será que, de súpeto, os da Xunta perderon a memoria? Sabíase que se esquenceron dalgunhas cousas que prometeron na campaña electoral de hai catro anos, pero tanto como para coidar que San Caetrano é un centro de Alzhéimer?
A min estes descoidos lémbrame o que pasou unva vez en Lugo. Celebrábase unha gran feira de gando na praza onde agora se ergue a estación de autobuses e Francisco Franco, o Caudillo daquela longa noite de pedra, visitou a exposición de gando selecto na que había un bo exemplar dalgunha raza vacuna traída de Canadá ou de por aí. Os fotógrafos de prensa fixeron o seu traballo, pero ao día seguinte no xornal local, El Progreso, cóntase que ocorreu algo que puido armar as de San Cristo. Nunha páxina par aparecía unha foto na que se vía un excelente boi de posta que tiña uns collóns moito máis grandes ca todo o que se poda contar dos do cabalo de Santiago. O pé de foto poñía: "Su excelenecia el Jefe del Estado visitando la Feria".
Na páxina impar seguinte viña unha foto que recollía unha imaxe de Franco visitando a Feira, acompañado polas autoridades provinciais e locais. O pé de foto dicía: "Magnífico ejemplar de semental de raza Holstein que foi exposto onte na feira". Imaxine o lector a marimorena que se puido armar.
Algo parecido ao que lle pasou daquela ao linotipista do Progreso de Lugo debe ser o que lle aconteceu ao becario dagora de Xornal de Galicia. Ai, que risa, María Luísa, San Caetano convertido nun centro de Alzhéimer! Aínda vai ser verdade que hai política de igualdade.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

entón ao final merca o Xornal de Galicia e La Voz de Galicia?

"Hoxe comprei Xornal de Galicia e acabei lendo La Voz de Galicia."
http://perfectoconde.blogspot.com/2008/12/galicia-con-voz-e-xornal.html

Anónimo dijo...

En "La Voz de Touriño" tampouco é que sexan moi obxétivos que digamos.

Anónimo dijo...

Dicía Revel que na prensa de partido, a opinión precede e guía a información, cando o que ten que ser, no periodismo que mereza ese nome, é que a opinión ven despois da información.
Seica non temos periódico ningún en Galicia que cumpra as esixencias dunha prensa de verdade.(Cousa por certo, ben dificil hai que dicilo)

RIODERRADEIRO dijo...

APO/LO DON im/PERFECTO.
___________________________

É máis que posible/probable que a Xunta sofra do mal do Alzhémer. Esta enfimidade toca, cáelle a un enriba coma unha lousa, pero non se a/colle voluntariamente, pola man.

Ao ADON im/PERFECTO (por simplificar), ¿que lle pasa, que tén contra XornalGalicia?

splendid dijo...

It seems my language skills need to be strengthened, because I totally can not read your information, but I think this is a good BLOG
jordan shoes

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,