Quedamos, si, en tomar un "mojito" con Ánxela Bugallo cando se consuma o que -seica- xa está consumado. Así e todo xa non teremos unha "maitresse" da cultura como ela, elegante e xentil. Ben que o seu semblante simpático do principio rematara mudando en fosco. Lóxico, moito pelouro (máis que pedriñas) no seu zapato branco, e media de seda.
Imos ver. Con independencia da importancia política que ten o feito de estar máis ou menos enrrollados unha e outro, que a ten, porque son afiliados de dúas forzas tan diferentes que cabía pensar que o amor non era flor para nascer en semellante lameiro, o relevante é o fracaso notable tirando a sobresaínte que sacou nesta avaliación o Bloque Nacionalista Galego nunha asignatura como é a política cultural do País (pronuncien "País" como se tiveran un canapé na boca). Para un ou unha nacionata, ese aspeto do Ser Político resulta fundamental. Non quero entrar, non, nos cativísimos méritos que posuía Ánxela para se converter en mandarina da cultura galega´, senon nas causas que levaron ao BNG a fracasar no terreo que tiñan máis mallado. E a razón principal reside na mesma esencia do circo cultureta galega, un mercado de menos de dous millóns e medio de almas en pena no que aboian unha xeira de listos e listas con carné nacionalista ou galeguista dispostos a abrir en canal toda clase de partida orzamentaria, sempre pro domo sua.
Ai, os "mojitos". Qué cativos somos! Qué pouca capacidade de ver máis aló! Disculpen, pero os "mojitos" e os traxes e demáis é ren comparado co que atrapan no Consello da Cultura Galega unha tribu de sacerdotes de Nazón investidos de sabios. Algún día falaremos do Consello da Cultura Galega? Algo máis grave é o caso das famosas carpas de "Nunca Máis", plataforma que pasou á clandestinidade e que de vez en cando se manifesta por boca do poeta e liberado da CIG, camarada poeta Rafa Villar; tamén é grave que a empresa que fixo a publicidade na última campaña eleitoral do BNG sexa a que trincou a publicidade dos eventos caribeños... sen houber concurso público, naturaca. Tampouco pasa nada cando queres facer cousas no País (pronuncien "País" mentres agochan un talón no peto e verán que chachi) no terreo musical e recebes o "consello" de falar cun produtor privado que pode ser (aí sí podemos elexir) entre o irmán de Fernando Blanco, o conselleiro dos PapaVentos, ou os empresarios que, Deuses celtas e celtíberos, son os adxudicatarios do futuro Museo dos Nenos ou da Nenez, xa non lles sei o nome exato, que se vai erguer na Cidade da Cultura. Iso sí que é facer Patria e Matria.
Tampouco todo o que fixo está completamente mal. Ela era responsábel dunha equipa política, o que quer dicer que os outros que viven agochados tras dona Ánxela, algo terán que ver na movida. Poñamos unha: o Concello de Poio, cuxo Plan de Ordenación Urbana foi elaborado polo marido de Pinini, ou sexa, por Freddy, ou sexa, polo home da ex-Conselleira de Fraga, a pontevedresa Pilar Rojo, ten unha sentencia para derrubar una construción ilegal no casco urbano de Combarro e a Consellería non executa a sentencia por que non lle peta ou porque o alcalde de Poio é do BNG. Neste caso, a incompetencia, o amigusimo, o desprezo pola lei e a norma, etc. debe repartir-se entre Ánxela, o Director Xeral da Cousa, a Delegado ou Delegado de Cultura da Xunta en Pontevedra e o Concello de Poio. Saben. teño a impresión de que o BNG fai o que lle peta en Cultura e Ánxela papa todos os marróns.
Ah, aínda falta falar dos escritores, músicos, teatreiros, etc. subvencionados. Anima-te, Perfecto. Fará amiguitos por doquier.
2 comentarios:
Quedamos, si, en tomar un "mojito" con Ánxela Bugallo cando se consuma o que -seica- xa está consumado. Así e todo xa non teremos unha "maitresse" da cultura como ela, elegante e xentil. Ben que o seu semblante simpático do principio rematara mudando en fosco. Lóxico, moito pelouro (máis que pedriñas) no seu zapato branco, e media de seda.
Imos ver.
Con independencia da importancia política que ten o feito de estar máis ou menos enrrollados unha e outro, que a ten, porque son afiliados de dúas forzas tan diferentes que cabía pensar que o amor non era flor para nascer en semellante lameiro, o relevante é o fracaso notable tirando a sobresaínte que sacou nesta avaliación o Bloque Nacionalista Galego nunha asignatura como é a política cultural do País (pronuncien "País" como se tiveran un canapé na boca).
Para un ou unha nacionata, ese aspeto do Ser Político resulta fundamental.
Non quero entrar, non, nos cativísimos méritos que posuía Ánxela para se converter en mandarina da cultura galega´, senon nas causas que levaron ao BNG a fracasar no terreo que tiñan máis mallado. E a razón principal reside na mesma esencia do circo cultureta galega, un mercado de menos de dous millóns e medio de almas en pena no que aboian unha xeira de listos e listas con carné nacionalista ou galeguista dispostos a abrir en canal toda clase de partida orzamentaria, sempre pro domo sua.
Ai, os "mojitos". Qué cativos somos! Qué pouca capacidade de ver máis aló! Disculpen, pero os "mojitos" e os traxes e demáis é ren comparado co que atrapan no Consello da Cultura Galega unha tribu de sacerdotes de Nazón investidos de sabios. Algún día falaremos do Consello da Cultura Galega?
Algo máis grave é o caso das famosas carpas de "Nunca Máis", plataforma que pasou á clandestinidade e que de vez en cando se manifesta por boca do poeta e liberado da CIG, camarada poeta Rafa Villar; tamén é grave que a empresa que fixo a publicidade na última campaña eleitoral do BNG sexa a que trincou a publicidade dos eventos caribeños... sen houber concurso público, naturaca.
Tampouco pasa nada cando queres facer cousas no País (pronuncien "País" mentres agochan un talón no peto e verán que chachi) no terreo musical e recebes o "consello" de falar cun produtor privado que pode ser (aí sí podemos elexir) entre o irmán de Fernando Blanco, o conselleiro dos PapaVentos, ou os empresarios que, Deuses celtas e celtíberos, son os adxudicatarios do futuro Museo dos Nenos ou da Nenez, xa non lles sei o nome exato, que se vai erguer na Cidade da Cultura.
Iso sí que é facer Patria e Matria.
Tampouco todo o que fixo está completamente mal. Ela era responsábel dunha equipa política, o que quer dicer que os outros que viven agochados tras dona Ánxela, algo terán que ver na movida. Poñamos unha: o Concello de Poio, cuxo Plan de Ordenación Urbana foi elaborado polo marido de Pinini, ou sexa, por Freddy, ou sexa, polo home da ex-Conselleira de Fraga, a pontevedresa Pilar Rojo, ten unha sentencia para derrubar una construción ilegal no casco urbano de Combarro e a Consellería non executa a sentencia por que non lle peta ou porque o alcalde de Poio é do BNG. Neste caso, a incompetencia, o amigusimo, o desprezo pola lei e a norma, etc. debe repartir-se entre Ánxela, o Director Xeral da Cousa, a Delegado ou Delegado de Cultura da Xunta en Pontevedra e o Concello de Poio.
Saben. teño a impresión de que o BNG fai o que lle peta en Cultura e Ánxela papa todos os marróns.
Ah, aínda falta falar dos escritores, músicos, teatreiros, etc. subvencionados. Anima-te, Perfecto. Fará amiguitos por doquier.
Publicar un comentario